Hoxe celebramos o Día Internacional do Síndrome de Asperger. E máis que celebrar desexamos visibilizar as mil e unha posibilidades de amar, de sentir, de facer, de coñecer ,...que teñen as persoas con este síndrome.
Conmemórase o 18 de febreiro, dende o 2007, en recoñecemento ás investigacións do pediatra austríaco Hans Asperger, que permitiron describir por primeira vez este síndrome nos anos 30 e 40 do século pasado.
As persoas con este síndrome non son enfermas.
debemos, dende os centros educativos, visibilizar e loitar contra múltiples prexuicios e facer posible que sexamos quen de comprendelos e crear situacións educativas para a empatía.
Algunhas características son:
- “Queren relacionarse pero nno saben como facelo. Ás veces, atópanse sós-soas”.
- "Exprésanse correctamente, incluso poden empregar unha linguaxe moi formal, técnico e preciso”
- “teñen dificultades para comprender as regras sociais non escritas: saudar, dar as grazas, agardar o seu turno,...polo que deberemos crear apoios visuais
- “Son moi literais; non captan as bromas, os chistes, as metáforas,...”
- “Teñen dificultades para entender os sinais non verbais: xestos, expresións, etc.
Queredes visionar un vídeos de persoas ASPERGER. Adiante
VIDEO
Se queredes saber máis clicade no seguinte enlace da Asociación GALEGA DE ASPERGER, ASPERGA
ENLACE ASPERGA