domingo, 25 de febrero de 2018

ACOMPAÑANDO A APRENDER A ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES 1ª parte

Debemos partir de de que a diversidade é unha realidade social e, polo tanto, unha realidade nas nosas aulas.


Para a atención a esta diversidade debemos partir do que a LOMCE 8/2013 ou a LOE 2/2006  establece como principios da educación: a calidade da educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación; a concepción da educación ao longo de toda a vida; a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado; a orientación educativa e profesional do estudantado; o esforzo compartido por alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais, profesorado, centros, administracións, institucións e o conxunto da sociedade, e a autonomía para establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares. Mediante eses principios trátase de conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.

  
O fin da educación ou o obxectivo prioritario da ATENCIÓN Á DIVERSIDADE tal como aparece establecido no Decreto 229/2011 debe ser que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas as alumnas e alumnos cunha atención integral. tratando de evitar as desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole. 
A atención á diversidade debe partir dunha perspectiva inclusiva e compensadora, a fin de dar resposta ás necesidades educativas, considerando  os seus sus intereses, motivacións e capacidades para a aprendizaxe nun entorno normalizado. A diversidade, pois, deriva da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dos profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma, nunha sociedade democrática. 



A atención á diversidade da respostas  a diferentes capacidades, intereses, motivacións, estilos e ritmos de aprendizaxe, a compensar desigualdades educactivas, sociais, xeográficas, culturais,..ás  necesidades educativas especiales, ás  dificultades específicas de aprendizaje, ao alumnado con TDAH, ao alumnado con  altas capacidades intelectuales, á incorporación tardía ao sistema educativo como se reflicte no TÍTULO II, CAP. I da LOMCE.
Para dar resposta educativa a un alumno con altas capacidades debemos deseñar accións  coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais do alumnado. Estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas curriculares e organizativas que teñan en conta a pluralidade de todas e cada unha das alumnas e alumnos.

A atención AO ALUMNADO DIVERSO con necesidades puntuais ou permanentes, con necesidade específica de apoio educativo deberá axustarse, entre outros, aos principios de normalización de servizos, de flexibilidade na resposta educativa, de prevención e de atención personalizada, INCLUSIÓN e de EQUIDADE, COHERENCIA.

 Tal como aparece reflectido no propio Decreto 229/2011 (art. 8) para dar resposta a este tipo de alumnado podemos deseñar as seguintes medidas ordinarias:


a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado.
b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.
c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo-cooperativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, ABP, aprendizaxe por proxectos, técnicas para aprender a pensar (organizadores gráficos e visuais CTF, CeR, RODA LÓXICA, VET,...) e outras que promovan a inclusión.  d)Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.  
e) Programas de enriquecemento curricular.
f) Programas específicos personalizados.  



As principais referencias epistemolóxicas (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3700) fan fincapé que para que teñamos en conta indicadores como a capacidade intelectual xeral, a capacidade intelectual específica, a capacidade creativa e a capacidade de perseverancia e automotivación:


Intelectual xeral

-Adquiren aprendizaxes temperás e sen axuda.

-Teñen unha gran facilidade para adquirir novas aprendizaxes.

-Son rápidos na comprensión de información e conceptos novos.

-Establecen fácilmente conexións entre conceptos diferentes.

-Posúen un elevado nivel de indagación.

-Elaboran conceptos verbais con facilidade.

-Utilizan con axilidade novos coñecementos na resolución de problemas teóricos e prácticos.

-Formulan principios e establecen xeralizacións por transferencia de aprendizaxes.

-Destacan na habilidade para argumentar, preguntar e razoar.

-Denotan unha enorme curiosidade intelectual.

-Manifestan interese e gran preocupación polos problemas do mundo.

-Con frecuencia manifestan capacidade de liderado e unha alta sensibilidade social.



Intelectual específica

-Logros importantes en determinadas áreas.

-Vocabulario amplo e rico, cunha excelente capacidade para utilizalo con propiedade.

-Gusto pola lectura.

-Memoria, retención fácil e evocación rápida e precisa.

-Profundidade no coñecemento de temas do seu interese.

-Manifestacións do talento matemático: gusto polos números; rapidez na comprensión e solución de problemas;solucións simples, directas, abreviadas, elegantes;precisión e axilidade no razoamento matemático; uso decriterios sofisticados para clasificar, seriar e agrupar.

-Manifestacións específicas de talento musical.


Indicadores da capacidade creativa

-Orixinalidade.

-Imaxinación e fantasía na utilización de recursos.

-Invención e construción de aparatos con materiais sinxelos.

-Creación de ideas e procesos novos.

-Solución creativa a problemas mediante a utilización de recursos e materiais comúns.

-Composición e adaptación de xogos, de música, etc.

-Especial sentido do humor, ás veces desconcertante.

-Tendencia natural a explorar ideas, con formulacións pouco correntes.

-Independencia de pensamento.

-Capacidade de iniciativa.

-Facilidade para aplicar coñecementos dunha materia ou situación a outra.

-Manifestación de opinións contrarias ás habituais.



Indicadores da capacidadede automotivación e perseveranza

-Capacidade de aprendizaxe autodirixida.

-Concentración nas tarefas, perseveranza e motivación en relación a áreas do seu interese.

-Escasa fatiga, sempre que a tarefa non sexa repetitiva ourutineira.

-Tendencia a traballar de xeito independente. Aínda que a súa autonomía os leva a ser creativos, hai que estimulalos para que aprendan a traballar en equipo e compartan os seus coñecementos.

-Motívanse especialmente cando as tarefas son complicadas e diferentes.

-Proban cousas novas, gustan dos cambios e aceptan os desafíos que supoñen as novidades.

-Teñen grandes expectativas tanto con respecto a si mesmos como con respecto aos demais, o que fai que teñan metas elevadas. A parte negativa é que poden sentirse saturados e ansiosos debido ás esixencias do contorno (familiares, escolares, sociais).



Razonamento

O razonamento xunto coa memoria e a atención constitúe unha das función básicas da mente que intervén nas aprendizaxes.

É a capacidade para establecer relacións entre diferentes elementos da realidade e os coñecementos que se adquiriron para obter conclusións lóxicas e razonables. Algún dos subprocesos son: análise, comparación, clasificación, verificación, secuenciación,…

A expresión do razonamento é a través da argumentación verbal ou escrita.

Tipos de razonamento:

-razonamento deductivo: obteranseconclusións concretas. Razónase do xeral ao particular.

-razonamento inductivo: a partir de datos concretos ou individuais obteñen conclusións xerais.

-razonamento predictivo ou consecuencial

Sobre que contidos razonamos:

-razonamento verbal

-razonamentolóxico-abstracto

-razonamento temporal

-razonamento espacial

Razonamento numérico-matemático

Estratexias de razonamento:

-observar, comparar, clasificar

-verbalizar exemplos

-seleccionar o elemento que non corresponden a un conxunto

-identificar casos que cumpran unas condicións

-Completar series

-Establecer analoxías