miércoles, 22 de noviembre de 2017

VIOLENCIA MACHISTA, 25 DE NOVEMBRO

A violencia machista contra as mulleres segue e por este motivo debemos seguir loitando. O 25 de novembro, o DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO debe ser un día para a reflexión, para cuestionarnos que estamos facendo en educación para ir rachando con esta lacra pero a reflexión debe continuar cada día.  Se temos que seguir reflexionando é porque moitas mulleres e nenas están sendo víctimas da violencia verbal, psíquica ou física.
 A historia da violencia adoitase escribir con nomes de MULLERES.
Son as vidas de mulleres que, en moitos casos, descoñecemos.
En 1999  a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS declarou o 25 de novembro como día Internacional contra a violencia cara as mulleres.
Dende aquela moitas  mulleres morreron, moitas mulleres foron asasiñadas. 
Para modificar esta situación  cómpre que EDUQUEMOS na igualdade, no respecto, na consciencia emocional, no autocontrol das emocións e na autoestima e autopercepción xa dende EDUCACIÓN INFANTIL. 
A continuación,  fágovos unhas propostas de lectura para que os valores de escoitar, respectar, compartir, ser corresponsables,... se vaian "vivenciando" cada día.










domingo, 12 de noviembre de 2017

BLOG INNOVARTE (ANGELES E ISABEL ABELLEIRA)

Como docente sempre é un privilexio presentar un blog como o das irmáns ABELLEIRA, uns referentes na educación. Cando dubidas sempre tes a táboa de salvación dos pensamentos destas MESTRAS (con maiúscula). Se precisade coñecer como desenvolver a actividade, o dinamismo, a creatividade,...nas aulas de Infantil non deixedes de aprender dela se conn elas.

BLOG EL ADARVE (SANTOS GUERRA)

Para saber máis de educación é necesario ler, pensar, deliberar, argumentar, contrastar,... e resulta imprescindible reflexionar con SANTOS GUERRA dende o seu BLOG EL ADARVE

LA ESCUELA DE LOS DOMINGOS (D. DOMÍNGUEZ)

Para as familias e profesorado que queira aprender de cine propoño o blog LA ESCUELA DE LOS DOMINGOS.
Disfrutade moito!

miércoles, 8 de noviembre de 2017

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE NOVEMBRO

XA ESTAMOS REMATANDO O ANO 2017.
PERO AINDA QUEDAN MOITAS APRENDIZAXES FUNCIONAIS QUE REALIZAR.
AI VAN:





PROPOSTAS MES DE NOVEMBRO, 1
PROPOSTAS MES DE NOVEMBRO, 2

ESTRATEXIAS PARA APRENDER A OBEDECER, RADIOBLOG





QUEREDES ESTRATEXIAS PARA QUE OS VOSOS FILLOS APRENDAN A OBEDECER?
AI VAN:

ESTRATEXIAS PARA APRENDER A OBEDECER, PRIMEIRA PARTE

ESTRATEXIAS PARA APRENDER A OBEDECER, SEGUNDA PARTE

ATENCIÓN: RADIOBLOG


Inauguramos unha nova sección: RADIOBLOG

Para familias ás que lles guste camiñar, correr en compaña de auriculares e, de paso, estar sempre buscando novas estratexias para educar.


1º Entrada:

Sección:     acompáñame a aprender
Temática:   estratexias para mellorar a atención