domingo, 4 de marzo de 2018

Traballando por proxectos

Unha das metodoloxías para desenvolver aprendizaxes competenciais tal como establece a ORDEN ECD 65/2015 é o TRABALLO POR PROXECTOS.

O traballo por proxectos favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos pois nas secuencias diodácticas o alumnado non só ten que coñecer senón tamén identificar características, planificar por exemplo menús saudables en función da pirámide dos alimentos, avaliar que alimentos son saudables ou cales teñen máis grasas, crear un mural-cadro-poster dixital sobre alimentos, coidado de animais etc ou ben crear titoriais, decálogos,...para promover o consumo responsable de auga.


Estos procesos son o fundamento ou referente para o desenvolvemento das CCCC xa que falan, conversan, argumentan, establecen estatísticas ou probabilidades, traballan en equipo, saben onde buscar información, acatan as opinións dos demáis, toman iniciativas, experimentan, estiman, aprecian obras de arte, teñen conciencia das expresións culturais,...

Tamén promoven o desenvolvemento  das INTELIXENCIAS MÚLTIPLES (Gardner) pois están tamén interconexionadas e  vinculadas coas CCCC.

Asi podemos establecer que a CCL ten vínculos coa I. LINGÜÍSTICA, a CMCT relaciónase coa I. LÓXICA MATEMÁTICA, coa I. ESPACIAL e coa I. NATURALISTA, a CSIEE vincúlase coa I. CORPORAL CINESTÉSICA, coa I. INTRAPERSONAL, a CAA vincúlase coa I. INTRAPERSONA, a CCEC interconexiónase coa I. MUSICAL, a CSC interconexiónase coa I. INTERPERSONAL.

Amáis o traballo por proxectos dinamiza múltiples paisaxes de aprendizaxes coas que dar respostas á diversidade de intereses, motivacións, habilidades, ritmos ou estilos de aprendizaxe xa que diseñaranse actividades con diferentes graos de dificultade ou complexidade para acomodarse  ás individualidades.

Enlace de descarga: "Traballo por proxectos"