lunes, 16 de abril de 2018

Traballo por Tarefas Integradas


Cando estamos deseñando secuencias a través TAREFAS INTEGRADAS debemos ter en conta que temos que integrar CCCC, Modelos de pensamento, procesos cognitivos, IIMM.

Esta integración reflexiva, planificada e consciente promove unha aprendizaxe a través de PAISAXES DE APRENDIZAXE.



PARA DESENVOLVER UNHAS APRENDIZAXES COMPETENCIAIS DEBEMOS  PARTIR DA transversalidade, do dinamismo e dun carácter integral das diferentes áreas de coñemento.

De igual maneira debemos ter como referente que debemos desenvolver  diferentes modelos de pensamento como o reflexivo, analítico, lóxico, analóxico, crítico, deliberativo, creativo,práctico, sistémico e que as nosas secuencias didácticas deberán promover que o alumnado poña en funcionamento variados procesos cognitivos como COÑECER, COMPRENDER, APLICAR, ANALIZAR, SINTETIZAR, AVALIAR E CREAR (Taxonomía de BLOOM revisada  por Anderson y Krathwohl (2001):



O TRABALLO POR TAREFAS INTEGRADAS SON  AXEITADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DESTE TIPO DE APRENDIZAXES POIS FAVORECEN PESCUDAR, DEBATIR, COMPARAR, CREAR, IDENTIFICAR, COMPRENDER,...