Mostrando entradas con la etiqueta calendario2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calendario2018. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de marzo de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL MARZO 2018

O mes de marzo de 2018 ten tamén propostas competenciais e/ou aprendizaxes funcionais para desenvolver no contexto familiar e social.
Temos propostas de tarefas corresponsábeis no fogar, roteiros en recantos con encanto, conversas en familia, propostas de lectura e cine,...
A continuación as propostas de E. Infantil:

Tamén temos propostas para Educación Primaria:
Algunha das propostas son: localizar un libro escrito por mulleres, pescudar a rede hidrográfica de Europa identificando os ríos que compartimos con Portugal, subir a un canal de youtube mesturas e disolucións caseiras que facemos no fogar, realizar un gráfico estatístico dos alimentos consumidos no fogar, conversas en familia, propostas de lectura e de cine,, ...
MARZO 1
MARZO 2

jueves, 1 de febrero de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL 2018 EDUCACIÓN PRIMARIA

Ás vosas mans chega de novo o calendario competencial para Educación Primaria

É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …

Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.

O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.

A continuación poderedes descargalos no seguinte enlace:

CALENDARIO COMPETENCIAL 2018 E. INFANTIL

Ás vosas mans chega de novo o calendario competencial para Educación Infantil

A continuación tedes o enlace para poder descargar os meses de xaneiro e febreiro de 2018:
XANEIRO 18
XANEIRO 18 2º PARTE
FEBREIRO 18
FEBREIRO 18 2º PARTE

DISFRUTADE EN FAMILIA!

miércoles, 3 de enero de 2018

PRESENTACIÓN CALENDARIOS COMPETENCIAIS 2018

Onte presentáronse na Diputación de Pontevedra os novos CALENDARIOS COMPETENCIAIS para as familias de EDUCACIÓN INFANTIL e de EDUCACIÓN PRIMARIA.
Para que?
Unha das finalidades da educación é favorecer as aprendizaxes competenciais e que as familias sexan axentes educativos activos e corresponsabeis.
Polo tanto, dentro das funcións dos docentes (Título III, Cap. I, art. 91) aparecen:
-orientar ás familias sobre as aprendizaxes dos seus fillos
-apoiar e orientar o proceso educativo dos alumnos e alumnas en colaboración coas familias
 Baixo as recomendacións anteriores é preciso, polo tanto, de deseñar accións, recursos, estratexias que favorezan non só formar ás dfamilias senón tamén ofrecer a posibilidade que desenvolvan aprendizaxes competenciais no contexto familiar e social.

DeSeCo (2003) define competencia como «a capacidade de responder demandas complexas e levar a cabo tarefas diversas de forma adecuada». A competencia «supón unha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz». Considéranse, pois, como coñecemento na práctica, é dicir, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais e, como tales, pódense desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais e informais.

Así pois, o coñecemento competencial integra un coñecemento de base conceptual: conceptos, principios, teorías, datos e feitos (coñecemento declarativo-saber dicir); un coñecemento relativo ás destrezas, referidas tanto á acción física observable como á acción mental (coñecemento procedemental-saber facer); e un terceiro compoñente que ten unha grande influencia social e cultural e que implica un conxunto de actitudes e valores (saber ser).

Nenos e nenas deben aprender en diferentes contextos, en diferentes escenarios e en diferentes ambientes xa que aprenden cando están no parque, na escola, no patio, nos corredores, no supermercado, nos xantares familiares, no teatro, no cine ou nas festas familiares. Por este motivo deben ter normas básicas e coherentes que servan para todos estes escenarios e fan posible que medren nun estado de benestar persoal, social e emocional óptimo.

Tal como nos establecen LAVE E WENGER as aprendizaxes deben ser SITUADAS, contextualizadas.

Dado que a aprendizaxe baseada en competencias se caracteriza pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral, o proceso de ensino-aprendizaxe competencial débese abordar desde todas as áreas de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais como nos non formais e informais. 
 Neste ano 2018 teremos propostas para as familias de E. Infantil e propostas de E. Primaria. 
Os 12 meses teñen un ámbito conductor: A VISIBILIDADE DA MULLER en diferentes eidos da ciencia, da arte, da educación, da literatura,...
Promóvese o deseño de cronogramas con tarefas corresponsábeis no fogar, o uso das TIC e as TAC de forma creativa, receitas saudables, ecoauditorías para mellorar un medio ambiente sostible,  conversas en familia sobre temáticas actuais,...
Estes calendarios dinamizan aprendizaxes funcionais e promoven tamén un desenvolvemento afectivo e emocional no contexto familiar. Trátase de que fillos e fillas e membros adultos das familias aprendan xuntos.
Tamén aparecen PROPOSTAS DE LITERATURA E CINE INFANTIL, PROPOSTAS DE LITERATURA DE ADULTOS ESCRITA POR MULLERES e PROPOSTAS  DE CINE DE ADULTOS DIRIXIDO POR MULLERES.
A continuación, escolma de notas de prensa: