martes, 10 de abril de 2018

INTELIXENCIA VISUAL-ESPACIAL

Gardner establece que os seres humanos teñen múltiples intelixencias. Esta circunstancia fai que os docentes debamos ser diseñadores de situacións de aprendizaxe para que esas intelixencias poidan medrar no alumnado. Estas intelixencias son as fortalezas  para o alumnado e delas debemos partir. Dicir que existen múltiples intelixencias debe ser admitir que o alumnado aprende de forma diferente. Por este motivo, as propostas didácticas deben ser diversificadas tendo como referentes estas intelixencias. Non esquezamos que integrar Intelixencias Múltiples e Competencias Clave en paisaxes de aprendizaxe é unha das propostas metodolóxicas que debemos poñer en acción.

Hoxe a viaxe detense na INTELIXENCIA VISUAL-ESPACIAL e, polo tanto, temos que visibilizar certos procesos que fan posible o seu desenvolvemento:
-capacidade de imaxinación
-capacidade para a creatividade
-sensibilidade cara o mundo artístico
-interese polas producións audiovisuais
-capacidade para crear producións plásticas: pintar, esculpir, debuxar,...
-interese por productos e elementos visuais: pósters dixitais, avatares, murais,...
-boa capacidade de orientación
-boa capacidade para a realización de planos, mapas,...
-boa habilidade para identificar atributos e categorizar
-habilidade para procesar instruccións
-capacidade para a gamificación
-boa capacidade para as cuestións e conceptos espaciais
-capacidade para crear en 3D
Algunha  das actividades que podemos deseñar para axudar a desenvolver esta intelixencia ou dar respostas á fortaleza do alumnad que a posúe poden ser:
-crear pósters dixitais
-visitar museos e exposicións 
-crear producións audiovisuais
-crear producións tridimensionais
-crear produccións con STOP MOTION 
-realizar planos, mapas e maquetas da zona xeográfica
-visionar filmes
-traballar con contos e historias con recursos visuis potentes e chamativos
-realizar xogos de pistas e de orientación
-realizar taboleiros con códigos para robótica
-realizar clasificacións, categorizacións
-interpretar táboas de estatística
-crear decorados para musicais, obras de teatro, rodaxes de películas ou documentais,...