A diversidade funcional dos nenos e nenas Down deben ser concebidaas como unha riqueza, como un valor que nos faga aprender xuntos e xuntas. Nunca o alumnado destas caracteríasticas e con esas capacidades deben adaptase a organización do centro, da aula ou ben a unha metodoloxía establecida. É todo o contrario
| 
INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA ORGANIZACIÓN
  CENTRO | 
| 
1.Buscarase a estabilidade do profesorado
  que interveña con este alumnado, no marco da normativa vixente, incentivando
  a elección da titoría con alumnado con síndrome de Down en base a criterios
  pedagóxicos.  
2.Potenciarase a figura do/a titor/a como
  profesional de referencia para o/a alumno/a e para o intercambio de
  información e coordinación coa familia e co resto do equipo docente. 
 3.Promoverase o establecemento de
  colaboracións con outros profesionais e entidades que poidan achegar valor ao
  proceso educativo do alumno ou alumna.  
4.Informarase ao profesorado, por parte da
  xefatura do Departamento de Orientación, das conclusións da avaliación
  psicopedagóxica, sobre as necesidades do alumnado nos diferentes ámbitos e
  das propostas de intervención educativa.  
5.Implantaranse programas de asesoramento e
  orientación educativa e vocacional axustados ás necesidades de cada alumno/a,
  facilitando a información axeitada sobre recursos existentes e acompañando no
  proceso de toma de decisións. 
 6.Facilitarase a incorporación de
  estratexias de investigación e innovación nas prácticas educativas, motivando
  o profesorado a participar en procesos de análise e recollida de información
  para a toma de decisións, estratexias metodolóxicas de investigación para a
  avaliación do progreso e impacto de iniciativas e prácticas escolares,
  difusión de boas prácticas a través de xornadas, grupos de traballo, boletíns  
7.Contribuirase a potenciar a súa autoestima,
  valorando a capacidade de progreso e as metas acadadas.  
8.Visibilizaranse
  boas prácticas en relación á inclusión.  
9.Promoverase
  a participación do alumno/a no grupo nas actividades que se realicen fóra da
  aula, contribuíndo a evitar posibles situacións de illamento (nese labor é
  relevante a actuación do profesorado de garda e o persoal de administración e
  servizos ou outros membros da comunidade educativa, durante recreos, saídas
  extraescolares, cambios de aula, comedor, transporte, ...) 10.Potenciarase a
  aprendizaxe da cidadanía activa de xeito que o alumnado do centro se forme á
  vez que incide no seu contorno cun labor de servizo á comunidade (como por
  exemplo con proxectos de aprendizaxe e servizo). 11.Visibilizaranse
  situacións de éxito de persoas coa síndrome de Down e, en xeral, con
  diversidade funcional. | 
| 
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS E DE AULA
   | 
| 
1.Transmitirase a información mediante
  frases curtas, de forma clara, con boa
  pronuncia e asegurándonos de que
  nos está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a
  entendeu a información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións.  Completarase a información con audios onde aparezan as explicacións
  e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con auriculares.  
2.As tarefas presentaranse secuenciando
  a información paso a paso, fragmentadas
  e graduadas segundo a
  dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en
  conta as dimensións dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso
  completarase con PICTOGRAMAS onde
  aparecen as secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e
  reforza estes pasos. 
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo
  de traballo, deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a
  actividade e, pouco a pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas
  realizacións.  
4.É recomendable proporcionarlle pautas
  de actuación, estratexias, formas de 
  actuar, instrucións concretas, en lugar de normas xerais de
  carácter abstracto.  Empregar rutas de
  pensamento e organizadores gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en
  conta a diversidade de modelos de pensamento. 
5.Empregarase máis a axuda directa
  e demostracións (por medio do modelado e a  imitación) ca longas explicacións.  
6.Adaptarase a duración das
  actividades a súa capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar
  moitas actividades curtas que
  poucas de longa duración.  
7. Evitaranse tarefas repetitivas
  que supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas
  inapropiadas e que poidan ser interpretadas de forma errónea.  
8. Os contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas
  modalidades  sensoriais, con imaxes,
  gráficos, debuxos, pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario,
  e tendo en conta que a información interiorízana mellor empregando varias
  vías de acceso: a través da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando
  obxectos reais sempre que se poida.  
9.Primarase a valoración do
  esforzo máis ca o resultado do traballo realizado, para mellorar a
  autoestima do alumno ou alumna e a súa motivación.  
10.É conveniente ter preparado con antelación o material que se vai
  utilizar e contar  con material en
  abundancia, por se houbese que modificar as actividades que se  tiñan previstas nun principio.  
11. Convén que existan unhas normas
  claras sobre a utilización do material, e que  sexan intelixibles para todo o alumnado.
  Cómpre organizar o material na aula de 
  graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da
  aprendizaxe.  
12. Favorecerase o autocontrol e a
  responsabilidade esixíndolle o cumprimento das  normas acordadas para a aula e o centro.  
13.Facilitarase a adaptación ao
  cambio de actividade establecendo os apoios precisos en función das súas
  necesidades.  
14.É preciso adaptarse máis ao
  nivel de comprensión que de expresión. En xeral a súa capacidade de
  comprensión é superior á de expresión.  
15.Reforzaranse os bos hábitos
  (constancia, puntualidade, coidado...)
  evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.  
18.facilitaseautonomía ea iniciativa e Non se lles proporcionará axuda
  naquilo que poidan facer por si mesmos, evitando  a sobreprotección,marcándolles
  responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle
  permitirían ao resto do alumnado.  
19.Fomentarase a responsabilidade
  e autonomía no desenvolvemento das tarefas,  utilizando estratexias de autoaprendizaxe
  que permitan que os alumnos e as alumnas traballen por si sós na aula,
  evitando a dependencia excesiva do persoal 
  de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente pode facer de mediador,
  para  achegar os coñecementos ao
  alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a 
  sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.  
20.Ofreceranse situacións
  educativas de éxito, que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da
  súa autoestima no ámbito escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados
  como membros activos do seu grupo poñendo en valor a súa contribución a el.  
21.Promoveranse as aprendizaxes
  prácticas, útiles, funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima
  na súa vida cotiá, que fomenten a súa motivación
  e que lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes competenciais) 
22.Empregaranse actividades de
  deseño universal sobre situacións da súa vida real,  nas que poida participar activamente e
  partindo sempre do coñecido onde existan diferentes niveis de logro ou
  desempeño: Recortar e pegar palabras
  que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o fonema /B/,
  arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras que leven
  /B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/,
  buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía
  ...  
23.Xeraranse situacións de
  aprendizaxe motivadoras para manter a atención, procurando buscar
  actividades próximas aos seus intereses e dentro da súa zona de
  desenvolvemento próximo.  
24.Pode ser conveniente aplicar programas
  específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación
  emocional, tendo en conta o contexto e 
  dirixidos a promover a súa independencia.  
25. Cómpre coidar a adquisición da
  lectoescritura, priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que
  apoien a comprensión e a asociación da palabra co seu significado
  (métodos globais, enfoques contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse
  ao seu estilo e ritmo de aprendizaxe.  
26.Introduciranse as TIC (teclados
  ou calquera outro soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade
  fina, de maneira que non se free o avance nos contidos a pesar de non estar
  adquiridas as habilidades na lectoescritura.  
25.Non condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao
  desenvolvemento de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas
  son imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura funcional.  
26. Para iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un
  impedimento a dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en
  moitas ocasións, iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.  
27.No deseño de actividades contemplaranse os criterios de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de
  resposta, propoñer tarefas de relacionar, sinalar, clasificar. | 
| 
OUTRAS POSIBLES ORIENTACIÓNS
  METODOLÓXICAS | 
| 
Pensar en contextos de aprendizaxe ou ambientes de
  aprendizaxe dinámicos onde os recursos se optimicen e servan para unha aprendizaxe universal. Ás veces
  un espazo sen sillas  é o máis axustado
  para a diversidade. 
Traballar
  por paisaxes de aprendizaxe favorece
  a planificación multinivel. 
Aplicar metodoloxías e estratexias de
  ensino-aprendizaxe flexibles, participativas, activas, creativas, de equidade
  e que favorezan as relacións interpersoais e o respecto mutuo.  
Organizar aulas accesibles que teñan en conta
  os posibles apoios ou adaptacións necesarias.  
Buscar a
  optimización e a organización dos recursos do centro para atender e dar
  resposta ás necesidades de todo o alumnado integrando ao ANEAE 
Dispoñer
  de materiais diversos que atendan a diversidade da aula e faciliten a
  motivación e a aprendizaxe de todo o alumnado.  
Aproveitar
  as múltiples posibilidades das TIC
   
Propiciar situacións de ensino-aprendizaxe
  centradas nas potencialidades do alumnado, en lugar de partir das súas
  dificultades.  
Interactuar
  co alumnado estimulando a súa iniciativa
  e promovendo o interese por
  aprender.  
Potenciar
  a aprendizaxe cooperativa,
  favorecendo a interrelación entre o alumnado e a ensinanza e os apoios naturais entre iguais,
  entendendo que os compañeiros son o seu referente e que con frecuencia
  aceptan mellor a súa axuda para comprender e realizar as tarefas.  
O uso de sinais acústicos-musicais e
  visuais para a estruturación dos
  tempos na aula (de traballo, de 
  descanso, de lecer cando son pequenos ou pequenas, de asemblea, etc.)
  se fose necesario 
Metodoloxías
  ou enfoques metodolóxicos emerxentes: STEM, STEAM, ABP, ABProblemas,
  ABPensamento, aula invertida, Gamificación, Paisaxes de aprendizaxe,…   
Se
  existise unha adaptación curricular, coa modificación dos elementos
  prescritivos do currículo, deberase ter en conta para o deseño das situacións
  de ensino e aprendizaxe pois deben estar na liña de base do alumno ou alumna
  con necesidade específica de apoio educativo, nos seus coñecementos,
  habilidades e destrezas previas. E, ademais de situar o currículo adaptado na
  súa liña de base, nos seus coñecementos previos, é necesario establecer os
  recursos materiais e persoais que, no seu caso, sexan necesarios para
  facilitar o acceso e  
En
  conclusión, desenvolver unha adaptación curricular implica cambios no
  contexto para adaptar e/ou modificar todos aqueles aspectos que sexan
  susceptibles de mellora no proceso de inclusión (organización de recursos, de
  espazos e tempos, metodoloxía, materiais, actividades, avaliación,
  formación...); é dicir, construír un espazo educativo común onde poidan
  participar e aprender todas e todos xuntos, en situación de equidade. E o que
  é sumamente importante é que todas e todos os profesionais que traballen co
  alumno ou coa alumna o fagan de forma totalmente coordinada | 
| 
INTERVENCIÓN FAMILIAS | 
| 
-intercambio inicial de información entre a
  familia e o centro, para poder dispor de información relativa ao alumno/a:
  historia familiar, nivel de autonomía, como se desenvolve en hábitos e
  rutinas no fogar, fortalezas, dificultades, intereses..., xa que as familias
  son fonte de información valiosa á hora de dar unha resposta axeitada ás
  necesidades do alumno/a.  
-empregar unha canle de comunicación
  consensuada (axenda, correo electrónico, plataforma virtual... sempre con
  garantías de protección de datos), sobre todo cando a alumna ou o alumno non
  teñen suficientemente desenvolvidas as habilidades de comunicación.  
-establecer obxectivos comúns entre a
  familia e o centro educativo, tanto en referencia á evolución educativa como
  á social do alumno ou alumna, buscando alternativas consensuadas en caso de
  non acadarse. 
-reunións titoriais frecuentes,
  planificadas. | 
 

