martes, 28 de octubre de 2014

NOVAS SOBRE TDAH NO FALADOIRO

Hoxe nas conversas co profesor J.A. Marina disertamos sobre unha temática complexa e con moitos puntos de vista diferentes.
A continuación, dareivos un enlace para saber máis
http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/educacion/2014-10-28/pero-existe-de-verdad-el-deficit-de-atencion-e-hiperactividad_419307/
Ler os escritos de J.A. Marina fainos ver o positivo das diferenzas.
Para ir póndonos en situacións a seguinte frase:
"Nos parecen convincentes los argumentos de Mel Levine en Mentes diferentes, aprendizajes diferentes, defendiendo que antes de considerarlo una enfermedad se lo considere un modo distinto de aprender, y que antes de poner la etiqueta TDAH como si resumiera la personalidad del niño, se tengan también en cuenta las capacidades que ese niño puede tener"

miércoles, 22 de octubre de 2014

A DIVERSIDADE DO ALUMNADO TDAH

A continuación poderedes ler información sobre o alumnado diagnosticado de TDAH.
Debemos partir da premisa de que todos os seres humanos somos diversos e, polo tanto, as accións educativas que se deseñen deben ser INCLUSIVAS, INTEGRADORAS desa diversidade: de intereses, de motivacións, de capacidades, de estilos e ritmos de aprendizaxe,...
Tal como se expón dende a Consellería de Educación "O alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) existe e forma parte da diversidade de toda aula e da mesma sociedade, estando considerado, ademais, nese gran grupo de alumnado que a normativa básica identifica como alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE).
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, dos nenos e das persoas adolescentes afectadas, manifestándose na familia, na escola, nas relacións interpersoais, nas actividades de lecer, en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
A presenza do TDAH nos distintos ámbitos da vida dunha persoa fai necesario que a abordaxe se realice desde un enfoque interinstitucional, integral e de colaboración, cando menos, entre a familia, o sistema educativo e o sistema sanitario.
Conscientes desa situación e da necesidade dunha coordinación axeitada, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaban de facer público o resultado dun esforzo conxunto, identificado como PROTOCOLO DE CONSENSO SOBRE TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NOS ÁMBITOS EDUCATIVO E SANITARIO, co que se pretende contribuír á mellora da atención e á redución das dificultades que este trastorno ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e persoas adolescentes.
No documento indicado, que se pon a disposicións das comunidades educativas e sanitarias, e da poboación en xeral, realízase unha aproximación ao concepto do TDAH e ás súas principais manifestacións. Igualmente, establécense as principais actuacións a desenvolver pola familia, polo profesorado, polos servizos de orientación e polos servizos sanitarios.
Sen embargo, tal vez o máis importante deste protocolo consiste en que establece o camiño a percorrer desde as primeiras sospeitas e define a liña de comunicación entre os servizos educativos e os sanitarios e viceversa"
Se precisades máis información debedes premer no seguinte enlace.
http://www.edu.xunta.es/web/system/files/protected/content_type/advertisement/2014/07/02/libro_tdah_definitivo_16-06-14.pdf

martes, 21 de octubre de 2014

ESTRATEXIAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA AUTOESTIMA, AUTOPERCEPCIÓN E ACEPTACIÓN DOS IGUAIS


ESTRATEXIAS PARA  A AUTOESTIMA, AUTOPERCEPCIÓN, RECOÑECEMENTO E ACEPTACIÓN  DOS  IGUAIS,

Referencias bibliográficas:

·         FELDMAN, J.R. (2008): autoestima, como desarrollarla? Madrid, Narcea.

·         BISQUERRA R. (2000): Educacion emocional y bienestar. Madrid, Wolters Kluwer

·         R. BISQUERRA (coord.) ( 2011): educación Emocional. Propuestas para educadores. Barcelona, Desclée.

           
O obxectivo da educación é fomentar o benestar persoal e social. O benestar emocional  consiste en experimentar emocións positivas.

O benestar emocional ten unha dimensión individual e outra social

Educar non pode estar circunscrito aos centros educativos senón que cando falamos de educación o facemos pensando nun concepto amplo e se refire ás aprendizaxes multicontextuais.

A educación emocional ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia emocional e o benestar.

Antecedentes son os estudios de SALOVEY Y MAYER EN 1990 E GOLEMAN 1995

DEBEMOS DAR IMPORTANCIA A LA psicología positiva que se propone el estudio científico de las experiencias positivas, los rasgos indiv. Positivos.

Temas de esta psicología son: fluir. Emociones positivas, bienestar emocional, felicidad.

La educación emocional debe iniciarse en las primeras etapas de la vida para que sea efectiva.

El bebé cuando nace no tiene palabras para comunicarse y su primer lenguaje para comunicarse y relacionarse es el llanto.

Los docentes y las familias con sus comportamientos y actitudes enseñan y guían y pueden ofrecer un clima de seguridad, respecto, e confianza. Transmiten y contagian el estado emocional y anímico a través del tono de voz, gestos, contacto físico,…

Alguns ámbitos da e. emocional son: autocontrol, consciencia emocional, autoestima.

Hoxe nos imos centrar na autoestima pois un dos máis valiosos e duradeiros agasallos que as persoas docentes e familias podemos ofrecer aos fillos e alumnado é un sentido positivo de sí mesmo.

Sen este sentido as criaturas crecen negativos, dependentes, reservados, ansiosos, inferiores,…

A autoestima inclúe todosos sentimentos e crenzas que temos cerca de nos mesmos e afecta e condiciona a todo o que facemos na vida.

A autoestima é complexa, cambiante, e está entretecida no noso ser.

Aspectos da autoestima son:

-aceptación propia sabendo coñecerse a sí mesmo, ter unha idea realista do que somos e están conformes con elo.

Valorarse e sentirse amado, querido

Ter experiencia sde éxito para a propia eficacia

Autorrespecto para acertarse e aceptar aos outros

A confianza en nós mesmos prepáranos para abordar novas metas

Os nenos non nacen con autoestima e ésta crecerá constantemente ao longo da vida e se desenvolve coa sexperiencias positivas do nenos e coas relación cos demais (iguais e adultos)

E unha combinación de innumerables experiencias, interaccións e información que veñen de fóra.

A maneira en que adultos e iguais ven ao neno inflúen na maneira en que éste se ve a sí mesmo.

·         Aceptar aos fillos e fillas, alumnas e alumnos polo que son para a autoaceptación.

·         Permitir que expresen las emociones que sienten pues toda persona tiene derecho a expresar su alegría, tristeza, enfado, rabia,…

·         No digas non chores senón si necesitas chorar, chora

·         Non eliminar emocións negativas pois hai que vivir tanto as positivas como as negativas para ter un bo aprendizaxe emocional

·         Falar das emocións con naturalidade

·         Recoñecer as propias emocións e as dos demais

·         Recordarles que independentemente das súas emocións os queremos

·         Favorecer a expresión emocional a través do corpo e a palabra

·         Familiarizarnos con estratexias que fomenten benestar: cantar, beillar, rir, masaxes,…

·         Detreito a emocionarse

·         Tratar as criaturas como individuos apreciando as diferenzas e non comparándoos.

·         Usar os seus nomes frecuentemente.

·         Respectar as familias e a súa cultura

·         Axudar a que descubran as súa smultidimensionalidade.

·         Diseñar un currículo para o éxito

·         Impulsar aos nenenos dándolles opción.

·         Seguir unha exenda de logros, atrancos,

·         Dar oportunidade para ser independientes, acabar tareas

·         Dar opción a mostrar sentimientos y emociones positivas y negativas

·         No poner etiquetas

·         Crear autoestima

·         Usar estímulos en vez de recompensas

·         Sacar provecho de los mensaxes non verbais

·         Escoitar sentimentos e pensamentos

·         Miralos asos ollos

·         Ser explícito con alabanzas e críticas

·         Aprovechar losa diferentes estilos y modos de aprend.

·         Autonomía en el aula

·         Impulsar el sentido de cooperación y de que son parte de una comunidad

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

·         MASAXES CON PELUCHES, PELOTAS, PLUMAS, …

·         CREACIÓN DE MONECOS-MONECAS  ATRAPAMEDOS

·         SEMÁFORO: VERMELLO: STOP, DETENTE, LARANXA OU AMARELO RESPIRA , VERDE DI O PROBLEMA E COMO TE SINTES.

·         RECUNCHO DA TRISTURA cando está triste e precisa de estar solo ou sola ou ben cando acaba de ter un berrinche ou unha conducta disruptiva e o profesorado tivo que intervir.

·         CONTO INVENTADO PARA O SEU FILLO-A

·         POEMA DE AMOR OU CARTA DE AMOR AO SEU FILLO OU AO SEU ALUMNO EXPLICANDO QUE LLE FAI FELIZ

·         MÓVIL CON CARACTERÍSTICAS E GUSTOS PENDURADOS E TAMÉN O SEU NOME

·         BINGOS CON GUSTOS e PREFERENCIAS que representan accións: o alumnado terá imaxes de nenos e nenas que deberá colocar enriba do bingo. por ex. María-pintar con ceras, André-xogar cos coches, Pablo-darlle de comer á moneca, Aitana-escoitar un conto,...

·         DEBUXO DE CARAS POLA MITADE para  BUSCAR A PARELLA

·         LIBRO DOS 5 SENTIDOS OU BOLSAS DOS 5 SENTIDOS (onde dentro coloquemos obxectos suaves, ásperos, ...)

·         CREACION ARTÍSTICA COS NOMES

·         CANCION RAP COS NOMES

·         AMIGO MISTERIOSO-MENSAXES MISTERIOSOS

·         FAROLILLO COS NOMES E GUSTOS-HABILIDADES

·         NOMBRES CON GRÁFICO:

A
N
A
debuxo de moneca
debuxo ou imaxe de
xogar no parque


·         POEMA CON NOME ACRÓSTICO

·         A MIÑA CAIXA CON OBXECTOS QUE ME IDENTIFICAN…E GUSTAN(un coche, chapas, moneca, peluche, ...)

·         POSAVASOS-MANTEIS CON PALABRAS MARABILLOSAS QUE ME IDENTIFICAN (alto, loira, simpática, risueño, traballador, ...)

·         SON UN XENIO EN….(facer pozos coa pala no patio, colocar pezas e facer torres, ordenar a librería, atopar lápices polo chan, facer series, ...)

·         MÓVILES CON BANDERÍN QUE IDENTIFICAN AOS NENOS E NENAS  OU OS DESCRIBEN

·         INICIAIS CON ARTE

·         BINGOS CON DESCRIPCIÓNS (é alto, é loiro, ten un pantalón azul, é traballadora, é moi creativo, ...) QUE O ALUMNADO TEN QUE ADIVIÑAR

·         EMPARELLAR CARACTERÍSTICAS CON FOTOGRAFÍA DE NENOS

jueves, 9 de octubre de 2014

DEIXATE ATRAPAR POLAS PROPOSTAS DE MANUEL JANEIRO

Xa estamos de novo en acción!
Este mes toca deixarnos engaiolar polas propostas literarias de MANUEL JANEIRO, profesor, diseñador, ilustrador e escritor. De tódolos xeitos e, por riba de todo, MANOLO JANEIRO é un mestre para todos nós. 
A súa proposta é un ELOXIO Á LECTURA. Non ofrece un libro ou dos,...ofrece centos!
Cando cae nas nosas mans un libro de Manolo sempre disfrutamos, "vivimos" esas historias ou desexamos ser os protagonistas da trama. A maxia, a dozura, a sorpresa,...sempre aparecen na súa literatura.
De igual maneira, as ilustracións deste artista son auténticas obras de arte e posibilitan unha maridaxe perfecta entre texto e imaxe. A linguaxe visual que este autor ofrece nas súas creacións nos transportan a eses mundos gráficos que moven o corazón, que rachan coa indiferencia.

A continuación, as verbas que este creador ofrece para nós, e que nos leva a un fermoso e marabilloso viaxe sobre a lectura:




Proposta para todas as idades. Eloxio da lectura

Para min, a lectura sempre foi o territorio da liberación, o infinito, o inconmensurable, o eterno. Foi, ademais, a primeira oportunidade que atopei de ser eu mesmo. Non creo que se lle poda ofrecer a ninguén mellor programa que axudalo a se converter en lector. Se agora mesmo falase cun neno universal e imaxinario, diríalle: le e vence ao inimigo. ¿A que inimigo? A calquera: á incerteza, á ignorancia, ao aburrimento, á soidade; incluso á morte. Si, a esa que só é capaz de derrotar o amor e a literatura, e que Andersen chamaba a doncela xeada. Para demostralo atrévome a traducir libremente ao noso idioma a última estrofa do poema O neno moribundo do autor que acabamos de mencionar:

¿Por que apertas as miñas mans?

¿Por que xuntas a túa fazula coa miña?

Está húmida e arde como o lume.

¡Nai, quero ser teu para sempre!

Mais non sigas bagoxando,

Se choras ti, choro contigo.

¡Estou canso! -pechásenme os ollos-

-Nai -¡mira! ¡achégase o anxo e bícame!

Non é casual que traia a estas notas a Hans Chistrian Andersen. É, precisamente o autor que quero recomendar, pero antes gustaríame dicir que, se ben acabo de defender a lectura como instrumento educativo por antonomasia, estou radicalmente en contra da súa "asignaturización". Nada me parece tan terrible como obrigar á lectura, é tan triste como un animal salvaxe nunha gaiola. Detesto esas prácticas docentes que baixo o amparo curricular de "lectura significativa" someten ao neno ao tormento de contestar as preguntas que, cando moito, responden ás lecturas dos "pedagogos". Tipo: "¿por que a princesa non quixo convidar á ra?" Un compoñente esencial da lectura é o pracer, e máis a interpretación diverxente, ¿e como imos sentir pracer cando lemos coa obriga de ter que encher despois un cuestionario? E non digamos nada da pretensión de ofrecer aos nosos nenos textos morais. A chamada literatura infanto-xuvenil, iso que foi ata ben pouco un gran negocio, está repleta de mala escritura. Son textos feitos a medida que desatenden calquera concepto de emoción literaria e que se xustifican pola súa paifoca e pretendida educación en valores. Educar en valores é outra cousa ben distinta á de converter a literatura xuvenil no paradigma da política corrección. Un repertorio de tópicos mal articulados, con nula tensión expresiva e estética, por moito que diga verdades como puños respecto á identidade de xénero, ás familias monoparentais ou ao racismo, non constitúe esa irresistible forza da que goza a verdadeira literatura; a que constrúe lectores. Por suposto que hai excepcións e que pescudando nos catálogos das coleccións infantís e xuvenís atópanse textos magníficos. Non vou citar ningún dos magníficos porque tampouco citei ningún dos deleznables. Pero si que podo expresar unha certeza persoal: o libro infantil que non resiste a lectura dun lector adulto non debería nunca ser recomendado aos lectores de menor idade. A boa literatura infantil sempre foi recoñecida como tal por todo tipo de lectores. Os grandes autores clásicos da literatura infanto-xuvenil non pretenderon selo, non pensaron que existía un tipo de linguaxe literario só apto para menores. Foi todo o contrario, foron sucesivas xeracións de nenos e nenas, de mozos e mozas, as que os elixiron, as que os converteron en predilectos. Foi a recepción, non a produción a que creou a literatura xuvenil. Seguro que todos os que len estas páxina teñen en mente a escritores como Jean Marie Leprince, Robert Louis Stevenson, Charles Dickens, Herman Melville, Rudyard Kipling, Jack London, Lewis Carroll, Xulio Verne o  J. R. R. Tolkien.

O exposto non deixa de ser unha opinión, pero fiel a ela fago a mesma proposta para os nenos que para os adultos. Para ambos segmentos recomendo vivamente ao escritor que xa anunciei: Hans Chistrian Andersen. Ningún dos seus contos en concreto, senón todos. Ou dito de outro modo, os que cada lector prefira. Existe, ao meu xuízo, unha moi notable edición dos Cuentos completos deste autor. Tratase dunha publicación da editorial Cátedra impecablemente introducida, editada, traducida (ao castelán) e anotada polo especialista en filoloxía nórdica Enrique Bernárdez. Ademais da totalidade dos contos de Andersen, incluído o texto autobiográfico titulado: O conto da miña vida sen literatura, recolle unha breve pero significativa antoloxía poética e as extraordinarias e emocionantes ilustracións das primeiras publicacións; debidas aos debuxantes Vilhelm Pedersen e Lorenz Frolich.

Non pretendo eu facer aquí nin en ningures unha aproximación crítica á obra de Andersen. Non me considero capacitado nin é o obxectivo da recomendación. Pero teño para min que nos textos deste autor dáse unha síntese engaiolante entre dúas tradicións: a popular e a culta. Nos seus contos emerxe o sociolóxico, o cotián, o nimio e unha moderna indagación psicolóxica xunto ao marabilloso: o propio dos contos de fadas. De calquera xeito, recoméndoo pola súa intensidade literaria, esa forma de luz tan poderosa que ilumina recunchos escuros de nós mesmos, porque como o propio escritor afirmaba: "No hai asuntos literarios ou non literarios, senón tratamentos literarios de calquera asunto".

Manuel Janeiro.

Gondomar 15 setembro de 2014.