Para que este proceso se produza é necesario que se poña ao alumnado en situación de pensar.  Autoras como ESCAMILLA afirma que é necesario ofrecer propostas sistemáticas para incorporar á nosa práctica docente para  impulsar ao 
pensamento. Según esta autora existen catro tipos de técnicas: as que «sempre están aí», as «filósofas 
experimentadas», as «sempre divertidas» e as que «miran dentro e fóra». 
Fusionadas cos contidos, estas técnicas serán ferramentas eficaces para 
«aprender a pensar»
Dende o Dto. de Orientación propoñemos que a partir da lectura dunha historia, dun conto podemos establecer RUTAS DE PENSAMENTO para que o alumnado saiba disfrutar da lectura dun libro e en que aspectos debe focalizar a súa atención. 
Co alumnado da aula de Areas fixen esta actividade:
Consensuaron, deliberaron, pensaron, ....disfrutaron!
 




