domingo, 25 de marzo de 2018

APRENDENDO PARA ENSINAR A APRENDER

As aprendizaxes prodúcense se poñemos en acción procesos asociados ao coñecemento, á práctica, á experiencia e a motivación para que acontezan cambios significativos e permanentes. Pero ao falar de aprendizaxe, en educación, non podemos esquecernos que se pretende o desenvolvemento de Competencias e Intelixencias múltiples.
Pero o que debe quedar claro é, que para que o alumnado aprenda, precísase a planificación docente deses procesos pois debe terse en conta o para que, e que ensinar-aprender. A metodoloxía daranos as ferramentas de como ensinar e aprender. Non estaría todo completo senón contemplásemos o grao de coñecemento e o logro alcanzado polo alumnado.

Para que as aprendizaxes se deseñen de forma coherente e con perspectiva de consecución debemos ter en conta:
-grao de desenvolvemento de CCCC e IIMM
-a integración coherente dos elementos curriculares
-unha metodoloxía activa, participativa, creativa, ...
- avaliación a través dos Criterios e dos E.A.
-técnicas, destrezas e rutas de pensamento
-procesos cognitivos
-aprendizaxes cooperativo
-interaccións