Páginas

viernes, 9 de marzo de 2018

PENSANDO, PENSANDO: CÍRCULO INTELIXENTE

De Bono (2004) aportaba ao desenvolvemento do pensamento unha técnica denominada: CÍRCULO INTELIXENTE. Esta foi adaptada por ESCAMILLA (2017) para estimular a posta en acción de Intelixencias Múltiples.
As Intelixencias Multiples  según GARDNER son 8:
  1. I. LINGÜÍSTICO-VERBAL (LV)
  2. I. LÓXICO-MATEMÁTICA (LM)
  3. I. CORPORAL-CINESTÉSICA (CC)
  4. I. MUSICAL (IM)
  5. I. CREATIVA (IC)
  6. I. VISO-ESPACIAL (VE)
  7. I. NATURALISTA (N)
  8. I. INTRAPERSOAL (INTR)
  9. I. INTERPERSONAL (INTER)
Se temos en conta a GOLEMAN a I. INTRAPERSOAL é chamada I. EMOCIONAL e a I. INTREPERSOAL recibe en palabras de GOLEMAN I. SOCIAL.

Esta ruta de pensamento estimula o pensamento sistémico, o analítico, ou reflexivo. 
Ao propoñer unha temática, un estímulo provocaremos, a partir de preguntas, construír novos contidos integrando diferentes linguaxes.
Empregaremos a linguaxe verbal oral (LV) para describir un obxecto ou un cadro, para narrar unha historia empregando sinónimos, adxectivos,...continuaremos analizando o espazo onde se sitúa, que forma ten,  significado dos símbolos,(CC)...A continuación, podemos focalizar a nosa atención en conceptos matemáticos relacionados coa cantidade ou co tempo (LM). Posteriormente poderiamos relacionar o contido co ámbito da natureza (N): partes do corpo, orixe, procedencia, funcionalidade, alimentación, tipoloxía de animais,... Ademais, o eido da música (M) debería aparecer analizando ou reflexionando tipos de sons, duración, percepcións, sentimentos, tipoloxía de melodías-cancións. Tampouco podemos esquecernos da análise do movemento, das posturas corporais, da expresión corporal (CC). 
Por último, será necesario visibilizar que desexan, que queren, como son, que non desexan,... (INTER) e que opinión se ten, se gusta ou non gusta, que se pode facer ou non,...(INTRA).

EXEMPLIFICACIÓN: 
A partir da seguinte imaxe faremos un  percorrido polas IIMM

 LV
 Atréveste a facer unha descripción desta imaxe? que aparece? a que se parece?
 LM
 cantas ondas se ven?
 VE
 observa con atención, cantas cores hai? cara onde van as ondas? que aparece arriba?
 CC
 queres imitar esta imaxe? describe con xestos esta imaxe
 N
 sabes o nome de animais que poden vivir no mar? di 3 nomes deses animais
 M
 gústache o son do mar e das ondas? a que se parece o son das ondas?
 INTRA
coñeces a alguén a quen lle guste a praia? coñeces a alguén a quen non lle guste o mar?
 INTER
 gústache a praia? por que che gusta?
 
 Agora un RETO:
Deixamos  un cadro para que reflexionedes sobre él: