| 
PAUTAS PARA UNHA COMUNIDADE EDUCATIVA  INCLUSIVA | 
| 
1.Aproveitarase
  a diversidade como unha oportunidade para a construción da convivencia e o
  desenvolvemento persoal do alumnado, promovendo situacións de aprendizaxe
  útiles para a vida. 
 2.Identificaranse, suprimiranse e/ou
  minimizaranse barreiras que impidan a participación. 3.Promocionaranse
  accións de sensibilización no relativo á diversidade e ás medidas de atención
  nas que poidan participar todos os membros da Xerarase debate sobre prexuízos
  existentes, entendendo que a igualdade debe empezar por cada un, recoñecendo a
  verdadeira dimensión da diversidade, e a contribución e beneficio que provoca
  no grupo, analizando a evolución das actitudes e dos valores do alumnado e a
  sociedade en xeral con respecto ás persoas coa síndrome de Down.  
4.Facilitarase
  a identificación e promoción dos discursos que favorezan a diversidade en
  xeral, e a diversidade cognitiva en particular, contribuíndo a evitar a
  “etiquetaxe” e o “efecto Pigmalión” (ou profecía autocumprida) e a potenciar
  a mellora da acción educativa.  
5.Fomentarase
  a participación e implicación de todos os membros da comunidade educativa na
  xestión, na planificación e no desenvolvemento do proxecto educativo.  
6.Confiarase
  nas posibilidades do alumnado coa síndrome de Down, evitando expectativas
  baixas e trasladando esa confianza aos seus compañeiros e compañeiras.  
7.Xerarase
  debate sobre prexuízos existentes, entendendo que a igualdade debe empezar
  por cada un, recoñecendo a verdadeira dimensión da diversidade, e a
  contribución e beneficio que provoca no grupo, analizando a evolución das
  actitudes e dos valores do alumnado e a sociedade en xeral con respecto ás
  persoas con NEE. 
8.Estarase
  alerta ante posibles situacións de exclusión e desenvolveranse medidas e
  actuacións de tipo curricular, relacional e organizativo, para promover a
  convivencia positiva, a non discriminación e o respecto polas diferenzas máis
  alá do contexto de aprendizaxe da aula propiamente dito e estendéndose aos
  tempos de recreo e actividades extraescolares e complementarias.  
9.Resaltarase
  a importancia de actuar ante calquera acto discriminatorio, no marco do Plan
  de convivencia do centro e o previsto nos protocolos de Educonvives.gal.  
10.Fomentarase
  un bo clima de aula, acordando normas e pautas de comportamento para
  todos/as, empregando estratexias de cohesión de grupo e de mediación e
  resolución pacífica de conflitos entre o alumnado e entre
  alumnado-profesorado, favorecendo a convivencia e a tolerancia, etc.  
11.Proporcionaranse
  canles comunicativas como a oral, visual e táctil, mediante o emprego de
  sistemas alternativos ou aumentativos de comunicación (SAAC) que recorran a
  sistemas pictográficos, signados, etc. ao alumnado que teña dificultades para
  empregar a comunicación oral, permitindo, así, acceder á información a través
  destes modelos, e permitindo, tamén, que o alumnado poida expresarse e
  compartir as súas aprendizaxes empregando estes soportes. Os SAAC serán
  empregados polo alumnado usuario na súa relación con toda a comunidade
  educativa.  
12.Paralelamente
  concienciarase á comunidade educativa sobre a importancia de utilizar, por
  parte de todos e todas, formatos de comunicación diversos que aseguren a
  comprensión por parte deste alumnado.  
13.Recollerase
  na concreción anual do Plan xeral de atención á diversidade, que forma parte
  da programación xeral anual, as medidas dirixidas a evitar ou minimizar as
  barreiras que impidan a participación e a aprendizaxe do alumnado. 
14.Prestarase
  especial atención á acollida deste alumnado así como aos períodos de
  transición entre etapas educativas, mesmo entre os distintos niveis.  
15.Informarase
  e formarase ao profesorado para crear contornas sen barreiras e poder dar
  resposta ás necesidades de atención e apoio de todos os alumnos/as, dando
  prioridade ás actividades formativas en función das necesidades dos e das
  profesionais e do centro, establecendo espazos e tempos para o seu
  desenvolvemento.  
16.Promoverase
  intervencións directas de formación, asesoramento e apoio en colaboración
  coas entidades especializadas, que difundan a realidade das persoas coa
  síndrome de Down e doutros colectivos, desmontando estereotipos, poñendo en
  valor os proxectos de formación en centros e as Escolas de Nais e Pais. 
 17.Facilitarase, desde a organización do
  centro, a coordinación entre os profesionais que interveñen co alumnado coa
  síndrome de Down, favorecendo e promovendo que atopen espazos e tempos para
  realizar planificacións conxuntas e para que a intervención se realice co
  maior grao de coherencia, de coordinación e de colaboración posible.
  18.Trataranse de definir os roles e as funcións de cada persoa que forma
  parte do equipo educativo, na procura dunha intervención conxunta e
  coordinada.  
19.Sistematizarase
  o intercambio de información relevante nos cambios de curso e de etapa
  educativa ou de centro do alumnado coa síndrome de Down, para asegurar a
  continuidade do proceso formativo e favorecer a atención educativa máis
  axeitada a cada alumno ou alumna.  
20.Impulsarase
  a comunicación e coordinación entre a familia, o profesorado e os servizos de
  orientación; e, a través da familia, con outros servizos e entidades que
  atenden o alumnado coa síndrome de Down. 
21.Favorecerase
  a creación de grupos equilibrados en canto ao alumnado que presenta especiais
  dificultades, onde, sempre que sexa posible, se manteñan os vínculos con
  compañeiros/as de referencia do centro ou etapa anterior, que sirvan como
  apoio natural no proceso de adaptación no novo centro ou etapa. Polo xeral, os
  compañeiros son una fonte de información e apoio importante. | 
 

