Mostrando entradas con la etiqueta titoría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta titoría. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de febrero de 2018

2º SESIÓN PENSANDO NUNHA NOVA EDUCACIÓN


Xa estamos rematando febreiro!
Xa temos ás portas unha nova sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS deste curso a través da Radio Municipal de Tui.
Podedes deixar as vosas preguntas no tfno. 664061200 



Nesta sesión teremos ao profesor FLORENCIO LUENGO (Coordinador Xeral do Proyecto Atlántida) un referente nacional en desenvolvemento e integración curricular das Competencias Clave na educación. A súa vida profesional estivo ligada a todas as etapas educativas e tamén á formación das novas persoas docentes na Universidade Ten desenvolvido acción de escola-familia-comunidade e coñece, dende a práctica, a necesidade dos cambios metodolóxicos para que os nosos fillos e fillas, os nosos alumnos e alumnas sexan cada vez máis competentes e teñan estratexias para ter iniciativa, para aprender a aprender, para que non só coñezan senón tamén saiban aplicar eses coñecemento á vida cotiá. Este ámbito é necesario desenvolvelo nos centros educativos para que saiban analizar cunha mirada crítica a información dunha mesma nova nos medios de comunicación, para que poidan comparar o gasto do consumo de luz e auga e a súa repercusión no medio ambiente, para que conversen, deliberen, ....
Coas súas aportacións iremos descubrindo algúns dos ámbitos da educación do século XXI que deben ser cambiados, modificados ou recreados para dar respostas exitosas ás necesidades dos estudiantes de hoxe.
As receitas do pasado, as formas do pasado,...deben quedar no pasado e xuntos (comunidade, familias, profesorado e alumnado) ir creando un futuro educativo diferente.
Ao longo dos 30 minutos da entrevista F. Luengo tratará de facer unha radiografía da realidade educativa actual e ir poñendo os cementos dunha nova arquitectura tratando de responder ás inquietudes e curiosidades das familias, do profesorado ou da cidadanía.

domingo, 18 de febrero de 2018

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER


Hoxe celebramos o Día Internacional do Síndrome de Asperger. E máis que celebrar desexamos visibilizar as mil e unha posibilidades de amar, de sentir, de facer, de coñecer ,...que teñen as persoas con este síndrome. 
Conmemórase o 18 de febreiro, dende o 2007, en recoñecemento ás investigacións do pediatra austríaco Hans Asperger, que permitiron describir por primeira vez este síndrome nos anos 30 e 40 do século pasado.
As persoas con este síndrome non son enfermas.  
debemos, dende os centros educativos, visibilizar e loitar contra múltiples prexuicios e facer posible que sexamos quen de comprendelos e crear situacións educativas para a empatía.
 Algunhas características son:
  • Queren relacionarse pero nno saben como facelo. Ás veces, atópanse sós-soas”.
  • "Exprésanse correctamente, incluso poden empregar unha linguaxe moi formal, técnico e preciso”
  • “teñen dificultades para comprender as regras sociais non escritas: saudar, dar as grazas, agardar o seu turno,...polo que deberemos crear apoios visuais
  • “Son moi literais; non captan as bromas, os chistes, as metáforas,...”
  • “Teñen dificultades para entender os sinais non verbais: xestos, expresións, etc. 
Debemos ter presente que a diferencia é un VALOR, pois se iguais pode ser aburrido.
Queredes visionar un vídeos de persoas ASPERGER. Adiante
VIDEO

Se queredes saber máis clicade no seguinte enlace da Asociación GALEGA DE ASPERGER, ASPERGA

ENLACE ASPERGA

domingo, 11 de febrero de 2018

XOGOS PARA APRENDER A PENSAR NO ENTROIDO


Se divertidos momentos queredes ter un xogo convídovos a facer:

 Realizamos adiviñanzas  en familia:
a partir de 4 ou 5 pistas debedes deducir cal é o concepto ou obxecto ao que se refire. Con este tipo de xogos melloramos ou ptromovemos o desenvolvemento do razonamento verbal, da linguaxe e o coñecemento.

Aí van:
-É un animal que ten plumas, canta polas mañáns e vive no corral.
-é unha froita de cor amarela e está moi ácida.
-é un obxecto que ten púas e serve para comer e levar á comida á boca
-é un obxecto que serve para abrir e pechar portas
-ten rodas, ten portas, vai polas vías e leva ás persoas dun lugar a outro
-é un animal gris, grande e ten trompa
-é un animal verde, vive na auga e croa
-é un animal, non ten patas, ten cuncha, ten baba.
-é pequena, ten oito patas, e tece unha rede.
-está na parede, deixa ver para fóra, ten cristal.
-ten un mango, unha cabeza e serve para clavar.
-é brillante, quenta a terra, está no ceo, é unha estrela
-te indica la dirección y te guía


ENSINAMOS E APRENDEMOS A PENSAR?



Que o alumnado aprenda a pensarr debe ser uns dos piares da arquitrectura dunha nova educación.
Para que este proceso se produza é necesario que se poña ao alumnado en situación de pensar.  Autoras como ESCAMILLA afirma que é necesario ofrecer propostas sistemáticas para incorporar á nosa práctica docente para  impulsar ao pensamento. Según esta autora existen catro tipos de técnicas: as que «sempre están aí», as «filósofas experimentadas», as «sempre divertidas» e as que «miran dentro e fóra». Fusionadas cos contidos, estas técnicas serán ferramentas eficaces para «aprender a pensar»


Dende o Dto. de Orientación propoñemos que a partir da lectura dunha historia, dun conto podemos establecer RUTAS DE PENSAMENTO para que o alumnado saiba disfrutar da lectura dun libro e en que aspectos debe focalizar a súa atención. 

Co alumnado da aula de Areas fixen esta actividade:
Consensuaron, deliberaron, pensaron, ....disfrutaron!

domingo, 4 de febrero de 2018

O CINE QUE NOS MIRA


O cine é maxia, é luz,  é movimento, é arte. Por ese motivo facémosvos propostas de cine para que descubrades que o cine míranos e nós estamos tamén nas historias narradas e creadas:
CINE EN FAMILIA: Billy Elliot, Alicia en el país de las maravillas,Toy story 3, Los Goonies, Wall-e, Enredados, Hook, Prince of Persia
CINE PARA PERSOAS ADULTAS: Esquece monelos (Ánxeles Huerta), Viaje alrededor del cuarto de mi madre (Celia Rico), Verano1993 (Carla Simón), Zama (Lucrecia Martel)

 Atrévete e desfruta do cine!

DEIXATE ATRAPAR POLAS PROPOSTAS LITERARIAS DE......


As lecturas en familia promoven que no futuro existan persoas lectoras. O gusto pola lectura debe partir de buscar tempos para que papá, mamá, profes,...teñan un libro entre as mans. Mergullarse na lectura é vivir aventuras, é soñar, é ter maxia, é ser críticos, é poder realizar reflexións,... 
Nunca teremos fillos e fillas lectoras se non viven que no seu fogar se lé.
As propostas de lectura para que os adultos e os nenos e nenas se deixen atrapar son:
PROPOSTAS DE LITERATURA INFANTIL: O coelliño branco (Ed. Kalandraka), A tartaruga que quería durmir (OQO Editora), A máscara do León (OQO Editora), Pipi mediaslongas (Ed. Kalandraka), Azulín azulado (Thule Ediciones),  La gallinita roja (Ed. Kalandraka), La visita de los troles (OQO Editora), O libro dos porco (Ed. Kalandraka), O segredo de Flora (Ed. Émbora)

PROPOSTAS DE LITERATURA PARA ALUMNADO DE E. PRIMARIA:  Los días liebre (Ed. Kalandraka), O día que choveu do revés (María Canosa), Lápices primos (OQO Editora), Camiño perigoso (Ánxeles Loureiro), Montañas en la cama (OQO Editora), Eu conto, ti cantas (M. Victoria Moreno), Un trocito de horizonte (OQO Editora), Volvo! O regreso de Usha (María Reimóndez)

PROPOSTAS DE LITERATURA PARA PERSOAS ADULTAS: Los Pacientes del Doctor García (Almudena Grandes), Elexías de Luz (M. Victoria Moreno), Diario da luz e da sombra (M. Victoria Moreno), Este cuaderno es para mí (Elísabet Benavent)

Agora só queda disfrutar lendo en familia.


jueves, 1 de febrero de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL 2018 E. INFANTIL


Ás vosas mans chega de novo o calendario competencial para Educación Infantil

É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …

Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.


O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.



A continuación tedes o enlace para poder descargar os meses de xaneiro e febreiro de 2018:
XANEIRO 18
XANEIRO 18 2º PARTE
FEBREIRO 18
FEBREIRO 18 2º PARTE

DISFRUTADE EN FAMILIA!



lunes, 29 de enero de 2018

ESCOLA DE NAIS E PAIS CURSO 17-18



Un ano máis queremos apostar pola formación das familias e, por suposto, do profesorado.

Este ano iniciamos unha travesía nova a través da Radio Municipal de Tui, os derradeiros mércores de cada mes, de 12:30 a 13:00 h.

Os derradeiros mércores de cada mes teremos faladoiros de educación denominados "PENSANDO NUNHA NOVA EDUCACIÓN".


Ao longo dos diferentes programas tentaremos, coas aportacións relevantes de diferentes persoas vinculadas á educación e de renome nacional e internacional, desentrañar enigmas, mitos e falacias da educación e ir artellando os PIARES DA NOVA ARQUITECTURA EDUCATIVA.

A primeira persoa que vai estar en antena é o Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, MIGUEL ANGEL SANTOS GUERRA. Esta persoa é un referente en educación a nivel internacional e unha fonte de sabiduría educativa.

Este profesor impartiu Filosofía no Instituto de Tui e moitos de nós estamos vinculados á educación pola súa pegada pedagóxica.

Todas as persoas que o desexen poden deixar as súas preguntas no teléfono 664 061 200, e os invitados e invitadas resolverán as dúbidas ou facilitarán respostas ás inquedanzas.

O mércores día 31 de xaneiro as temáticas serán: 
AVALIACIÓN PARA APRENDER.
IMPORTANCIA DA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS
NOS CENTROS EDUCATIVOS.