Hoxe escribiremos sobre a lectura e a escritura pero antes é poreciso coñecer algúns dos factores que favorecen ese proceso ou que poden actuar como obstáculos:
PROCESOS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO LECTO-ESCRITOR
De forma cotiá expoñemos que para ler e escribir o
alumnado ten que estar ben lateralizado e co esquema corporal adquirido. Pero
hoxe sábese que son moitas as capacidades e habilidades que inflúen no proceso.
· -
Procesamento perceptivo
· -
Procesamento léxico
·
-Procesamiento semántico
·
-Procesamento do texto
·
-Elaboración da mensaxe
·
-Textualización
·
-Percepción e
discriminación visual e auditiva
· -
Memoria visual
· -
Esquema corporal
·
-Orientación espacial e
temporal
· -Lateralidade
· -
Coordinación visual e
motriz
·
-Coordinación óculo-motriz
· -Orientación
espacio-temporal
· - Memoria visual
· -
Ritmo
·
-Análise e síntese visual e
auditiva
· -
Habilidades auditivas e
visuais
· -
Memoria cinestésica
· -
Adquisición da linguaxe
oral
·
-Habilidade grafomotriz
· -
Habilidade analítico-sintética
·
-Capacidade de atención
·
-Capacidade de establecer
relacións espacio-temporais
· -
Simbolismos e aptitudes psicolingüísticas.
· -
Resistencia á fatiga.
· -
Facultade de memorización e de evocación inmediata.
· -Habilidades para realizar actividades de segmentación e manipulación: segmentar
e aillar palabras, sílabas, fonos, tarefas de adición, omisión, comparación
silábica e fonémica,...
Amáis, é necesario abordar a lectura e a
escritura de forma global, integral, lúdica, significativo, multisensorial, fomentando
aprender a conocer, aprender a hacer, aprender a estar y convivir y aprender a
ser.
Os métodos e enfoques deben ser
integrados para crear un método "personalizado" para o grupo de
alumnado pois a rixidez metodolóxica nunca leva a dar resposta á diversidade do
alumnado en canto a intereses, capacidades, competencias, estilos e ritmos de
aprendizaxe, realidades culturais, sociais e familiares.
-Eleximos 2 portadas de contos:
-Agora analizamos os títulos: nº de palabras, se son oracións ou non, título longo ou curto, personaxes que poden existir na historia, editorial, escritora ou escritor, ilustrador ou ilustradora, cores que aparecen,...
-Tentamos ler o título ou adiviñar o título
-Reflexionamos sobre os títulos e indagamos se son oracións ou non
-Escribimos ou copiamos os títulos empregando folios ou o ordenador
-Se temos un listado de títulos longos e curtos podemos completar ese listado con estes 2 novos títulos
-Descubrir e debuxar as palabras do título
-Inventar outros títulos: LA LUNA JUGUETONA, LA LUNA AMARILLA, LA LUNA SILENCIOSA,...O SEÑOR CORPO QUERE XOGAR, O SEÑOR CORPO QUERE CANTAR, ...
-Elexir a palabra dos títulos que máis lle gusta a cada neno-nena para ir recheando o noso banco de palabras máxicas dos contos
-Fotocopiar ou escanear unha páxina do libro e separar as palabras, contar o número de palabras, localizar a primeira e a derradeira palabra, rescribir-copiar-escribir de novo, identificar a palabra máis curta e a máis longa, extraer unha palabra e integrala noutras frases,...
-Recoñecer se existe parte dialogada polo uso de guións,...