CARACTERÍSTICAS
Dificultades
na lectura 0-6 anos. Características
|
Dificultades
na lectura E.P. dislexia. Características
|
Pobreza
de vocabulario e expresión verbal, así como comprensión verbal
baixa.
•
Omisións de fonemas, sobre todo en sílabas compostas e inversas. Confusións
de fonemas na linguaxe espontánea, que, ademais, adoita ser
pouco
nítida.
•
Inversións de fonemas nas sílabas ou de sílabas nas palabras.
•
Escasa conciencia fonolóxica á hora de identificar os sons constitutivos
de
palabras monosilábicas, bisilábicas ou trisilábicas; para localizar un
mesmo
son en palabras diferentes; etc.
•
Atraso na estruturación e coñecemento do esquema corporal.
•
Dificultades na coordinación.
•
Dificultades para diferenciar dereita-esquerda.
• Dificultades na estruturación
espazo-temporal.
|
Substitucións:
substituír unha letra por outra (por exemplo: rota-sota) ou unha palabra por
outra coa que garda certa similitude visual e/ou fonética (por exemplo:
pirámide-primavera), ou semántica (por exemplo: cego-mudo).
•
Inversións estáticas ou rotacións: cambiar unha letra por outra ao rotala - en
espello- (por exemplo: p- b; p-q; q-b; m-w; n-u).
•
Agregados ou adicións: engadir letras, sílabas ou palabras inexistentes (por
exemplo: pataca-patacas; flan-falán).
•
Omisións: suprimir unha letra, principalmente a final de palabra e nas sílabas
compostas; suprimir sílabas, palabras ou liñas -salto de liña- (por exemplo:
espela-espuela; panaría- panadaría).
•
Alteracións secuenciais ou inversións dinámicas: modificar a secuencia correcta
das sílabas directas, inversas ou compostas (por exemplo: golbo-globo).
•
Contaminacións: cando se produce unha mestura de dúas palabras (por exemplo:
paxaro roxo-paxaxo).
Disociacións:
fragmentar unha palabra de forma inconsistente. (por exemplo: encerado; ence
rado).
•
Reiteracións de sílabas: repítense certas sílabas (por exemplo: pelolota por
pelota; cociciña por cociña).
-lentitude,
falta de ritmo e perda de liña.
A
partir dos 9 anos os nenos e as nenas con dificultades lectoras adóitanse
quedar nun nivel de lectura mecánica, lendo con gran esforzo para descifrar
as palabras e decodificar correctamente o texto, o que lles cansa e acaba
afectando á comprensión do mesmo.
|
Dificultades
na escritura-disortografía. Características
|
Tipos de
disortografía. Características
|
Erros
de ortografía natural, necesaria para establecer a correcta asociación
fonema-grafema, dando lugar a unha maior dificultade para escribir
pseudopalabras que palabras.
•
Erros de ortografía arbitraria, necesaria para escribir palabras inconsistentes
que non se axustan a regra algunha, dando lugar a maior número de erros na
escritura de palabras irregulares e homófonas.
•
Erros de ortografía regrada, necesaria para escribir correctamente de acordo
coas normas da lingua.
As
características específicas da disortografía inclúen os seguintes erros:
•
Erros Lingüístico-perceptivos:
-
Substitucións polo punto e/ou modo articulatorio.
-Omisións
e adicións de fonemas, sílabas ou palabras.
-
Engadido de fonemas, sílabas e palabras.
•
Erros Viso-espaciais:
- Substitucións de letras que se
diferencian pola súa posición espacial (p/q).
-Escritura
en espello.
-Confusión
de palabras con fonemas que admiten dobre grafía.
-
Omisión de letras sen correspondencia fonética.
•
Erros Viso-auditivos:
-
Dificultades na asociación grafema-fonema.
-
Erros de contido: dificultades de segmentación.
- Erros no manexo das regras de
ortografía.
|
Disortografía
temporal: a persoa mostra inhabilidade para a percepción clara e constante
dos aspectos fonémicos da cadea falada, coa súa correspondente tradución
fonémica, e a ordenación e separación dos seus elementos.
b)
Disortografía perceptivo-cinestésica: o déficit céntrase nunha inhabilidade
para analizar correctamente as sensacións kinésicas que interveñen na
articulación. Esta incapacidade impide á persoa repetir con exactitude os
sons escoitados, xurdindo substitucións polo punto
e
modo de articulación dos fonemas.
c)
Disortografía cinética: neste tipo de disortografía atópase alterada a secuenciación
fonemática do discurso. Tal dificultade, para a ordenación e secuenciación
dos elementos gráficos, xera erros de unión-separación.
d)
Disortografía viso-espacial: consiste nunha alteración na percepción distintiva
da imaxe dos grafemas ou conxuntos de grafemas.
Aparecen, pois, rotacións ou inversións
estáticas (p/b, d/q),
substitucións
de grafemas con formas parecidas (m/n, o/a) e
confusión
de letras de dobre grafía (b/v, g/j).
e)
Disortografía dinámica: neste caso, aparecen alteracións na expresión
escrita
das ideas e na estruturación sintáctica das oracións. Con todo, estas
dificultades denomínanse, a miúdo, disgramatismo.
f)
Disortografía semántica: atópase alterada a análise conceptual, necesaria
para o establecemento dos límites das palabras, así como o uso dos elementos
diacríticos ou signos ortográficos.
g)
Disortografía cultural: radica nunha grave dificultade para a aprendizaxe da
ortografía convencional ou de regras.
|
Disgrafía.
Características
|
Dificultade
nas matemáticas. Características
|
Unha
postura gráfica inadecuada.
•
Un soporte inadecuado do útil escritor.
•
Deficiencias en prensión e presión.
•
Ritmo escritor inadecuado -demasiado rápido ou moi lento-. Tamaño das letras,
excesivamente grande -por movementos anómalos do brazo e collendo o lapis moi
alto-, ou pequeno -por movementos
exclusivos
de dedos e sostendo o lapis moi abaixo-.
•
Forma das letras, que pode depender do sentido das unidades rítmicas encargadas
de controlar o movemento gráfico, ou ben do seu tamaño, inclinación e
espaciado. En ocasións, as persoas con disgrafía distorsionan ou simplifican
as letras, de tal forma que estas resultan
irrecoñecibles
e os seus escritos, practicamente indescifrables. Inclinación, que pode
observarse tanto a nivel da liña -aliñación-, como a nivel da letra. En
moitos casos, estes erros pódense deber a unha excesiva inclinación do papel
ou a unha falta total da mesma, o que tampouco é recomendable.
•
Espaciado das letras ou das palabras, con situacións nas que as letras poden
aparecer desligadas unhas doutras, ou todo o contrario; é dicir, apiñadas e
ilexibles, o que tamén pode suceder coas palabras. Neste caso, mesmo se
confunden os límites entre os distintos vocábulos, ao non respectar os
espazos de forma adecuada. Estas unións indebidas entre os grafemas poden
deberse ao descoñecemento dos mesmos ou
aos
movementos necesarios para a súa execución -xiros e rotación da man-.
•
Trazos, dado que o tipo de trazo depende, en gran medida, da presión exercida
sobre o lapis e da pinza escritora -soporte do lapis-. Os trazos poden ser
esaxerados e grosos, ou demasiado suaves, case inapreciables.
|
Emprego
reiterado dos dedos para contar e para realizar certos cálculos, sobre todo
de suma e resta.
•
Dificultades para contar cara atrás, que son máis evidentes se se fai en secuencias
impares.
•
Dificultades para realizar cálculos aproximados.
•
Erros persistentes na transcrición de números ditados.
•
Dificultades no manexo simbólico de cifras grandes, como os centenares e os
millares.
•
Escasa memorización das táboas de multiplicar, con frecuentes
confusións.
•
Resolución de problemas a modo de ensaio-erro e por tenteo ou aproximación,
non fundamentando, razoablemente, as operacións que se deben aplicar nun
problema.
-Dificultades
os procesos precepto-motrices (orientación espacial e discriminación) e os
cognitivos (procesos de simbolización, comprensión e razoamento).
Dificultades
na adquisición do concepto de número, que afectan á capacidade para
establecer unha correspondencia recíproca entre distintas actividades que
gardan relación co significado dos números (por exemplo: asociar
número-obxecto), á transcrición correcta dos números
(confusións,
rotacións e inversións) e ás seriacións.
•
Dificultades co cálculo na realización das operacións aritméticas básicas, que
non teñen automatizadas e non manexan de maneira mecánica.
Tampouco
teñen interiorizados os símbolos matemáticos.
•
Dificultades cos sistemas de medida e a súa representación, non logrando
comprender o concepto de medida nin as súas implicacións.
Ademais,
mostran dificultades cos valores, as equivalencias e as relación entre as
medidas. Tampouco son capaces de realizar esquemas, gráficos
ou
representacións das medidas.
•
Dificultades para a resolución de problemas matemáticos, pois, fundamentalmente,
teñen dificultades iniciais para acceder á súa comprensión, así como para
captar os interrogantes e atender aos datos que achega. Cústalles ordenar a
secuencia para a súa resolución, e tampouco teñen adquirida a lóxica
resolutiva nin a de comprobación de resultados.
•
Dificultades coa álxebra e coa xeometría, pois non comprenden os símbolos,
mostrando dificultades cos termos alxébricos e xeométricos, así como coa
resolución de problemas derivados deles.
|