martes, 15 de diciembre de 2020

CINE, CINE PARA EMOCIONAR

 



Rematamos esta travesía polo cine de animación da Editorial OQO para seguir disfrutando, imaxinando, creando ... con:
Poñédevos en situación de mirar ese cine que nos mira en familia e disfrutade!

lunes, 14 de diciembre de 2020

LENDO, LENDO

 


Coas lecturas aprendemos, disfrutamos, creamos, imaxinamos, soñamos ...

As propostas lectoras para E. Infantil levaranos de viaxe pola maxia das historias, polas historias que rachan cos estereotipos de xénero ou como a xeometría tamén está nos contos.




Para o alumnado de E. Primaria as propostas lectoras escritas por mulleres son:




Para que as familias acompañen ao seus fillos e fillas nas travesías lectoras propoñemos:




Agora a disfrutar da lectura en familia!

jueves, 10 de diciembre de 2020

CINE DE ANIMACIÓN EN FAMILIA

 


Co cine se crea, co cine se disfruta, co cine se imaxina ...

Disfrutade en familia do visionado dese cine que nos mire.

Poñédevos en situación do visionado das propostas de cine de animación.

RATO TOM E RATA TOMASA

SAL E AZUCRE

TRES DESEXOS

A disfrutar!

martes, 8 de diciembre de 2020

sábado, 5 de diciembre de 2020

SENTINDO O CINE DE OQO

 



Seguimos ofertando cine de animación para disfrutar en familia!
Poñédevos en situación de visionar cine!
As propostas de hoxe son: 
Agora a disfrutar da arte da animación!
 
 


jueves, 3 de diciembre de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL DECEMBRO 20

 


Rematamos o ano con novas propostas para  aprender en familia a ser autónomos, críticos, reflexivos, creativos, dialogantes ...

Teredes a oportunidade de coñecer a unha MESTRA DE SEMPRE: AURORA GONZÁLEZ NEIRA.

Poderedes descubrir recantos da vosa zona e ainda que existan limitacións pola COVID a viaxe pode ser virtual.

En E.I. buscaremos palabras con determinados fonemas, escoitaremos palabras en inglés, deseñaredes felicitacións de Nadal, realizaredes búsquedas de xoguetes en moi bó estado para agasallar a Cáritas, colaborar no adorno da mesa para recibir a membros da familia, crear audios para felicitar as festas, ler en familia, crar cuñas sobre películas, recetas ...




MES DE DECEMBRO 20 EDUCACIÓN INFANTIL

En E.P. centrarémonos na creación de PODCAST ou bolas de neve, valorar o ano que remata, colaboración co banco de alimentos da zona, deseñar agasallos para a familia, elaborar unha guía de lectura sobre un libro ...




MES DE DECEMBRO 20 EDUCACIÓN PRIMARIA

DÍA PARA TODOS: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 



Estas persoas están, estas persoas son, estas persoas emociónanse, estas persoas senten, estas persoas fan, estas persoas conviven ....

Non me gusta a palabra DISCAPACIDADE xa que son CAPACES de todo: AMAR, SENTIR, SORRIR, ABRAZAR, MIRAR ...

Son persoas que teñen un mundo de posibilidades e ás que debemos ofertar OPORTUNIDADES para o LIDERADO e EMPODERAMENTO destas persoas para que o seu desenvolvemento social e persoas sexa equitativo, inclusivo, sostible e que TODAS E TODOS estén SEMPRE.

Rachar coas DESIGUALDADES e das BARREIRAS das persoas con diversidade funcional é o noso RETO: 

Un proxecto de cidade, de pobo, de barrio ... comprometido coa inclusión, debe identificar todas aquelas posibles barreiras que impiden e ou dificultan a accesibilidade e participación de todos e todas  na vida educativa e no contexto social. 

A continuación, citamos algunhas desas barreiras que poden dificultar a dita participación e ás que deberemos prestar especial  atención para poder abordalas:

  • Barreiras sociais
  • Barreiras físicas
  • Barreiras sensoriais
  • Barreiras cognitivas
  • Barreiras estruturais
  • Barreiras comunicativas
  • Barreiras curriculares
  • Barreiras emocionais
Por todas e todos vós!
Polo voso presente e futuro! 


CINE PARA SENTIR DE OQO

 




Agora podedes ter outra sesión de cine en familia!
Poñédevos en situación!
Transformade o salón nunha sala de cine!
Agora a disfrutar dese cine que nos mira!