martes, 13 de marzo de 2018

ALUMNADO ESTRANXEIRO E EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA


ESCOLARIZACIÓN DE ALUMNADO ESTRANXEIRO 
REFERENCIAS NORMATIVAS

-Título II da LOMCE 8/2013  ( considerados A.n.e.a.e dentro do apartado historia escolar e/ou historia persoal)
-D. 229/2011, Artigo 30. Alumnado procedente do estranxeiro.

1. Será destinatario desta atención aquel alumnado que, procedendo do estranxeiro, conte cunha idade comprendida entre os tres anos e o límite da escolarización obrigatoria e presente algunha das seguintes circunstancias:

a) Descoñecemento das dúas linguas oficiais de Galicia.

b) Desfase curricular significativo.

c) Graves dificultades de adaptación.

2. A consellería con competencias en materia de educación facilitará as medidas necesarias para proporcionar a debida atención educativa ao alumnado procedente do estranxeiro que presente algunha das circunstancias referidas no punto anterior. Estas medidas poderán ser tanto de tipo curricular como organizativo.

Artigo 31. Atención educativa a mozas embarazadas.

1. A consellería con competencias en materia de educación, en cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, arbitrará as actuacións ou medidas de apoio necesarias para facer posible a continuación dos estudos por parte da menor embarazada e, se é o caso, do futuro pai en idade de escolarización obrigatoria, de forma compatible coas exixencias derivadas do embarazo e coas obrigas da maternidade e da paternidade.

2. Os centros docentes deberán proporcionar ás menores embarazadas que cursen estudos de ensino obrigatorio e postobrigatorio a adecuación dos procesos de ensino e aprendizaxe ás súas necesidades durante o seu embarazo e nos dous anos seguintes ao parto, nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación.

3. A menor de idade durante o proceso de xestación e, posteriormente, no caso de que se faga cargo da atención da súa filla ou fillo, terá dereito a ser autorizada, pola Administración educativa, para asistir intermitentemente ao centro en que está escolarizada, de acordo coas súas necesidades. Este dereito esténdese ao pai menor de idade que xustifique un comportamento de paternidade responsable.





-Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro. 
Capítulo II

-Medidas de atención escolar

-Grupos de adquisición das linguas



Artigo 1º.-Alumnado obxecto de medidas de atención específica.

Considerarase alumnado obxecto das medidas previstas na presente orde aquel que tendo unha idade comprendida entre os 3 anos e o límite de escolarización obrigatoria proceda do estranxeiro e, trala correspondente avaliación, reúna algunha das necesidades educativas seguintes:

a) Descoñecemento das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, galega e castelá.

b) Desfase curricular de dous cursos ou máis, con respecto ó que lle correspondería pola súa idade.

c) Presentar graves dificultades de adaptación ó medio escolar debidas a razóns sociais ou culturais.

Artigo 2º.-Avaliación inicial do alumnado.

A determinación das necesidades de cada alumno realizarase a través da avaliación inicial que se leva a cabo con carácter xeral no momento da incorporación ó sistema educativo, segundo o establecido nos artigos 13 e 17 da Orde do 27 de decembro de 2002.

Artigo 3º.-Centros que desenvolverán medidas específicas.

As medidas que se recollen nesta orde serán desenvolvidas por aqueles centros educativos que, logo dos correspondentes informes, identifique cada delegación provincial e que deberán reunir algunha destas características:

a) Escolarizar alumnado que presente algunha das necesidades sinaladas no artigo 1º.

b) Escolarizar alumnado de orixe estranxeira, aínda que non presente as necesidades anteriormente citadas.

Capítulo II

Medidas de atención escolar

Sección primeira

Aspectos xerais

Artigo 5º.-Proxectos educativos e desenvolvemento curricular.

Os proxectos educativos e os documentos de desenvolvemento curricular dos centros educativos ós que se refire o artigo 3º incluirán os criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención ó seu alumnado procedente do estranxeiro con algunha das necesidades educativas específicas recollidas no artigo 1º. Así mesmo, deberán incorpora-los contidos e as accións que permitan a educación de todo o alumnado no coñecemento e respecto da diversidade cultural existente no centro.

Artigo 6º.-Orientación e acción titorial

Os centros educativos ós que se refire o artigo 3º recollerán nos seus plans de orientación e de acción titorial actuacións deseñadas especificamente para o seu alumnado procedente do estranxeiro. Estas incluirán plans de acollida para ese alumnado así como de seguimento do seu proceso de integración escolar por parte do profesorado titor.

Artigo 7º.-Medidas de atención escolar.

1. As medidas de atención ó alumnado sinalado no artigo 1º incluirán, ademais da acción titorial, as establecidas para a atención á diversidade e, en particular, as seguintes para a atención ás necesidades educativas específicas:

a) De tipo curricular:

-Reforzo educativo.

-Adaptacións curriculares.

-Flexibilizacións de idade.

b) De tipo organizativo:

-Grupos de adquisición das linguas.

-Grupos de adaptación da competencia curricular.

2. As medidas de tipo organizativo desenvolveranse mediante os agrupamentos flexibles citados no punto anterior, que terán carácter temporal e deberán ser autorizados pola delegación provincial, logo de solicitude da dirección do centro e informe da inspección educativa. Así mesmo, para que un alumno poida pertencer a algún destes agrupamentos será necesario que a súa familia sexa informada previamente.

A súa finalidade será proporcionar, sen prexuízo das actividades de apoio que se desenvolvan dentro das aulas ordinarias, unha atención individualizada ás necesidades educativas específicas do alumnado, así como a súa familiarización coa vida do centro.

Sección segunda

Grupos de adquisición das linguas

Artigo 8º.-Definición.

1. Os grupos de adquisición das linguas son agrupamentos flexibles que teñen por finalidade, a través dunha atención individualizada, o impulso dunha formación inicial específica nas linguas vehiculares do ensino, de xeito que se posibilite a súa plena incorporación nas actividades de aprendizaxe pertencentes ó curso no que se atope escolarizado.

Esta medida estará dirixida, polo tanto, ó alumnado que descoñeza completamente ámbalas linguas oficiais de Galicia.

2. O alumnado poderá formar parte dun destes grupos un tempo máximo dun trimestre, se ben a inspección educativa poderá autoriza-la ampliación excepcional dese período. En todo caso, o alumno incorporarase plenamente ó seu grupo ordinario no momento en que a xunta de avaliación considere superadas as súas necesidades educativas debidas ó descoñecemento das linguas.

3. Os grupos de adquisición das linguas poderanse desenvolver na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente, no último curso da educación infantil.

4. O alumnado que forme parte dun grupo de adquisición das linguas deberá pertencer a unha mesma etapa educativa, sen necesidade de que estea escolarizado no mesmo curso ou ciclo.

Artigo 9º.-Horarios.

1. O horario semanal máximo de pertenza a un grupo de adquisición das linguas será de 5 períodos lectivos no último curso da educación infantil, 10  periodos en 1º e 2º de E.P., 20  en 3º, 4º, 5º, 6º E.P. .......Non obstante, este horario deberase ir reducindo progresivamente a medida que o alumno vaia progresando no dominio da lingua vehicular da aprendizaxe.

2. Coa finalidade de facilita-la integración escolar e social do alumno, este permanecerá co seu grupo ordinario de referencia nas materias de educación física e educación artística, na educación primaria, e de educación física, música e educación plástica e visual, así como no período de titoría, na educación secundaria obrigatoria.

No caso do último curso da educación infantil e no primeiro ciclo de educación primaria, ademais das actividades específicas que se poidan desenvolver no grupo de adquisición das linguas tamén se levarán a cabo no contorno da aula ordinaria actividades de apoio á aprendizaxe da lingua.

Artigo 10º.-Profesorado.

1. O profesorado encargado na educación secundaria obrigatoria dos grupos de adquisición das linguas pertencerá preferentemente ás especialidades de tipo lingüístico.

2. O titor deste alumnado será o que lle corresponda pola súa pertenza a un grupo ordinario e será  o encargado da coordinación do equipo docente, asesorado, se é o caso, polo departamento de orientación.

3. A avaliación das aprendizaxes específicas sobre a lingua será continua e servirá de referente para a toma de decisións sobre o horario de permanencia nos grupos ordinario e de adquisición das linguas.

Durante o período de permanencia no grupo de adquisición das linguas os pais do alumno serán informados sobre o seu progreso na aprendizaxe específica de tipo lingüístico, así como no relativo á súa integración na vida do centro.

Sección terceira

Grupos de adaptación da competencia curricular

Artigo 11º.-Definición.

1. Os grupos de adaptación da competencia curricular son agrupamentos flexibles que terán por finalidade, a través dunha atención individualizada, o progreso na súa competencia curricular, de xeito que se lle posibilite a plena incorporación nas actividades de aprendizaxe pertencentes ó curso no que se atope escolarizado.

Esta medida estará dirixida, polo tanto, ó alumnado que presente un desfase curricular de dous ou máis cursos con respecto ó que lle correspondería pola súa idade.

2. A permanencia nestes grupos levarase a cabo nunha fracción da xornada escolar, principalmente coincidindo coas materias de carácter instrumental, podéndose estender ó longo de todo o ano escolar.

Non obstante, o alumnado deberase incorporar plenamente ó seu grupo ordinario no momento no que a xunta de avaliación considere superadas as súas necesidades educativas debidas ó desfase curricular.

3. Os grupos de adaptación da competencia curricular só se poderán desenvolver no 3º, 4º, 5º, 6º educación primaria e na educación secundaria obrigatoria.

4. O alumnado que forme parte dun grupo de adaptación da competencia curricular deberá pertencer a unha mesma etapa educativa, sen necesidade de que pertenza ó mesmo curso ou ciclo.

Artigo 12º.-Horarios.

1. O horario semanal máximo de permanencia nestes grupos será de 8 períodos 3º, 4º, 5º, 6º da educación primaria, e de 10 na educación secundaria obrigatoria.

2. Tendo en conta que a finalidade dos grupos de adaptación da competencia curricular é conseguir que o alumnado poida incorporarse con normalidade ó seu grupo ordinario de referencia, en ningún caso o desenvolvemento das actividades do grupo de adaptación da competencia curricular poderá abrangue-la totalidade do horario semanal de cada unha das materias coas que coincide.

Artigo 13º.-Profesorado.

1. Na educación secundaria o profesorado encargado dos grupos de adaptación da competencia curricular pertencerá preferentemente a algunha das especialidades que correspondan ás materias obxecto de reforzo desa competencia.

2. Deberase establecer, polo profesor titor do alumno, a coordinación entre o profesorado do grupo ordinario e o de adaptación da competencia curricular, especialmente no relativo ós aspectos de tipo metodolóxico, programación de actividades docentes e o establecemento dos criterios de avaliación do alumnado.

3. O profesorado que interveña nos grupos de adaptación da competencia curricular asistirá ás sesións de avaliación do seu alumnado. Sen embargo, a emisión das cualificacións corresponderá ó profesorado do grupo ordinario, tendo en conta a información que proporcione o profesorado anteriormente citado.

Así mesmo, os pais ou persoas responsables do alumno serán informados sobre os seus progresos na superación do desfase curricular, así como sobre a súa integración na vida do centro.

Disposición adicional

Única.-Criterios para a escolarización do alumnado procedente do estranxeiro.

1. Con carácter xeral o alumnado procedente do estranxeiro escolarizarase de acordo co procedemento xeral de admisión, establecido na Orde do 16 de marzo de 2001 (DOG do 11 de abril), agás nos seguintes aspectos:

a) No caso das idades de escolarización obrigatoria, deberase produci-la escolarización no momento de chegada do alumno a Galicia, sen necesidade de que teña que espera-lo inicio do novo curso.

b) O curso da educación básica no que se incorporará inicialmente o alumno determinarase tomando en consideración a súa idade así como o nivel máis axeitado para dar resposta ás súas necesidades educativas.


EXENCIÓN LINGUA GALEGA

ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.


Artículo 2. Principios generales

1. La lengua gallega es materia de estudio obligatorio en todos los niveles educativos no universitarios y el alumnado que realice todos los estudios en Galicia sin interrupción deberá cursar y superar la referida materia sin que tenga derecho a que se le conceda la exención.

2. Tampouco terá dereito á exención o alumnado que tivese realizados estudos en Ga­licia e curse fóra da Comunidade Autónoma tres cursos completos ou menos e se reincor­pore ao sistema educativo galego.  
Artigo 3. Requisitos para a obtención da exención temporal

O alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao sistema educativo de Galicia no 3º ciclo de educación primaria, en edu­cación secundaria obrigatoria ou en bacharelato poderá obter unha exención temporal da cualificación das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos.



2. O alumnado terá que asistir ás aulas como medio de integración lingüística e coa finalidade de que co seu esforzo persoal, con materiais didácticos específicos e cunha axuda continua do seu profesorado poida ter, ao remate do prazo da exención, un dominio axuda continua do seu profesorado poida ter, ao remate do prazo da exención, un dominio adecuado da lingua galega e seguir as ensinanzas propias do nivel en que estea ou en que vaia matricularse, en igualdade de condicións ca os demais compañeiros ou compañeiras da clase.

3. O incumprimento por parte do alumno ou da alumna do establecido no punto anterior determinará a revogación da exención, logo dos informes pertinentes e unha vez oída a persoa interesada ou, de ser o caso, os seus proxenitores, titores ou representantes legais.

4. A revogación ou denegación da exención producirán como efecto para o alumnado a obriga de ser cualificado nas avaliacións parciais e finais ao final do curso en que se atope.

5. Nos respectivos documentos oficiais de avaliación farase constar a exención conce­dida e, de ser o caso, a posible revogación e a conseguinte cualificación.

Artigo 5. Presentación da solicitude da exención

1. A solicitude da exención da materia de lingua galega deberá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de no­vembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra­tivo común, para o que se utilizará o formulario normalizado que figura como anexo desta orde, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es. A referida solicitude irá asinada polo alumno ou pola alumna solicitante, polo seu pai/nai/titor/titora ou pola persoa que teña a súa representación legal, se é menor de idade, e nela exporanse as razóns polas que se solicita a exención.

No caso de que se envíe por correo, este deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión é anterior ao remate do prazo de presentación da solicitude.

2. A solicitude dirixirase á persoa titular da Dirección do centro docente onde o alumno ou a alumna curse os seus estudos.

Artigo 6. Prazos de presentación da solicitude da exención

1. O prazo de presentación da solicitude empezará o 1 de setembro de cada ano e re­matará o 5 de outubro de cada ano para o alumnado dos centros de educación primaria e secundaria obrigatoria, e o 20 de outubro de cada ano para o alumnado dos centros de bacharelato.

2. Cando se trate dun alumno ou alumna con traslado de matrícula viva, procedente dun centro doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro, o prazo de presentación da soli­citude será de vinte días seguintes á incorporación da persoa interesada ao novo centro.