martes, 24 de noviembre de 2015

AS APRENDIZAXES POR PROXECTOS COMO ESTRATEXIA METODOLOXICA PARA O DESENVOVEMENTO DAS CCCC

As intelixencias múltiples poden ser desenvolvidas se buscamos estratexias metodolóxicas axeitadas.
De igual maneira favorecerían o desenvolvemento das CCCC.
Se deseñamos as nosas secuencias didácticas a través de proxectos poderemos facer realidade unhas aprendizaxes competenciais que son prescriptivas dende a Orde ECD 65/2015.

domingo, 22 de noviembre de 2015

OS DEREITOS DA INFANCIA

UNHA DATA ESPECIAL PARA VISBILIZAR QUE A INFANCIA TEN DEREITOS E QUE EN MOITAS PARTES DO PLANETA ESES DEREITOS ESTÁN VIOLADOS.
NAS NOSAS MENTTES E NOS NOSOS CORAZÓNS NENAS E NENOS QUE FUXEN DE SIRIA E QUE QUIZÁS NUNCA CHEGUEN A ATOPAR UN LUGAR DE PAZ.
NENAS E NENOS DO SAHARA QUE NON TEÑEN O SEU LUGAR,...
RECURSOS DIVERSOS PARA TRABALLAR OS DEREITOS DA INFANCIA


jueves, 19 de noviembre de 2015

CONTOS VISUAIS

As imaxes forman parte das nosas vidas e, polo tanto, supón una linguaxe potente, complementaria, atractiva, divertida,...que favorece a comunicación e a representación no alumnado.
http://www.aprendicesvisuales.com/cuentos/

http://www.aprendicesvisuales.com/cuentos/


DESPERTAD AL DIPLODOCUS!

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES.

JOSE ANTONO MARINA, filosofo, educador establece a necesidade de despertar ao diplodocus que é a EDUCACIÓN EN ESPAÑA.

http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/educacion/2014-09-23/el-sistema-educativo-espanol-es-un-diplodocus-que-hay-que-despertar_207249/

viernes, 13 de noviembre de 2015

GUÍA LOMCE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

A continuación a guía LOMCE do portal da Consellería de Educación para que o profesorado poida atopar información da implantación , dos decretos de currículo asi comoo as áreas desgregadas que permiten copiar a programación por áreas. o profesorado solo debería engadir as rúbricas daqueles estándares de aprendizaxe avaliables que considere oportuno (xa que algún deles son dicotómicos e polo tanto haberá que buscar outro instrumento para avalialos), a temporalización dos mesmos ao longo do curso, deseñar os procedementos, técnicas e instrumentos de avaliación e o peso que se lle otorga.

Nesta páxina tamén atoparedes os apartados da programación que aparecen nas INSTRUCCIÓNS DO 27 DE XULLO DE 2015 para Secundaria e Bacharelato pero que dende os SERVIZOS DE INSPECCIÓN EDUCATIVA se está a demandar para os CEIP xa que non existen estas instruccións para EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN INFANTIL.

Pola contra, se o que precisades é coñecer que son as competencias clave e como estas deben "empapar" todo o noso deseño curricular e tamén como precisan para o seu desenvolvemento un cambio metodolóxico debedes coñecer a ORDE ECD/65/2015

Para coñecer un pouco os perfís competenciais e  a avaliación de competencias  podedes acceder a unha ORDE ECD/711/2015 do Ministerio de Educación Cultura e Deporte para o seu territorio de influencia.


CONVIVENCIA: INFORMACIÓN E PROTOCOLOS

A continuación referentes lexislativos e protocolos de actuación para unha convivencia efectiva nos centros escolares:
LEI 4/2011 DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN MATERIA DE CONVIVENCIA

DECRETO 8/2015  polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

PROCEDEMENTOS CORRECTORES E INFORMACIÓN  SOBRE CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA
PROCEDEMENTO CORRECTOR
PROCEDEMENTO CORRECTOR ORIENTACIÓNS
PROTOCOLO XERAL PARA A PREVENCIÓN, DETECCIÓN E TRATAMENTO DO ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR 
ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR





domingo, 8 de noviembre de 2015

DEIXATE ATRAPAR POR.....




A integración das Competencias Clave no currículo fai necesario un cambio metodolóxico que conleve un tratamento transversal, dinámico e integral.

 O proceso de ensino e aprendizaxe competencial débese abordar desde todas as áreas de coñecemento tanto nos ámbitos formais como nos non  formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos van adquirindo maiores niveis de desempeño no seu uso.
Para lograr este proceso de cambio curricular cómpre favorecer unha visión interdisciplinar  O papel do persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á acción.
Algunha das estratexias metodolóxicas para un deseño competencial é o aprendizaxe servizo (ApS) na que as accións comunitarias de servizo integradas no currículo precisan do partenariado, do traballo conxunto coas institucións que reciben a axuda.
Para saber máis:  


 

CONTOS CON MOITO CONTO!

Propoñemos un conto con moito conto da Editorial OQO:
http://issuu.com/cramestraclaratorres/docs/a_mellor_sopa_do_mundo_5c0726479a9baf
Se queredes ler en familia podedes facelo no seguinte enlace:
http://issuu.com/cramestraclaratorres/docs/a_mellor_sopa_do_mundo_5c0726479a9baf