É importante ter un marco estratéxico de metodoloxía onde sustentar a resposta á diversidade. A continuación, explicitamos un posible marco a partir do D. 229/2011 e diferentes Protocolos como S. Down, Altas Capacidades ou D. Auditiva.
| 
METODOLOXÍA  BÁSICA PARA RESPONDER ÁS
  NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS E/OU N.E.A.E.  | 
| 
1.Transmitirase a información
  mediante frases curtas, de forma
  clara, con boa pronuncia e asegurándonos
  de que nos está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a
  entendeu a información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións.  Completarase a información con audios onde aparezan as explicacións
  e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con auriculares.  
2.As tarefas presentaranse secuenciando
  a información paso a paso, fragmentadas
  e graduadas segundo a
  dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en
  conta as dimensións dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso
  completarase con PICTOGRAMAS onde
  aparecen as secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e
  reforza estes pasos. 
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo
  de traballo, deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a
  actividade e, pouco a pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas
  realizacións.  
4.É recomendable proporcionarlle pautas
  de actuación, estratexias, formas de 
  actuar, instrucións concretas, en lugar de normas xerais de
  carácter abstracto.  Empregar rutas de
  pensamento e organizadores gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en
  conta a diversidade de modelos de pensamento. 
5.Empregarase máis a axuda directa
  e demostracións (por medio do modelado e a  imitación) ca longas explicacións.  
6.Adaptarase a duración das
  actividades a súa capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar
  moitas actividades curtas que
  poucas de longa duración.  
7. Evitaranse tarefas repetitivas
  que supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas
  inapropiadas e que poidan ser interpretadas de forma errónea.  
8. Os contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas
  modalidades  sensoriais, con imaxes,
  gráficos, debuxos, pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario,
  e tendo en conta que a información interiorízana mellor empregando varias
  vías de acceso: a través da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando
  obxectos reais sempre que se poida.  
9.Primarase a valoración do
  esforzo máis ca o resultado do traballo realizado, para mellorar a
  autoestima do alumno ou alumna e a súa motivación.  
10.É conveniente ter preparado con antelación o material que se vai
  utilizar e contar  con material en
  abundancia, por se houbese que modificar as actividades que se  tiñan previstas nun principio.  
11. Convén que existan unhas normas
  claras sobre a utilización do material, e que  sexan intelixibles para todo o alumnado.
  Cómpre organizar o material na aula de 
  graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da
  aprendizaxe.  
12. Favorecerase o autocontrol e a
  responsabilidade esixíndolle o cumprimento das  normas acordadas para a aula e o centro.  
13.Facilitarase a adaptación ao
  cambio de actividade establecendo os apoios precisos en función das súas
  necesidades.  
14.É preciso adaptarse máis ao
  nivel de comprensión que de expresión. En xeral a súa capacidade de
  comprensión é superior á de expresión.  
15.Reforzaranse os bos hábitos
  (constancia, puntualidade, coidado...)
  evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.  
18.Facilitase autonomía e a
  iniciativa e Non se lles proporcionará axuda naquilo que poidan facer por
  si mesmos, evitando  a sobreprotección,marcándolles
  responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle
  permitirían ao resto do alumnado.  
19.Fomentarase a responsabilidade
  e autonomía no desenvolvemento das tarefas,  utilizando estratexias de autoaprendizaxe
  que permitan que os alumnos e as alumnas traballen por si sós na aula,
  evitando a dependencia excesiva do persoal 
  de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente pode facer de mediador,
  para  achegar os coñecementos ao
  alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a 
  sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.  
20.Ofreceranse situacións
  educativas de éxito, que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da
  súa autoestima no ámbito escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados
  como membros activos do seu grupo poñendo en valor a súa contribución a el.  
21.Promoveranse as aprendizaxes
  prácticas, útiles, funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima
  na súa vida cotiá, que fomenten a súa motivación
  e que lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes competenciais) 
22.Empregaranse actividades de
  deseño universal sobre situacións da súa vida real,  nas que poida participar activamente e
  partindo sempre do coñecido onde existan diferentes niveis de logro ou
  desempeño: Recortar e pegar palabras
  que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o fonema /B/,
  arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras que leven
  /B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/,
  buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía
  ...  
23.Xeraranse situacións de
  aprendizaxe motivadoras para manter a atención, procurando buscar
  actividades próximas aos seus intereses e dentro da súa zona de
  desenvolvemento próximo.  
24.Pode ser conveniente aplicar programas
  específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación
  emocional, tendo en conta o contexto e  dirixidos a promover a súa independencia.  
25. Cómpre coidar a adquisición da
  lectoescritura, priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que
  apoien a comprensión e a asociación da palabra co seu significado
  (métodos globais, enfoques contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse
  ao seu estilo e ritmo de aprendizaxe.  
26.Introduciranse as TIC (teclados
  ou calquera outro soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade
  fina, de maneira que non se free o avance nos contidos a pesar de non estar
  adquiridas as habilidades na lectoescritura.  
25.Non condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao
  desenvolvemento de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas
  son imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura funcional.  
26. Para iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un
  impedimento a dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en
  moitas ocasións, iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.  
27.No deseño de actividades contemplaranse os criterios de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de
  resposta, propoñer tarefas de relacionar, sinalar, clasificar. 
28. Metodoloxías STEAM, STEM, ABP,
  ABProblemas, ABPensamento, GAMIFICACIÓN, AULA INVERTIDA, Paisaxes de
  Aprendizaxe,… 
29. Antes de iniciar un
  nuevo aprendizaje es aconsejable poner al alumno o a la alumna en situación, para
  eso se recomienda:-Utilizar vídeos, imágenes y otros materiales
  visuales.-Realizar un mayor número de demostraciones o actividades para que
  comprenda con más facilidad.-Escalonar en pasos más cortos o darle más ayudas
  de aquellas actividades que resulten más complejas para el alumnado
  .-Relacionar los contenidos de las diferentes áreas del currículo para
  favorecer la comprensión, organización de los contenidos y la aplicación de
  los mismos. El alumno o la alumna con discapacidad auditiva no puede escuchar
  y escribir o ejecutar varias tareas al mismo tiempo. Conviene tener esto
  presente cuando una explicación vaya acompañada de una demostración o
  consulta de textos, mapas... y se deberá seguir esta secuencia: visualización
  de la imagen, explicación y nueva visualización de la imagen. | 
 

