viernes, 28 de febrero de 2020

USO DOS MÓVILES NA ETAPA INFANTIL

No FARO de VIGO do día 20 de febreiro aparece escrito os efectos das tecnoloxías na vida dos nenos e nenas.
O titular é xa significativo.
Unha investigación da Universidade de Santiago establece que o uso dos móviles nunca debe facerse antes dos 13 anos.
O experto en adiccións RIAL BOUBETA establece que antes de esas idades estamos poñendo en mans de nenos e nenas inexpertos e inmaduros unha serie de elementos que teñen riscos potenciais e a unha idade na que no están preparados. Tamén expón o risco de crear conductas adictivas.
Por outro lado, pode conlevar a incrementar as tasas de ciberacoso.
Un dato importante é o que a Rial lle preocupa: FALTA SUPERVISIÓN E CONTROL PARENTAL no ouso dos móviles ainda a partir dos 13 anos.
A idades temperás as criatura sestán empregando e accedendo a contidos en absoluto inocuos e senn ningín tipo de control, supervisión ou acompañamento parental.


viernes, 21 de febrero de 2020


Pensando en artellar xuntos unha nova educación estivo na Radio Municipal de Tui Catherine L´Ecuyer para falarnos da importancia de que as criaturas non perdan a posibilidade de asombrarse, base da motivación e do interese por aprender, que non permitamos privar a nenos e a nenas de coñecer a realidade e non coñecer esa realidade a través das pantallas.
Ao longo da entrevista puxo de manifiesto que a sociedade do s. XXI está frenética, sobrestimulada e moi teledirixida e estamos perdendo ou deixando de lado a posibilidade de que fillos e fillas ou o noso alumnado poidan asombrarse.

Tamén estableceu que matar o asombro dun neno é darlle todo o que quere sin darlle a oportunidade de desexalo. 
Os dous libros, EDUCAR NA REALIDADE e EDUCAR NO ASOMBRO, forman un pack indisoluble.
Finalmente argumenta que non se pode educar sin ter en conta as relacións interpersonais.
Se queredes escoitar de novo o programa debedes premer na seguinte imaxe:
 

https://drive.google.com/open?id=161clD_gAmXxNKq2WvPdhWAygpDSaSXyJ

lunes, 17 de febrero de 2020

CINE EN FAMILIA FEBREIRO 2020

O cine segue ollando para nós e nós atopámonos retratados en moitas historias.
As propostas de cine para este mes
Cine en familia con alumnado de E.I. son:


Cine en familia con nenos e nenas de E.P.:
E para as familias temos:




jueves, 13 de febrero de 2020

DISLEXIA/DEA, VALORACIÓN E METODOLOXÍA


VALORACIÓN

Áreas para a avaliación psicopedagóxicas
Expresión e comprensión oral
Expresión escrita
Habilidade lectora
Comprensión lectora
Cálculo matemático
Razonamento

PASOS A SEGUIR
1-Demanda de avaliación psicoeducativa e/ou psicopedagóxica AO XEFE-A D.O.
2-Desenvolvemento da propia avaliación,
O desenvolvemento xeral da alumna ou do alumno (Orde 31 outubro 96/ D.229/2011 art.34)
Situación escolar:
◦ Historia escolar, Estratexias e estilo de aprendizaxe, Competencia curricular nas distintas áreas ou materias, Proceso evolutivo (embarazo, parto, desenvolvemento)
 As características do contexto escolar:
Organización xeral do centro e da aula, Estratexias e estilo de ensino,Características e relacións que se establecen no grupo clase:
As características do contexto socio-familiar
A avaliación neuropsicolóxica das capacidades ou aptitudes:
• Psicomotricidade
• Cognición
• Linguaxe
• Aprendizaxes instrumentais
• Desenvolvemento socio-emocional
3. Conclusións, onde se especifiquen, segundo a citada Orde do 31 de outubro de
1996, as necesidades educativas da alumna ou do alumno e se oriente sobre o
axuste da intervención educativa, considerando tanto os recursos persoais como os
materias necesarios para axustar a proposta curricular e facilitar o seu
desenvolvemento persoal, familiar e social.

4. Redacción do informe psicopedagóxico (orde 31 outubro 96/ D.229/2011 art.35)
Datos persoais e familiares, desenvolvemento xeral, aspectos relevantes proceso e-a, influencias contexto socio-familiar, identificación de necesidades, orientacións para a proposta curricular e para o desenvolvemento persoal e socio-familiar

5. Información dos resultados e das orientacións
DOCENTES
FAMILIAS
ALUMNO-A

METODOLOXÍA XERAL
-Deseñar camiños variados para aprender.
-Identificar as fortalezas e empregalas para mellorar as competencias do alumnado.
• Valorar as diferenzas individuais.
• Utilizar modelos colaborativos, tarefas integradas, traballo por proxectos,
aprendizaxe-servizo.
• Preparar materiais e estratexias adaptadas á diversidade do alumnado.
• Fomentar a aprendizaxe con actividades da vida real.
• Prestar unha atención permanente ao desenvolvemento emocional do
alumnado.



METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN ALUMNADO
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN CENTRO
Coñecemento da natureza da dificultade específica da aprendizaxe e das repercusións desta no seu desenvolvemento e no seu funcionamento escolar.
• Descubrimento e reforzo dos seus puntos fortes (habilidades, destrezas).
• Recoñecemento das medidas de atención á diversidade que se están poñendo ao seu dispor.
• Establecemento de metas realistas, alcanzables.
• Adquisición e uso de estratexias de autocontrol e relaxación.
• Desenvolvemento da auto-responsabilidade na vida diaria, co coñecemento e uso de rutinas.
• Coñecemento do seu ritmo de aprendizaxe e do proceso que segue para aprender.
• Planificación do seu horario de traballo, tendo en conta os tempos dos que dispón e as súas preferencias.
• Uso dunha axenda na que anotar as tarefas escolares, os exames, os recados, as notas, etc.
• Asegurarse de que conta cos materiais necesarios para o traballo e/ou estudo, colaborando entre os compañeiros e compañeiras.
• Adquisición de hábitos de estudo eficaces: buscar un sitio onde se traballe cómodo e sen elementos de distracción; practicar a realización de resumos, esquemas, mapas conceptuais; etc.
• Adestramento en estratexias para mellorar a memoria, con regras mnemotécnicas propias que favorezan o almacenamento e a recuperación da información.
• Adestramento en auto-instrucións.
• Uso de carteis e notas de cores das cousas que soe esquecer.
• Demanda ao profesorado das explicacións necesarias das cousas que non entende.
• Mellora no uso e no coñecemento das distintas ferramentas informáticas e audiovisuais en canto facilitadoras da aprendizaxe.
• Uso dun dicionario que conte co alfabeto enteiro nas marxes.
Establecer liñas metodolóxicas, a nivel de centro e de etapa educativa, que favorezan a aprendizaxe do alumnado con estas dificultades.
• Consensuar no centro a elección dos métodos de lectura e de escritura a empregar, así como a temporalización das aprendizaxes.
• Potenciar ao máximo a coordinación e transición entre as distintas etapas, especialmente o tránsito de educación infantil -por ser onde se inicia a prelectura e a preescritura- e os primeiros cursos de educación primaria, onde xa se aborda a aprendizaxe da lectura e da escritura propiamente ditas.
Promover plans de formación permanente do profesorado (PFPP) de cara á reflexión sobre aspectos metodolóxicos e a incidencia dos mesmos nas dificultades específicas da aprendizaxe.
• Fomentar a información e a formación do profesorado sobre estratexias para a atención na aula do alumnado con dificultades específicas de
aprendizaxe.
• Establecer, de xeito claro, as propostas para a atención ao alumnado con dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.
• Dotar as aulas de medios tecnolóxicos actualizados e fomentar o seu emprego.
• Sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre aspectos relacionados coas dificultades específicas da aprendizaxe e as respostas educativas posibles.
• Empregar as axendas escolares, sobre todo nos primeiros cursos da ensinanza obrigatoria.
• Poñer en marcha un programa de detección temperá das dificultades específicas da aprendizaxe.
• Optimizar os recursos humanos do centro para a atención ao alumnado con dificultades específicas da aprendizaxe
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN EQUIPO DOCENTE
a. RESPECTO DA MOTIVACIÓN E DA AUTOESTIMA DO ALUMNO OU DA ALUMNA:
• Facerlle saber que coñece as súas dificultades, polo que se lle van proporcionar recursos para que no seu proceso de aprendizaxe teña as mesmas oportunidades cós seus compañeiros e compañeiras.
• Planificar algunha tarefa ou actividade na que destaque, proporcionándolle recoñecemento ante os compañeiros e compañeiras. Comentar con el ou con ela os recursos que lle van axudando e resultando útiles, valorando as melloras que vai tendo e corrixindo os posibles erros.
• Non dar os resultados das cualificacións en voz alta.
• Facer observacións positivas sobre o seu traballo, reforzando aquilo que necesita mellorar.
b. RESPECTO DA AULA E DAS TAREFAS:
• Colocar ao alumno ou á alumna nun lugar no que poida recibir a maior cantidade de información de forma correcta así como para que o profesorado poida comprobar que esa información lle chega ben e a interpreta de forma adecuada.
• Asegurar que a elección dos compañeiros e das compañeiras, cando se organicen traballos en grupo, se realice de forma equitativa, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento de todos eles e elas, tanto desde o punto de vista curricular como social.
• Escribir os puntos clave e as palabras novas ao principio da clase, para axudarlle a seguir as explicacións, usando unha tipoloxía (sarakanda, arial, etc.) que defina ben cada letra e un tamaño (12 ou 14) e un interliñado (1,5 ou 2) que facilite a súa lectura. É aconsellable que o fondo do texto sexa en cor crema ou pastel suave, pero non en branco, para evitar que resulte deslumbrante.
• Utilizar apoios visuais (mapas conceptuais, esquemas, organizadores gráficos, …) que lle permitan relacionar os conceptos novos coa experiencia previa.
• Proporcionar con antelación o material escrito necesario para seguir a clase, tendo en conta a dificultade deste alumnado para tomar notas e, ao mesmo tempo, atender as explicacións.
• Verificar que ten todo o material e os apuntamentos necesarios para o estudo.
• No caso de practicar lecturas en voz alta, proporcionarllas con suficiente antelación para que as poida preparar, evitando, deste xeito, tensións que menoscaben a súa autoestima.
• Asegurarse que entende as tarefas, polo que é adecuado dividilas, variar o formato e verificar a súa comprensión. Non dubidar en repetirlle e explicarlle as cousas as veces que sexa necesario.
Proporcionar instrucións, tanto orais como escritas, claras, concisas e secuenciadas en pasos.
• Permitir o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula (calculadoras, gravadoras, tabletas, lectores electrónicos, dicionarios, ortografía, texto para os programas de voz, audio libros, ...), que poden ser ferramentas moi útiles.
• Corrixir as tarefas de forma individualizada co alumno ou coa alumna, valorando os traballos polo seu contido e non pola súa forma, e non abusando da cor vermella nas correccións. Mellor usar cores non
“prohibitivas”, dar sempre a palabra ou a resposta correcta e evitar tachar os erros -preferiblemente rodealos-.
• Darlle todo o tempo que necesite para terminar as súas tarefas.
• Fomentar o uso de axendas e/ou calendarios, comprobando que a información anotada é correcta.
• Non limitarlle a súa actividade a tarefas simples, pero si dosificarlle a cantidade de traballo, tendo en conta que lle levará máis tempo facelo có esto do alumnado, tanto na casa como na clase. O equipo docente coordinará e organizará a cantidade de traballo que se lle pode mandar para a casa diariamente.
• Facer observacións positivas sobre o seu traballo, sen deixar de sinalarlle aquilo no que necesita mellorar e a forma de facelo.
• Na medida do posible, evitar que teña que copiar o enunciado dos exercicios, para non consumir o tempo que necesita para entendelos e para dar as respostas.
• Permitirlle o uso do ordenador para entregar traballos escritos.
• Adaptar os libros de lectura ao nivel lector do alumno ou da alumna e ás súas preferencias.
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN FAMILIAS
En xeral:
• Axudarlle a que aprenda a organizar o traballo, a que saiba calcular canto tempo lle supoñerá realizar as tarefas escolares ou preparar un exame, prevendo as pausas para evitar a fatiga excesiva. Recorrer a
axendas visuais das diferentes actividades, tarefas, etc.
• Axudarlle a que sexa capaz de organizar os materiais necesarios para as clases diarias e para as actividades extraescolares.
• Utilizar códigos de cores para favorecer a localización das cousas que necesita.
• Axudarlle a xestionar a súa axenda, de forma diaria e semanal.
• Facer xogos de memoria simples, para axudarlle a preparar exames, e regras mnemotécnicas, para lembrar regras ortográficas, etc.
• Axudarlle a facer mapas conceptuais para mellorar as súas técnicas de traballo intelectual.
• Utilizar recursos informáticos e técnicos adecuados ás súas dificultades.
b. En educación infantil:
• Aproveitar calquera situación da vida cotiá para espertar a curiosidade dos nenos e nenas por todo tipo de texto escrito: literario, funcional e de información ou consulta.
• Falar e escoitar ao seu fillo ou filla, utilizando unha linguaxe rica e expresiva.
• Interesarse polo que fixeron na escola.
• Prestar atención ás preguntas dos nenos e nenas sobre a lectura, mesmo antes de que empecen a aprender formalmente a ler e a escribir.
• Practicar a lectura en voz alta de contos e outro tipo de textos: libros «ilustrados» sobre animais, adiviñas, trabalinguas, xogos de palabras, poesías, etc; achegando o seu fillo ou filla aos mundos maravillosos creados pola literatura.
• Conectar o que len co que sucede na vida cotiá.
• Cantarlles cancións, lerlles libros de rimas e dicirlles trabalinguas divertidos. Estes axudan a que os nenos e nenas se volvan sensibles aos diferentes sons que conteñen as palabras. Pódense utilizar monicreques para facer a actividade máis atractiva.
c. En educación primaria:
• Continuar coas suxestións recomendadas para educación infantil.
• Presentar a lectura como unha maneira divertida e emocionante de ocupar o tempo libre.
• Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre estará ao seu lado para axudarlle, que logrará avances aínda que lle custe moito e que poderá contar con axuda específica para iso.
• Valorar os seus progresos na lectura.
• Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
• Suxerir lecturas, non obrigar a ler.
• Ser paciente co ritmo de lectura do seu fillo ou filla. O mellor que pode facer este ou esta é ler detidamente cada palabra. Como pai ou nai evitar animarlle a adiviñalas. Favorecer o hábito da lectura. A mellor maneira de facelo é poñelo en práctica cada día. É recomendable dedicar todos os días un tempo á lectura en contextos lúdicos, tales como a lectura compartida ou lectura de contos.
• Practicar xogos diversos que axuden a desenvolver a conciencia fonolóxica (dominó de letras, encrucillados, vexo-vexo, palabras encadeadas).
• Traballar en todo momento en colaboración co profesorado.
• Axudarlle a planificar as tarefas longas.
• Realizar actividades para fomentar a comprensión: que lle conte o que leu, prediga o que cre que pasará na historia, faga preguntas ou aclare termos, etc.
• Servir de modelo e ler. Os nenos e nenas imitan o que ven e valoran o que os adultos fan. Ir á biblioteca con frecuencia, onde hai actividades para toda a familia (lectura de contos, ordenadores, axuda coas tarefas e outros eventos para o goce de toda a familia).
• Dar apoio emocional e social: aumentar a súa autoestima reforzando os seus éxitos e os seus logros, recoñecendo o seu esforzo.
• Axudarlle a distribuír as tarefas escolares de acordo a un plan de traballo, plasmándoo de forma visual.
• Na casa, poñer os libros ao alcance dos seus fillos e fillas, de forma que poidan ler unha e outra vez os que lles gusten (non é sempre necesario comprar libros, poden ser de préstamo ou intercambiados con familiares e amizades).
• Converter a lectura nunha actividade de cada día.
• Falarlles durante as comidas e noutros tempos en que a familia estea xunta. Os nenos e as nenas aprenden mellor as palabras cando as oen frecuentemente.
• Aproveitar toda oportunidade para presentarlle palabras novas e interesantes.
• Preguntar ao profesorado de que forma se lles pode axudar.

AVALIACIÓN CURRICULAR
SEMPRE desde os principios de AVALIACIÓN CONTINUA, GLOBAL E FORMATIVA
RECOMENDACIÓNS: Extraordinario coidado do desenvolvemento psicolóxico, do terreo emocional. E para iso o alumno ou a alumna ten que saber, ten que experimentar que o profesorado coñece e comprende a súa realidade, que lle vai axudar en todo o que precise, que lle vai a conceder todo o tempo necesario, que vai permitir que manifeste a súa competencia da forma que mellor lle resulte, pero que tamén lle vai esixir esforzo e rendemento acorde ao seu potencial.
Asegurarse de que entenden o que se lles demanda. E para iso hai que explicarlles, verbalmente ou polo medio que mellor se adapte, as tarefas que se propoñen. E explicárllelas tantas veces como sexan necesarias.
Este proceso é independente de que saiban a resposta ao que se lles demanda. Primeiro hai que asegurarse de que comprenden o que se lles pide.
• Na medida do posible, usar a avaliación oral en lugar da escrita, pois o traslado da información, tanto na escritura como nas operacións, posiblemente non reflicta as súas competencias. Se este alumnado é máis competente na comunicación verbal non debe haber ningún problema en que sexa ese medio o usado na maioría dos procesos de avaliación dos seus coñecementos, da súa competencia curricular.
Cando se use a forma escrita para avaliar, evitar preguntas que requiran unha resposta moi elaborada. Mellor optar por preguntas de SI/NON, de VERDADEIRO/FALSO, de PASO A PASO, de RESPOSTA CURTA, etc., e non penalizar os posibles erros ortográficos ou ser tolerantes con eles. Igualmente, débeselles permitir que expliquen oralmente o que escribiron ou querían escribir.
• Facilitarlles, con suficiente antelación, toda a información necesaria sobre o modelo de exame, a súa estrutura, a forma de complementalo, etc.
• En sesións de traballo colaborativo, usar a avaliación grupal como recurso, onde afloran as fortalezas de cada quen.
• Darlles todo o tempo que necesiten para rematar tarefas e, de ser o caso, dosificárllelas, repatírllelas no tempo. Tamén é conveniente adecuar o formato (tipoloxía -sarakanda, arial, etc.- que defina ben cada letra, tamaño -12 ou 14- e interliñado -1,5 ou 2-) e resaltar as palabras clave (utilizando negriñas en lugar de subliñados e de cursivas), de xeito que facilite a súa lectura e comprensión.
• Evitar que teñan que copiar as preguntas dun exame, dárllelas impresas e en “monodoses” (cada pregunta, cada operación a realizar debe diferenciarse do conxunto ou da globalidade da actividade). O mesmo, sempre que sexa posible, nas tarefas do día a día.
• Evitar as dobres negacións na formulación das preguntas.
• Corrixirlles e comentarlles persoalmente as súas producións, as súas elaboracións, usando todo tipo de exemplos e de forma reiterada.
• Permitirlles o uso das tecnoloxías da información e da comunicación en todas as tarefas posibles, especialmente como apoio ás súas dificultades na escritura e no cálculo. Táboas de multiplicar, calculadoras, táboas periódicas, etc. deben estar ao dispor do alumnado en todo tipo de probas de avaliación.
• Evitar as connotacións negativas nas correccións das súas tarefas, explicándolles o que debían contestar e como podían facelo.
• Axustar a cantidade de tarefas ao que se pretende comprobar, medir, avaliar. Non se trata de simplificar as tarefas senón de axustar a cantidade e o medio, e ser coherentes na progresividade da complexidade ou dificultade.
• Manterlles o mesmo nivel de esixencia có resto do alumnado. O que deben ser distintos son os procedementos, os tempos, etc. Permitirlles o uso de esquemas, de gráficos e de todo aquilo que facilite a súa comprensión.
• Axudarlles a revisar todas as respostas nas probas ou tarefas escritas.
• Distribuír adecuadamente as probas específicas de avaliación, con suficiente antelación e evitando a coincidencia de varias no mesmo día.
• Valorar, de forma relevante, o traballo do día a día, o esforzo, a actitude, etc. Considerar o conxunto do proceso, non só o resultado.

SEGUIMENTO  DA INTERVENCIÓN
-A nivel de alumnado.
-A nivel de equipo docente.
-A nivel do departamento de orientación.
-A nivel da familia.

RECURSOS TIC
         a. Dispositivos:
Escáner portátil, que permite converter documentos de texto en documentos editables e, ao mesmo tempo, pode traducilos e, incluso, reproducilos en audio.
• Libro electrónico, nos que se pode modificar o espaciado, o formato de letra e, nalgúns casos, converter o texto a voz.
• Portátil ou tablet con corrector ortográfico, gravadora de voz, formato de texto, etc.
• Calculadora, moi útil para asegurar a correcta realización das operación unha vez que se domina a súa mecánica.
b. Programas ou aplicacións que facilitan:
• Modificar formatos, corrixir automaticamente, etc.
• Converter textos a voz e voz a texto.
• Elaborar mapas conceptuais.
• Mellorar a velocidade lectora.
• Incrementar o vocabulario.
• Mellorar a ortografía.
c. Outros recursos:
• Páxinas web do Ministerio de Educación e Formación Profesional e das consellerías de educación das distintas comunidades autónomas.
• Xogos educativos.
• Webs de asociacións de dislexia (exemplos: https://agadix.es, http:// plataformadislexia.org, etc.)
• Webs de departamentos de orientación de centros educativos (exemplos: orientacionandujar, PTsansuena, etc.).Páxinas web que permiten descargar distintas fontes para facilitar a Lectura  (exemplos: https://opendyslexic.org, https://www.dafont.com/es/).