domingo, 29 de abril de 2018

ANIMACINE


A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: A POTA QUE TROTA e A PRINCESA DO CAUREL


 
Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces:
 A POTA QUE TROTA 
A PRINCESA DO CAUREL

sábado, 28 de abril de 2018

ENSINAR E APRENDER A PENSAR: MODA OU NECESIDADE



Nesta sesión de radioblog DEIXAMOS A PARTICIPACIÓN de AMPARO ESCAMILLA na ESCOLA DE NAIS E PAIS.
Prestade atención á visión que esta experta en IIMM, COMPETENCIAS CLAVE, ESTRATEXIAS PARA APREDER A PENSAR,... e poñamos en práctica as propostas.
Se queredes saber máis non tedes máis que acceder ao seguinte audio:

viernes, 27 de abril de 2018

NA PROCURA DE NOMES DE ANIMAIS


Con textos de M. Victoria Moreno teremos que localizar nomes de animais. Promóvese a escoita activa, a conciencia fonolóxica, a percepción auditiva, a atención,...

Se queredes desenvolver a actividade deberedes escoitar un audio:
AUDIO

jueves, 26 de abril de 2018

POETICREANDO


Hoxe a nosa proposta para desenvolver a C. Lingüística e a I. Lingüística e verbal parte dun poema de MANUEL MARÍA titulado O ARCO DA VELLA do seu libro OS SOÑOS NA GAIOLA.
Promoveremos a escoita activa. Logo de escoitar esta poesía deberedes facer unha ilustración da mesma e escribir todo o que lembredes da poesía.
Tamén podedes contar as veces que se repite a palabra ARCO ou a palabra VELLA.
O ARCO DA VELLA

miércoles, 25 de abril de 2018

DESCUBRINDO PALABRAS

Con textos de M. Victoria Moreno teremos que localizar determinadas palabras. Promóvese a escoita activa, a conciencia fonolóxica, a percepción auditiva, a atención,...

Para desenvolver a actividade deberedes escoirta o texto:
AUDIO

LOCALIZANDO PALABRAS NOS TEXTOS DE M. VICTORIA MORENO


Con textos de M. Victoria Moreno teremos que localizar determinadas palabras. Promóvese a escoita activa, a conciencia fonolóxica, a percepción auditiva, a atención,...

NA PROCURA DE PALABRAS

FREEMAN: UN ESTUDIO DE ALTAS CAPACIDADES

Existen moitos estudios e investigacións relacionados con alumnado de altas capacidades.
A continuación, un estudio de JOAN FREEMAN que resulta muy interesante para poder tener criterios para toma de decisiones sobre medidas de respuesta a esta tipología de alumnos o alumnas.


PENSANDO COAS FROITAS

Nesta proposta debemos facer pensar ao alumnado sobre a tipoloxía de froitas e as súas características. Temos unhas burbullas de pensamento onde se rexistrarán as semellanzas e outras burbullas onde se rexistran as diferenzas.
Amáis o alumnado terá que realizar unha gravación describindo os pasos realizados.








martes, 24 de abril de 2018

PESCUDANDO ADXECTIVOS

Hoxe seguimos traballando cos adxectivos, coas cualidades das persoas.
Partiremos dos nomes de cada neno-nena ou dos membros da familia e teremos que asignarlle un adxectivo, unha cualidade que o defina.
Existe innumerables adxectivos: alto, baixo, alta, baixa, alegre, divertida, asustada, enfadada, intelixente, locuaz, temerosa, temeroso, traballadora, traballador, ... 
Se queredes desenvolver a proposta debedes premer no enlace do audio:

ARTEMATICAMENTE

Presento unha experiencia creada por TERESA NEIRA do CEIP PÍO XII de SANTIAGO.
Titúlase ARTEMATICAMENTE.
Cos seus recursos disfrutaredes e aprenderedes sobre as posibilidades de integración das matemáticas e a arte contextualizado as aprendizaxes e facéndoas activas, creativas, globalizadas, interdisciplinares,...
Se queredes saber máis premede no seguinte enlace
 ARTEMATICAMENTE

lunes, 23 de abril de 2018

PENSANDO COS ADXECTIVOS


A partir dos versos de M. Victoria Moreno, escritora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018,  que aparecen no seu libro E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS? identificaremos que son os adxectivos e  inventaremos moitos para atribuirlle á cadela ALMA.
Se queredes desenvolver a proposta deberedes escoitar o seguinte audio:

ORACIÓNS E ORACIÓNS


No audio desta sección teremos que identificar o número de palabras que teñen as oracións.
Deben prestar atención para realizar unha escoita activa e descubrir cantas palabras teñen as oracións.

domingo, 22 de abril de 2018

PROYECTO EDIA


 
O Proxecto EDIA (Educativo, Digital, Innovador y Abierto) de CeDeC promove e apoia a creación de dinámicas de transformación dixital e metodolóxica nos centros para mellorar as aprendizaxe do alumnado e promover novos modelos metodolóxicos e de ensinanza nos centros educativos.

EDIA ofrece un banco de contidos educativos para Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional ligados a metodoloxías activas e ao fomento da competencia dixital na aula.
O proxecto EDIA promove ademáis a creación de redes de profesorado para favorecer a innovación na aula e a incorporación polos docentes das tecnoloxías da educación e a información ao ensino.

Para saber máis debedes premer no seguinte enlace:

LECTURAS PARA O DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro facemos propostas de lectura sabendo con certeza que ler e ter entre as mans un libro desenvolve a imaxinación, a creatividade, a competencia lingüística, a atención,...pero tamén permite soñar, pensar.

Iniciaremos con propostas de poesía:

     
   

   

Propostas para ler e emocionarse:

   

   

   


A edit. KALANDRAKA fai as seguintes propostas:


Da Edit. OQO propoñemos:

   

   

Propostas de traballo:
  • escoitar un audio con textos e/ou parágrafos
  • escoitar un audio con versos de poemas 
  • rescribir o texto 
  • buscar a rima de cada verso
  • ilustrar
  • mesturar versos de varios libros e crear un poema loco e sen sentido
  • localizar protagonistas de libros
  • trocar o final por outro
  • identificare comparar títulos longos e curtos
  • localizar e comparar oracións longas e curtas
  • identificar e elexir as palabras que máis gustaron
  • localizar e comparar parágrafos 
  • discriminar estrofas en poesías
  • identificar adxectivos nos textos
  • identificar símiles


Pescudando nos versos de M. Victoria Moreno

O reto de hoxe na nosa sección de Radioblog é descubrir nunha audición nomes de animais.

Se queredes desenvolver este reto só tedes que premer no enlace do audio.

👂
"Descubrindo nomes de animais"

ANIMACINE


A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: A VIAXE DAS BOLBORETAS e CHOCOLATA





Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces:
A VIAXE DAS BOLBORETAS
CHOCOLATA

sábado, 21 de abril de 2018

SILABAS E DICIONARIO

Hoxe o reto nesta sección é CONSTRUIR PALABRAS con sílabas.
As sílabas elexidas CA CO CU
Se queredes desenvolvelo non tedes máis que premer no enlace do audio:
CREANDO PALABRAS

ANIMACINE

A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: O SULTAN E OS RATOS e OLLOBRUSCO




Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces:
O SULTAN E OS RATOS
OLLOBRUSCO

viernes, 20 de abril de 2018

PENSANDO E RAZONANDO COAS REGRETAS

Hoxe a proposta de regretas vai encamiñada a traballar a regreta do 10, unha decena, e tamén a unión  da regreta do 10 coa regreta branca, a regreta do 10 coa regreta vermella,...
Se queres facer este reto coas regretas debedes escoitar o seguinte audio:
PENSANDO E RAZONANDO COAS REGRETAS

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS COAS REGRETAS

Hoxe a nosa proposta coas regretas é buscar diferentes formas de descompoñer o número 8 empregando as regretas. Para resolver este reto deben observar, analizar, aplicar e tamén aprenderán a colocar etiquetas de números, e a realizar operacións matemáticas cos datos obtidos. Promoverá este exercicio o cálculo mental.
Se queredes realizar este reto debedes premer no enlace do audio:

ANIMACINE

A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: TRES OSOS, SAL E AZUCRE




Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces:
TRES OSOS
SAL E AZUCRE