jueves, 19 de octubre de 2017

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN

Que facer cando un neno ou nena ten problemas para unha atención sostida?
Cada ser humanos procesa a información de forma diferente e cada neno-nena centra a súa atención en estímulos, temas, imaxes que lle resultan atractivas, interesantes ou motivadoras. O que interesa aos adultos non sempre interesa aos nenos-as. 
Outro aspecto a ter en conta é que aprendemos coa cabeza, coas mans e co corazón. E, se o noso corazón,  dinos que non sabemos, que o imos facer mal, que se van rir de nós,... xa  non estamos en condicións de querer atender. Os sentimentos, o autoconcepto e a autoestima condiciona os aprendizaxes e a atención.
A atención ás veces se esfuma, se volatiliza, parece que fuxe de nós,...pero SEMPRE refresa.
As familias non debedes alarmarvos e ir ofrecendo ambientes onde sexa posible centrar a atención.
É un proceso  psicolóxico que se pode mellorar e, se logo de tempo poñendo en práctica diferentes estratexias, seguimos tendo as dificultades recurrirase a realizar unha valoración en Neuropediatría.
Debemos ser sistemáticos, perseverantes e facelo de forma cotiá. As accións postas  en marcha 1 día si e 5 non nunca darán resultados.
Outro aspecto a ter presente é que a sobreestimulación non é beneficiosa para centrar a atención. Os espazos deben ter as imaxes precisas (menos é máis), os xogos da tablet ou do ordenador deben favorecer a concentración e non a excitación ou nerviosismo.



ENLACE

QUE FACER CANDO UN FILLO-FILLA NON OBEDECE?


Que facemos cando un fillo ou unha filla de forma reiterada e sistemática non fai caso?
En primeiro lugar, debemos ter en conta a idade e o tipo de relacións que se establecen no fogar.
En segundo lugar, non se debe dramatizar
En terceiro lugar, ter presente que os nenos e nenas non se comportan como os adultos esperan. Están na idade na que están ensaiando, están coñecendo ata onde poden retar aos proxenitores, ...
En cuarto lugar, coñecer, analizar e saber os cambios que desexamos nas conductas  ou comportamentos dos fillos e fillas. E non querer cambiar moitos comportamentos á vez. Prioricemos naqueles que obstaculizan en maior medida as relacións positivas no fogar: ir á cama ou recoller os xoguetes ou sentarse á mesa para o xantar, ...
Interesante visionar a visión de E. Calatayud  no seguinte enlace
DECALOGO DE SITUACIÓNS PARA EDUCAR OU MAL EDUCAR NO CONTEXTO FAMILIAR
A continuación amosamos algunhas estratexias:





miércoles, 11 de octubre de 2017

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE OUTUBRO 2017

Queredes axudar aos vosos fillos e fillas a que desenvolvan aprendizaxes funcionais para a vida?
Pois a continuación tedes diversas posibilidades de acción:
-escoitar en familia pezas musicais
-facer pompas de xabón en familia
-identificar e nomear obxectos do fogar expresando a súa utilidade
-campeonato de memoria,...
Non desaproveitedes esta ocasión de acompañalos a aprender!



PROPOSTAS 1
PROPOSTAS 2

miércoles, 4 de octubre de 2017

APRENDEMOS A PENSAR?


Cando se pretende que un neno ou nena aprenda de forma existosa debemos tamén saber que aprende en función das secuencias didácticas propostas. Unha das finalidades da educación é que nenas e nenos aprendan a pensar, a reflexionar, a cuestionar, a crear, a deliberar, etc. 
Pero para poñer en acción estes modelos de pensamento será necesario que traballemos a través de destrezas e rutinas de pensamento.

Na escola débense deseñar situacións de aprendizaxe en diferentes  ambientes-escenarios-contextos  para que o alumnado APRENDA A PENSAR.  El Aprendizaje Basado no Pensamento -TBL- incide no desenvolvemento de destrezas e rutinas de pensamento que se infusionan no curriculo (Swartz, Perkins, Escamilla)

Non esquezamos que as aprendizaxes competenciais  levan enxeridas saber pensar.

Na aprendizaxe baseada no pensamento, podemos destacar as destrezas e as rutinas de pensamento.

As destrezas de pensamento son segundo Robert Swartz, patróns sinxelos de pensamento axudan a estruturar e analizar a información. En E.I. son interesantes as destrezas que se desenvolven a través de organizadores visuis-mapas visuais.

Exemplos:

  • burbullas de coñecemento,
  • análise asociativa, roda lóxica,
  • CTF (considerar todos os factores),
  • CeR (consecuencias e resultados),
  • círculo intelixente,
  • RPPCS (razoas, pos problemas, contestas, sintetizas)


As rutas de pensamento segundo Perkins (1998) son procedementos, procesos ou patróns sinxelos de razoamento que axudan aos alumnos a aprender a pensar. Algunhas das rutinas que se levan a cabo son:

Vexo, penso e pregúntome,
Antes pensaba… Agora penso… e o titular,
Penso-interésame-investigo,
10 veces dúas,
principio-medio-final,
3,2,1 ponte (3 pensamentos, 2 preguntas, 1 comparación)




  
Outras estratexias para ensinar e aprender a pensar son:

  •  Remuíño de ideas
  • Entrevistas,
  • diálogos,
  • taboleiros das historias,
  • VET (Viaxes no espazo e no tempo)
  • como o fago, como o farei,
  • como son eu como son os demáis,
  • rastrexador de problemas.


PARA SABER MÁIS

ATENCIÓN? QUE É? PARA QUE?



En primeiro lugar establecemos que cada neno-nena, cada ser humano é diferente e procesa a información de xeito diverso. Dende os centros educativos deberemos adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado (art. 3 D. 229/2011). Unha desas características diferenciadoras é a atención.

A maior ou menor atención fai que un neno ou unha nena teña un diferente ritmo de aprendizaxe, ou teña un estilo de aprendizaxe peculiar, ou que non atenda porque non lle interese a temática ou que a súa autoestima estea moi baixa e non sinta a necesidade de aprender pois pense que o fai facer mal ou crea que non sabe.

As veces, cando un neno ou unha nena ten déficit de atención non sempre se pode establecer que exista un TDAH ou TDA. O trastorno por déficit de atención e Hiperactividade non pode ser diagnosticado ata os 6 anos. Por este motivo, debemos buscar e ofrecer estratexias para que os síntomas desaparezan ou no caso da existencia real de TDAH ou TDA  melloren os ámbitos deficitarios.

A atención é a capacidade que permite a un neno ou nena concentrarse na execución dunha actividade dirixida a acadar un obxectivo (arrodear cadrados vermellos, seguir unha serie de números, agrupar certo nº de obxectos, escribir palabras que teñan un T,...). Cando un/a alumno/a presenta un nivel baixo de atención-concentración pode ser por algunha das seguintes causas:
a) ausencia de respostas aos estímulos que recibe ben porque existan estímulos alteradores (barullos, estímulos máis atractivos e motivadores ca os ofrecidos polo profesor/a, etc) ou ben porque os estímulos que lle chegan son irrelevantes.
 b) Falta de motivación no neno-a cara a actividade que implica a atención.
c) Alteracións na zona cerebral na que se integra a atención (hipocampo e corpo caudado).
As dúas primeiras causas serán nas que nos centremos.
Na atención están implicados procesos mentales como a FOCALIZACIÓN que fai referencia ao proceso de centrarse só nun aspecto do ambiente ou só na realización dunha tarefa. Falamos entón atención focalizada.

Outro proceso mental implicado na atenció é o PROCESO SELECTIVO que se activase activa cando un neno ou unha nena ten que focalizar a súa mente nun estímulo  ou tarefa en presenza doutros estímulos ou tarefas variados e diversos e ten que se capaz de non atender a eses distractores que hai ao redor (buscar un boton verde grande nunha caixa de botóns de diversos tamaños e cores. Os outros botóns que non son verdes e grandes son elementos distractores) . Cando ese neno ou nena é quen de inhibir eses distractores falamos de  atención selectiva.

Tamén temos que ter en conta o proceso de DISTRIBUCIÓN que se pon en marcha cando temos que atender a varios estímulos á vez. Esta capacidade para atender a máis dunha cousa ao mesmo tempo e/ou executar dous ou máis tarefas simultáneamente coñécese co nome de atención dividida e/ou distribuida. Por exemplo, escoitar música cantando e realizar os exercicios dunha ficha.

Para finalizar, temos o PROCESO DE MANTEMENTO ou SOSTEMENTO da atención que se produce cando temos que manter a atención nunha tarefa durante períodos de tempo relativamente amplos. Falamos entón de atención sostenida



*    PAUTAS XERAIS PARA DESENVOLVER A ATENCIÓN 

  •  Que durma e descanse o necesario
  • Indagar se descansa pola noite ou está sobresaltrado-a, ten peisadelos,...pois se o sono é inadecuado a atención e a concentración disminue.
  • Vixiar a existencia de problemas respiratorios que repercuten nun sono e descanso nocturno alterado e de falta de calidade e na óptima osixenación.
  • As tarefas deben ter varias fases e estar segmentadas as máis complexas con imaxes visuais empregando pictogramas.
  • As actividades e os pasos -fases para a súa resolución deben ser claras e precisas e acompañadas de referencias visuais a través de pictogramas con secuencias visuais e horarios visuais.
  • Debemos dar tempos pois os tempos dos adultos non teñen nada que ver cos tempos das criaturas.
  • Eliminación de estímulos irrelevantes e de distractores.
  • Non deben existir estimulos sonoros e visuais en exceso
  • O espazo para o traballo individual debe favorecer a concentración
  • Reforzo positivo polos tempos de atención
  • Deseñar actividades para que poida ter éxito
  • Ter en conta as motivacións, intereses, capacidades, habilidades.
  • Dar estratexias para manexar a baixa tolerancia a frustración e a demora da gratificación
  • Ambiente familiar debe ser sereo,  tranquilo, sosegado, ordenado, con "rutinas" pois do contrario existen situacións que os levan a descentrarlos-as. Pautas, normas, límites estables e acordados polos proxenitores
  • Non sobreprotexer en exceso
  • Evitade que vexa a televisión ou que xogue coa tablet, xogar con videoxogos antes de realizar actividades que requiran atención ou antes de ir á escola.
  • Controlade o uso de videoxogos pois non favorecen a concentración en actividades menos atractivas e que implican un maior esforzo mental.
  • Desenvolver actividades ao aire libre
  • Realizar xogos que favorecen a atención: puzzles, dominós, memorys, mini-arco, ...
  • Fomentar a lectura ou audición de contos e promovede que explique imaxes, facer preguntas sobre o que escoitou,...
  • Buscar determinadas imaxes ou palabras en folletos, xornais,...
  • Fomentar que execute "recados" no fogar para realizar tarefas da vida cotiá. Irase incrementando as partes dese recado.
  •  Non sobrecarguedes aos nenos-nenas con tarefas escolares no fogar pois provocará rexeitamento e terá a sensación de sentirse saturado-a. 
  •   Establecer horarios visuais no fogar e na escola para que sempre teña un referente do que fixo e o que lle queda por facer.
  • Establecer actividades no fogar que  teñan que ser desenvolvidas estando sentados-as: dobrar roupa, limpar cubertos, buscar imaxes de alimentos para facer a lista da compra, ler ou mirar un conto,...
  • Habituar ao/a alumno/a-fillo-a á realización de exercicios de respiración antes de executar una actividade que esixa un nivel elevado de atención.
  • Intercalar breves descansos en aquelas actividades que exijan moita concentración. 
  •   Eliminar os estímulos que son irrelevantes respecto á  tarefa que se executa.
  • Realizar breves exercicios de concentración antes de abordar a tarefa (localizar ou identificar letras e números, proseguir una serie, describir un obxecto, etc).
  • As sesións de traballo escolar ordinario deberán ser tanto menores canto menor sexa o nivel de atención que teñen os/as alumnos/as. Esto no quere dicir que se traballe menos, xa que tamén se pode realizar unha nova sesión a continuación dun descanso.
  • A duración das asembleas deberán axustarse ás necesidades do alumnado con falta de atención e poderán realizarse microasembleas.
  • Crear condicións ambientais axeitadas (temperatura, ventilación,iluminación) 
  •  Evitar niveis de activación extremos
  • Control emocional empregando técnicas de respiración, relaxación muscular
  • Progresivo marcaxe de tempos e sub-tarefas que debe ter realizadas. Ampliacións progresivas.
  • Secuenciar as actividades graduándoas en función das curvas de fatigabilidade.
  • Respectar  os tempos de resposta lentos do neno-a.
A continuación poderedes atopar maís información:
PARA SABER MÁIS