Páginas

lunes, 25 de noviembre de 2019

METODOLOXÍA BÁSICA

É importante ter un marco estratéxico de metodoloxía onde sustentar a resposta á diversidade. A continuación, explicitamos un posible marco a partir do D. 229/2011 e diferentes Protocolos como S. Down, Altas Capacidades ou D. Auditiva.

METODOLOXÍA  BÁSICA PARA RESPONDER ÁS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS E/OU N.E.A.E.
1.Transmitirase a información mediante frases curtas, de forma clara, con boa pronuncia e asegurándonos de que nos está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a entendeu a información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións.  Completarase a información con audios onde aparezan as explicacións e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con auriculares.
2.As tarefas presentaranse secuenciando a información paso a paso, fragmentadas e graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en conta as dimensións dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso completarase con PICTOGRAMAS onde aparecen as secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e reforza estes pasos.
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo de traballo, deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a actividade e, pouco a pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas realizacións.
4.É recomendable proporcionarlle pautas de actuación, estratexias, formas de  actuar, instrucións concretas, en lugar de normas xerais de carácter abstracto.  Empregar rutas de pensamento e organizadores gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en conta a diversidade de modelos de pensamento.
5.Empregarase máis a axuda directa e demostracións (por medio do modelado e a  imitación) ca longas explicacións.
6.Adaptarase a duración das actividades a súa capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar moitas actividades curtas que poucas de longa duración.
7. Evitaranse tarefas repetitivas que supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas inapropiadas e que poidan ser interpretadas de forma errónea.
8. Os contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas modalidades  sensoriais, con imaxes, gráficos, debuxos, pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario, e tendo en conta que a información interiorízana mellor empregando varias vías de acceso: a través da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando obxectos reais sempre que se poida.
9.Primarase a valoración do esforzo máis ca o resultado do traballo realizado, para mellorar a autoestima do alumno ou alumna e a súa motivación.
10.É conveniente ter preparado con antelación o material que se vai utilizar e contar  con material en abundancia, por se houbese que modificar as actividades que se  tiñan previstas nun principio.
11. Convén que existan unhas normas claras sobre a utilización do material, e que  sexan intelixibles para todo o alumnado. Cómpre organizar o material na aula de  graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe.
12. Favorecerase o autocontrol e a responsabilidade esixíndolle o cumprimento das  normas acordadas para a aula e o centro.
13.Facilitarase a adaptación ao cambio de actividade establecendo os apoios precisos en función das súas necesidades.
14.É preciso adaptarse máis ao nivel de comprensión que de expresión. En xeral a súa capacidade de comprensión é superior á de expresión.
15.Reforzaranse os bos hábitos (constancia, puntualidade, coidado...) evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.
18.Facilitase autonomía e a iniciativa e Non se lles proporcionará axuda naquilo que poidan facer por si mesmos, evitando  a sobreprotección,marcándolles responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle permitirían ao resto do alumnado.
19.Fomentarase a responsabilidade e autonomía no desenvolvemento das tarefas,  utilizando estratexias de autoaprendizaxe que permitan que os alumnos e as alumnas traballen por si sós na aula, evitando a dependencia excesiva do persoal  de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente pode facer de mediador, para  achegar os coñecementos ao alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a  sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
20.Ofreceranse situacións educativas de éxito, que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da súa autoestima no ámbito escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados como membros activos do seu grupo poñendo en valor a súa contribución a el.
21.Promoveranse as aprendizaxes prácticas, útiles, funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima na súa vida cotiá, que fomenten a súa motivación e que lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes competenciais)
22.Empregaranse actividades de deseño universal sobre situacións da súa vida real,  nas que poida participar activamente e partindo sempre do coñecido onde existan diferentes niveis de logro ou desempeño: Recortar e pegar palabras que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o fonema /B/, arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras que leven /B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/, buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía ...
23.Xeraranse situacións de aprendizaxe motivadoras para manter a atención, procurando buscar actividades próximas aos seus intereses e dentro da súa zona de desenvolvemento próximo.
24.Pode ser conveniente aplicar programas específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación emocional, tendo en conta o contexto e  dirixidos a promover a súa independencia.
25. Cómpre coidar a adquisición da lectoescritura, priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que apoien a comprensión e a asociación da palabra co seu significado (métodos globais, enfoques contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse ao seu estilo e ritmo de aprendizaxe.
26.Introduciranse as TIC (teclados ou calquera outro soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade fina, de maneira que non se free o avance nos contidos a pesar de non estar adquiridas as habilidades na lectoescritura.
25.Non condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao desenvolvemento de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas son imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura funcional.
26. Para iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un impedimento a dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en moitas ocasións, iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.
27.No deseño de actividades contemplaranse os criterios de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de resposta, propoñer tarefas de relacionar, sinalar, clasificar.
28. Metodoloxías STEAM, STEM, ABP, ABProblemas, ABPensamento, GAMIFICACIÓN, AULA INVERTIDA, Paisaxes de Aprendizaxe,
29. Antes de iniciar un nuevo aprendizaje es aconsejable poner al alumno o a la alumna en situación, para eso se recomienda:-Utilizar vídeos, imágenes y otros materiales visuales.-Realizar un mayor número de demostraciones o actividades para que comprenda con más facilidad.-Escalonar en pasos más cortos o darle más ayudas de aquellas actividades que resulten más complejas para el alumnado .-Relacionar los contenidos de las diferentes áreas del currículo para favorecer la comprensión, organización de los contenidos y la aplicación de los mismos. El alumno o la alumna con discapacidad auditiva no puede escuchar y escribir o ejecutar varias tareas al mismo tiempo. Conviene tener esto presente cuando una explicación vaya acompañada de una demostración o consulta de textos, mapas... y se deberá seguir esta secuencia: visualización de la imagen, explicación y nueva visualización de la imagen.