O vindeiro 18 de febreiro estará nas ondas da RADIO MUNICIPAL DE TUI Catherine L´Ecuyer para falarnos dos seus dous libros:
EDUCAR NO ASOMBRO e EDUCAR NA REALIDADE
Con ela aprenderemos a importancia das interaccións interpersonais, das interaccións coa contorna para que sexan quen de emocionarse, de ser empáticos, de non estar deficitarios na realidade.
Por outro lado ofreceranos argumentos para que nenos e nenas disfruten do lecer, do descubrimento do mundo, da beleza,.... fronte a educación a través das pantallas, da programación frenética de múltiples actividades sen posibilidade de acougo, de tranquilidade e incluso de "aburrirse" (canto educa a posibilidade de aburrirse!)
Esta sesión está organizada polo Dto. Orientación do CRA MESTRA CLARA TORRES e conta coa colaboración da RADIO MUNICIPAL e CONCELLO DE TUI