viernes, 28 de junio de 2019

REFLEXIÓNS DE EMILIO CALATAYUD


As palabras do xuiz  E. Calatayud non deixan a ninguén indiferente e serven para  a reflexión ou o debate.
O título é o suficientemente explícito:

"Poned límites a los hijos porque si no se los pondrá la vida, y la vida puede ser muy dura"

ENLACE DO ARTIGO

domingo, 23 de junio de 2019

REFLEXIÓNS COMPARTIDAS COAS FAMILIAS do alumnado de novo ingreso


Chega un momento importante para a vida dos vosos fillos e fillas e tamén para vós: a incorporación
á ESCOLA, ao 2º CICLO DE E.I.
A vida na escola é unha continuidade do voso fogar para eles e o proceso educativo debe ser unha
tarefa compartida entre vós e nós, os docentes. Deste xeito, deberemos estar sempre en sintonía
dialogando, conversando, expresando opinións, compartindo momentos, experiencias e información.
A escolarización dos nenos e nenas no CRA MESTRA CLARA TORRES é un momento para disfrutar xa que ofrecemos unha EDUCACIÓN DE CALIDADE, INCLUSIVA, COMPETENCIAL, DINÁMICA, GLOBALIZADA,... na contorna da parroquia e perto da súa casa e promoveremos o aprender a coñecer, o aprender a facer, o aprender a estar e a convivir, o aprender a ser. Partiremos da premisa das múltiples intelixencias que ten cada alumno e alumna e que poden ser diferentes, diversas. Temos na DIVERSIDADE o noso valor.
Nas nosas aulas damos TEMPOS para PENSAR, para DEBATIR, para TOMAR DECISIÓNS, para
INDAGAR, para CONTRASTAR, para SENTIR, para APRENDER FACENDO, ...
E sempre coa participación das familias nas saídas.
Se queredes saber máis do que significa a incorporación do neno-nena a 4º de E.I. debedes premer no seguinte enlace FOLLETO EXPLICATIVO 

viernes, 21 de junio de 2019

INNOVACIÓN EDUCATIVA: UNHA NOVA MIRADA

A Innovación educativa é un camiño de reflexión, de creación e de recreación, de ver con novas miradas a educación, de atopar cambios que leven a mellorar o proceso e non mudar sen máis.

miércoles, 19 de junio de 2019

EDUCAR POR ESCENARIOS: ESCOLA DE NAIS E PAIS:




Xa está rematando xuño e teremos a derradeira sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS  na RADIO MUNICIPAL de TUI.
A sesión estará impartida po VICTOR ARUFE, profesor da Universidade de A Coruña. A temática será: A Educación por escenarios ou o que é o mesmo, que os seres humanos aprendemos en múltiples contextos ou escenarios como a rúa, o parque, o fogar, o teatro, o supermercado, nos corredores do centro,...
Este profesor ten un libro escrito sobre a temática e que xa recomendamos neste blog.
Lembrade de deixar preguntas no contestador da Radio, tfno. 664061200


LIBRO: AS LEIS NATURAIS DO NENO





Onte nas miñas mans (e no meu corazón) puxeron un fermoso libro. Fala da importancia de ter enn conta as aportacións de Montessori e os avances da neurociencia na educación de nenos e nenas.
As familias e os docentes debemos ter en conta que os nenos e nenas posúen capacidades innatas para aprender pero debemos poñelos en situacións de aprendizaxe ricas, estimuladoras en ambientes e escenarios diversos. Tamén hai que respectar as leis naturais do desenvolvemento das criaturas pero, estas leis vense aceleradas se os poñemos en situacións de aprender e que os espazos de xogo libre sexan ricos, diversos, que favorezan a reflexión, o espíritu crítico, a toma de decisión, a indagación, a resolución de problemas,...

 Agora solo desexo que disfrutedes da súa lectura como eu o estou a disfrutar.

sábado, 15 de junio de 2019

EXEMPLIFICACIÓN DE PROPOSTAS LECTORAS CON TEXTOS LITERARIOS

Á lectura e a escritura debe realizarse empregando diferentes tipos de textos, entre eles os literarios.
No seguinte enlace ofrecemos propostas PROPOSTAS LECTOESCRITORAS CON LITERATURA

DESCUBRINDO TUI CUN ROTEIRO POÉTICO

Tui é un dos mellores escenario para aprender. Tui ten recantos fermosos que o alumnado debe coñecer. Por outro lado o lema de Bibliotecas Escolares 2018-19 é: POÉTICAS DIVERSAS!
Unha andaina por Tui é poesía en sí mesma pero ademáis integramos a búsqueda de versos que perdera unha peregrina, unha peregrina que se engaiolaba cos versos,  por diferentes recantos con encanto de Tui.

O noso alumnado tiña que atopalos e asemade descubrir que levan as persoas peregrinas nas mochilas, que beberaxes máxicos hai para ter forzas para o camiño, etc.
Ao chegar a cada lugar atopaban caixas con códigos QR que tiñan información básica do lugar onde estaban.
Parque do Penedo
Palco da Música
Escultura dos Cabalos de Oliveira
Conxunto Escultórico homenaxe á familia
Cruceiro de San Bartolomé
Ponte das febres 
1ª Misión: descubrir os ingredientes da beberaxe que nos daría forzas para iniciar este camiño (estaban agochados en códigos secretos) e beber da beberaxe: Emoción, aventura, imaxinación, cóxegas, sorrisos e fantasía.


2ª Misión: Localizar os 9 lugares máxicos de Tui polos que pasou a peregrina e polos que nós tamén iamos pasar. As fotografías destes lugares andaban espalladas polo parque do Penedo agochadas nos bancos, nos tobogáns,... 
3ª Misión: Atopar versos agochados de 4 poemas en caixas en diferentes lugares. Para acceder ás caixas debían resolver probas: bailar, carreira de relevos, realizar composición crebacabezas, atopar obxectos e documentos perdidos da mochila da peregrina,...Tódolos versos atopados durante o camiño deberían ser colocados nun taboleiro xigante que estaba na Ponte da Veiga. Neses taboleiros había códigos QR coa declamación dos poemas realizados pola presentadora da Radio Municipal de Tui, Beti Rey.


Misión 4: Selar a Credencial do camiño


Ao rematar este camiño máxico por Tui  tiñan como premio unha COMPOSTELA.
Sabedes cantos obxectos atoparon para a mochila?

Desenvolvemento da actividade
Estades listos!!!
Atentos!!! Buscade os catro carteis para descifrar a fórmula máxica, debedes recollelos e traballar en equipo. Cada cor levará o seu cartel a zona asignada polos mestres, unha vez todos os equipos a atopen porémola en común e cada equipo poderá descifrar a FÓRMULA POÉTICA.
Agora que xa todos temos “superpoderes”, xa estamos listos para que de comezo a nosa “Aventura” no parque do Penedo.
Selamos na Credencial a Parada da Ponte Internacional, que podedes observar dende a zona de saída.
Dende este Parque do Penedo pódese observar Portugal e a Ponte Internacional
PARADA 1: RECANTO PARQUE DO PENEDO.
MISIÓN 2.-  Este foi o primeiro sitio no que nosa peregrina, ensimesmada ca paisaxe perdeu os primeiros versos, se a misión queredes pasar e os versos atopar a seguinte proba tedes que superar.
Polo parque atópanse escondidos as paradas que fixo a peregrina o longo do camiño e polo tanto os posibles sitios onde perdeu os versos, cada grupo deberá atopar as cartolinas cas fotos dos diferentes lugares que nos servirá para coñecer cal será o noso itinerario. Lembrade que só podedes coller as cartolinas da cor do voso equipo e que unha vez as teñades as debedes colocar no voso caderno do xogo.
Cando os catro equipos completen a proba só tedes que darlle a volta as cartolinas e colocalas na orde marcada para descubrir onde se agochan os versos.
Estades listos piratas!!!
(Antes de abrir as caixas na parte superior haberá un código QR que escoitaremos antes de recoller os versos e que nos explicará brevemente as características do lugar, acontecerá por igual en tódalas paradas e dirixiranos a seguinte).
E como diría o poeta, nós para todo viaxe
sempre sobre a madeira,
No noso vagón de terceira…
Iremos cantando, viaxeiros, o longo do sendeiro
“O tren que me leva pola veira do Miño, me leva e me leva polo meu camiño…”
PARADA 2: RECANTO PALCO DA MÚSICA (Iremos en tren dende A Marina)
Chicos!! Onde estamos?
Onde todos nos baixamos!
MISIÓN 3 e 4.
A 3 misión consiste en recoller os versos  agochados nas diferentes paradas e para elo temos que
superar diferentes probas e selar as diferentes paradas. En cada caderno de viaxe (un laranxa, un verde, un azul e un vermello) haberán versos de 4 poemas diferentes (1 por grupo):
-O arco da vella (M. María)
-Ten trenzas o mar (A. García Teijeiro)
-Imos brincar …(X.M. Álvarez Blázquez)
-Abordaxe poética (Fran alonso)
PROBA:  MÚSICA E A BAILAR!!!
Ata aquí chegou a nosa peregrina un día de choiva, onde quedou marabillada pola beleza deste palco dende o que actuaban as agrupacións de música ou de danzas os días de festa. E como a nosa parada fai referencia á música e o baile, atentos!!!
“Se a proba queredes superar e deste xeito os versos atopar, cada equipo un baile terá que realizar e se o final dos catro bailes as profes a proba por superada dan, diranvos onde os versos están”.
Preparados, listos, xa!!!
PARADA 3: RECANTO ESCULTURA DOS CABALOS ( JUAN OLIVEIRA) NA GLORIETA DE VIGO
PROBA 4 e 5.
Dado que o acceso a estatua do Homenaxe á familia é complicado para realizar a proba realizaremos as dúas na Rúa Corredera e obterán dous versos por equipo, un por proba.
PROBA:  O XOGO DAS ESTATUAS.
“Cando chegou aquí a nosa peregrina escoitou un relinchar de cabalos, levou tal susto que saíu correndo deixando atrás outra morea de versos. Se a queredes axudar e os versos recuperar o Baile das Estatuas debedes realizar, pero…. Atentos! Cando escoitedes: - Estatua!! Como os cabalos tedes que quedar.
Estades preparados? Pois atentos que imos comezar e que ningún despistado quede atascado.
Se a proba logrades superar a profe Tere lle teredes que preguntar para os versos atopar.
PROBA:  PARACAIDAS (XOGOS COOPERATIVOS) 2 PARACAS.
Correndo, correndo tropezouse ca estatua da familia. Como sabedes a familia é un gran equipo que se apoian e colaboran para acadar obxectivos xuntos. Se esta proba queredes superar tedes que demostrar que en equipo sabedes traballar. Entre todos o paracaídas temos que levantar, pero… atentos temos que colaborar e o paracaídas o mesmo tempo todos soltar e no medio unha gran aperta hai que dar. Se a estrofa queres atopar á profe Fátima lle tes que preguntar.
Dividiremos dous equipos para cada paracaídas.
PARADA 4:  RECANTO ESCULTURA HOMENAXE Á FAMILIA.
PARADA 5: RECANTO O CRUCEIRO DE SAN BARTOLOMÉ:
PROBA: MONTAR A MOCHILA DA PEREGRINA.
Esta peregrina marchou lixeira de equipaxe, deixando a súa mochila atrás na que levaba as súas pertenencias e os versos que lle restaban. Temos que axudar a nosa peregrina a reconstruír a súa mochila. Cada equipo, como podedes ver, tedes unha mochila baleira e no outro extremo hai cartolinas cos utensilios; un a un teredes que ir ó outro extremo, recoller unha das pertenencias e traela para metela na mochila. Se a mochila conseguides facer a profe Puri lle preguntaredes para saber onde os versos se están a esconder.
Circuíto de relevos.
PARADA 6: RECANTO PONTE MEDIEVAL DA VEIGA
Chegamos finalmente a última das paradas na que a peregrina perdeu os seus últimos versos. Se a os poemas queredes acabar de formar atentos porque tedes que atopar as partes de diferentes puzzles dos sitios polos que acabades de pasar. Lembrade que tan só debedes recoller as cartolinas da cor do voso equipo. Entre todos debemos formar os puzzles dos diferentes lugares que xa están marcados na vosa credencial. Cada equipo deberá facer dous puzzles. Se todos logramos a proba superar, a profe Tere hai que preguntar onde pensa que os versos poden estar.
Finalmente, se a ledicia a peregrina queremos voltar os seus poemas xa podemos formar. Fixádevos nos paneis de madeira, cada un correspondese a unha cor, colocádeos na orde e axeitada e comprobade que todo está en orden e deleitádevos escoitando os poemas.
PARADA 7: RECANTO IGREXA DA VIRXE DO CAMIÑO.    
PARADA 8: RECANTO PONTE DAS FEBRES.
O finalizar a actividade repartiráselles a cada alumno a súa COMPOSTELA.

viernes, 14 de junio de 2019

RECEITAS CON SABOR

Tanto en E. Infantil como en E. Primaria establécese que o proceso da escritura (ou da lectura) debe ser contextualizado, debe partir da realidade do alumnado, debe ter en conta os intereses ou motivacións,... 
Aproveitar a riqueza dunha alimentación saudable, da realización de receitas para o canal de youtube XANTA COMIGO! coas familias favorece que se lles brinde aos fillos-as, alumnos-as oportunidades para que creen os seus propios textos, con recursos diferentes (debuxos, escritura non convencional, dictados...)
A través das linguaxes os nenos e nenas desenvolven a súa imaxinación e creatividade, aprenden que a linguaxe escrita serve para a vida cotiá, que ten funcionalidade para a vida, aprender tamén a percibir a realidade e a coñecer o mundo. Por outra parte, as linguaxes son fundamentais para potenciar o desenvolvemento do pensamento e as capacidades comunicativas, expresivas e creativas.
A creación de receitas ofrece a posibilidade de que recoñezan a funcionalidade e propiedades dos textos prescritivos (modo de facelo) e enumerativos (lista de ingredientes) e tamén posibilitan que diferencien as receita scomo texto prescritivos doutros textos como os informativos, expositivos ou literarios.
Agora a disfrutar coas receitas!
Observade a orixinalidade e creatividade dos nomes de cada proposta culinaria!








PODCAST, COMPETENCIA LIGÜíSTICA

Nesta entrada daremos importancia a creación de recursos contextualizados tendo como cobertor a competencia lingüística.
Crear textos orais para publicitar recantos con encanto Tui favorece poñer en acción diversos procesos psicolóxicos como a memoria pero tamén poñer en acción procesos cognitivos como a creación que leva enxeridos outros como planificar, contrastar, coñecer, comprender, etc.

Por outro lado,  a expresión oral é favorecedora do enriquecemento da linguaxe ou do razonamento.

Se queredes disfrutar cos marabillosos PODCAST aí van unha fermosa escolma:




 
 


viernes, 7 de junio de 2019

jueves, 6 de junio de 2019

AFROITARTE!

Os alimentos están presentes en múltiples manifestacións artísticas.
O alumnado pescudará en libros de arte onde aparecen alimentos. Elexirán os preferidos e a partir deles naceron ppropostas como facer puzzles, localizar intrusos en pezas dun puzzle, poñer título a cadros, realizar réplicas dos bodegóns,...
Coñeceron obras de pintores como Lugrís, Seoane, Cezzane, Maside ou Caravaggio.

PROPOSTAS AFROITARTE

DESCUBRINDO CON ALIMENTOS

Deixamos propostas de traballo para desenvolver a percepción, atención, o razonamento matemático, a expresión oral e escrita,...tendo como eixo vertebrador alimentos.

PROPOSTAS DE TRABALLO: PERCEPCIÓN, ATENCIÓN,...

miércoles, 5 de junio de 2019

LECTURAS A EITO EN XUÑO 19

Familias!
Queredes disfrutas de lecturas na beira do río, na beira do mar, á sombra da árbore,... ?
Aí van as propostas! Lecturas para pensar, para soñar, para imaxinar,...