martes, 10 de abril de 2018

INTELIXENCIA MUSICAL

INTELIXENCIA MUSICAL
Gardner establece que os seres humanos teñen múltiples intelixencias. Esta circunstancia fai que os docentes debamos ser diseñadores de situacións de aprendizaxe para que esas intelixencias poidan medrar no alumnado. Estas intelixencias son as fortalezas  para o alumnado e delas debemos partir. Dicir que existen múltiples intelixencias debe ser admitir que o alumnado aprende de forma diferente. Por este motivo, as propostas didácticas deben ser diversificadas tendo como referentes estas intelixencias. Non esquezamos que integrar Intelixencias Múltiples e Competencias Clave en paisaxes de aprendizaxe é unha das propostas metodolóxicas que debemos poñer en acción.

Hoxe a viaxe detense na INTELIXENCIA MUSICAL  para referenciar algunhas das habilidades e destrezas inherentes a esta intelixencia:
-habilidade para identificar diferentes instrumentos
-facilidade para percibir diferentes sons
-interese polas audicións musicais
-capacidade para transformar pezas musicais
-habilidade para reproducir creacións musicais cambiando melodía, ritmo, instrumentos,...
-interese para cantar cancións
-interese por crear bailes ou coreografías
-habilidade para distinguir distintos xéneros musicais
-capacidade para reproducir ritmos e estilos musicais
-habilidade para identificar sons ambientais
-capacidade de crear cancións e melodías,...

Algunha das actividades que se poden realizar poden ser:
-escoitar bandas sonoras en diferentes momentos do día
-crear melodías con diferentes instrumentos
-elexir cancións e describir instrumentos, letras, contido,...
-análizar letra de cancións e establecer a temática
-usar vocabulario musical
-ilustrar cancións
-reproducir sons do ambiente
-realizar gravacións de sons do ambiente
-cantar diferentes cancións
-escoitar diferentes tipos de música: rap, ópera, zarzuela, pop, ...
-representar pezas musicais
-elexir pezas musicais realizando argumentación
-pescudar sobre as preferencias musicais da familia, do grupo de compañeiras-os,...
-narrar contos, poemas cantados
-experimentar con diferentes instrumentos
-crear instrumentos musicais
-establecer momentos de audicións de música clásica ao longo do día ou xornada escolar
-diferenciar os sons de diferentes instrumentos
-identificar as características dos instrumentos
-categorizar instrumentos,...