Cando estamos deseñando secuencias a través TAREFAS INTEGRADAS debemos ter en conta que temos que integrar CCCC, Modelos de pensamento, procesos cognitivos, IIMM.
Esta integración reflexiva, planificada e consciente promove unha aprendizaxe a través de PAISAXES DE APRENDIZAXE.
PARA DESENVOLVER UNHAS APRENDIZAXES COMPETENCIAIS
DEBEMOS PARTIR DA transversalidade, do dinamismo
e dun carácter integral das
diferentes áreas de coñemento.
De igual maneira debemos ter como referente que
debemos desenvolver diferentes modelos de pensamento como o reflexivo, analítico,
lóxico, analóxico, crítico, deliberativo, creativo,práctico, sistémico e que as
nosas secuencias didácticas deberán promover que o alumnado poña en
funcionamento variados procesos cognitivos como COÑECER, COMPRENDER, APLICAR,
ANALIZAR, SINTETIZAR, AVALIAR E CREAR (Taxonomía de BLOOM revisada por Anderson y Krathwohl
(2001):
O TRABALLO POR TAREFAS INTEGRADAS SON AXEITADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DESTE TIPO DE APRENDIZAXES POIS FAVORECEN PESCUDAR, DEBATIR, COMPARAR, CREAR, IDENTIFICAR, COMPRENDER,...