lunes, 31 de diciembre de 2018

POEMAR O MAR



Atréveste a ler e a escribir co texto de POEMAR O MAR de GARCÍA TEIJEIRO
Poderedes invertar, crear diálogos, ilustrar, contar palabras, identificar palabras curtas e longas, gravar ou falar sobre o que estarían pensando as personaxes,...

POESÍA QUERE O MAR

domingo, 30 de diciembre de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL XANEIRO 2019




O mércores 19 presentouse no CEIP PINTOR LAXEIRO os calendarios competenciais de E.P.  e de E.I. para o ano 2019.

PRESENTACIÓN

Xa rematou o ano 2018 e o ano 2019 trae as sorpresas mensuais de cine, literatura, tarefas corresponsabeis, propostas de receitas saudables, planificación de gastos, roteiros pola contorna, ceas en familia, debates en familia sobre temáticas diversas,...
EDUCACIÓN INFANTIL



EDUCACIÓN PRIMARIA
Mes de xaneiro 1
Mes de xaneiro 2

martes, 25 de diciembre de 2018

POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS




Atréveste a ler e a escribir co texto de POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS de FRAN ALONSO.
Poderedes invertar, crear diálogos, ilustrar, contar palabras, identificar palabras curtas e longas, gravar ou falar sobre o que estarían pensando as personaxes,...
POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS

miércoles, 19 de diciembre de 2018

CALENDARIOS COMPETENCIAIS 2019




Hoxe preséntanse no CEIP PINTOR LAXEIRO de Vigo os calendarios competenciais que deseña e crea o Dto. Orientación do CRA MESTRA CLARA TORRES de Tui e  que se editan e imprimen coa colaboración da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Esta andaina principiou alá polo ano 2010. E xa estamos coa edición do 2019.
Son uns calendarios “COMPETENTES” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes funcionais para a vida.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
O fío conductor será a visibilidade da importancia da muller na sociedade deste século en diferentes ámbitos:
-ciencia
-cine
-literatura
-fotografía
-música
-xornalismo,...
Tamén as propostas de Literatura infantil , xuvenil e de adultos estará escrita por mulleres. 

As propostas de cine xiran en torno a historia de mulleres e/ou dirixida por mulleres.


Todas as propostas serán  o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo, corresponsable, de  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, deseño de cronograma de tarefas corresponsabéis no fogar, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva, debates en familia sobre temáticas diversas,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que estes calendarios favorezan o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.
Agradecer a colaboración e implicación de mestras e mestres que fan posible que tamén se desenvolvan estas actividades nas aulas.
Estes calendarios non serían posible sen o apoio incondicional da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e de @maisqueideas
 

martes, 18 de diciembre de 2018

LENDO E ESCRIBINDO CON: PASENIÑO, PASENIÑO (BUSCO NA PRAIA TRES CARACOLAS)


https://drive.google.com/file/d/1kvinE5jrt-NDDGLoez1A0WeQJpHBYpqx/view?usp=sharing


Este libro é un libro de poemas do poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
O poema titúlase: BUSCO NA PRAIA TRES CARACOLAS. Na poesía buscaremos versos, palabras, estrofas, inventaremos títulos, indagaremos sobre as caracolas, ...
Tamén poderás resolver moitos RETOS.

Atréveste a mergullarte coas caracolas?

lunes, 17 de diciembre de 2018

RODANDO

En decembro tamén o calendario competencial realiza propostas de cine. Cine que nos reflicte historias, cine que nos mira.
As propostas para espectadores infantís son:



 Cine para adultos:

A sentir! A emocionarse!

LER, LER, LER

As propostas para ler neste mes de Nadal que aparecen no CALENDARIO COMPETENCIAL son:
LITERATUTA E. INFANTIL

 LITERATURA PARA E. PRIMARIA




 LITERATURA DE ADULTOS


Lembrade que a lectura dun libro promove imaxiñar, soñar, sentir, emocionarse, rir, ...

sábado, 15 de diciembre de 2018

TECENDO AS REDES DAS INTERACCIÓNS NOS CENTROS EDUCATIVOS

O papel que teñen as familias na educación dos seus fillo se fillas e innegable e insustituible.
Pero os fillos e fillas non veñen con manual de instruccións e, por este motivo, é necesario promover accións e estratexias para guiar esa educación. Os departamentos de Orientación dos centros educativos e os E. Directivos deben ser os encargados de posibilitar estas accións.
Se queredes saber máis sobre diferentes aspectos que promovan un aprenndizaxe das familias e do profesorado sobre:
  •  REALIDADE SOCIAL, PERSOAL, ESCOLAR, EMOCIONAL DAS FAMILIAS NO S. XXI
  • QUE DEBEN APRENDER FILLOS E FILLAS/ALUMNOS-ALUMNAS entre os 6-12 anos?: Piares da educación: aprender a coñecer, a facer, a convivir e a ser. Farei fincapé na importancia de aprender a vivir xuntos (Intelixencia interpersoal) e a ser (intelixencia intrapersonal-emocional). Consciencia emocional, autocontrol e autorregulación, autoestima, autoconcepto, autopercepción,..
  •     ESCENARIOS DE APRENDIZAXE
  • QUEN EDUCA? EDUCACIÓN versus INSTRUCCIÓN: finalidade da educación familiar, compoñentes das aprendizaxes. Rol parental.
  • DEBERES E DEREITOS DAS FAMILIAS CON RESPECTO AO E. DIRECTIVO, E. DOCENTE, D. ORIENTACIÓN: respectar, a dar información, a participar, a coñecer e apoiar o proceso educativo dos fillos e fillas, coñecer aos seus fillos, preocuparse por coñecer o funcionamento do centro, colaborar na mellora da convivencia e na prevención de conductas contrarias á convivencia, ...
  • DEBERES E DEREITOS DO EQUIPO DOCENTE CON RESPECTO ÁS FAMILIAS: a escoitar, a respectar, a guiar, a orientar, a formar,...ao alumnado e as familias.
  • NORMAS E REGRAS PARA A CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA: deberes e dereitos, asunción de responsabilidades, rol de cada membro                  
  • ESTILO EDUCATIVO PARENTAL POSITIVO, CREATIVO E ASERTIVO: diálogo familiar, unificación de criterios, escoita activa, afecto, empatía, amor, tranquilidade, coherencia, ...
  • ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLICTO
  •     CONSENSO FAMILIA-PROFESORADO NA RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

Descargade o seguinte CÓDIGO QR

martes, 11 de diciembre de 2018

LENDO E ESCRIBINDO CON: LUEIRO DE PAPEL

https://drive.google.com/file/d/1ZNftu2txcUWdsbzsLLusu6eM8Nyd0nP0/view?usp=sharing

A poesía elexida deste libro do poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO titúlase LÚA NENA.
Indagarase sobre que é a lúa, buscaremops palabras para rimar, inventaremos diálogos, contaremos versos e palabras de versos,... e tamén teremos RETOS.
Animádesvos a viaxar coa lúa?
LÚA NENA

martes, 4 de diciembre de 2018

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES: UNHA MODA PASAXEIRA?



Nos derradeiros anos, no ámbito educativo, andamos ás voltas coas Intelixencias Múltiples. A cuestión radica se cremos que existe unha única intelixencia ou varias. Se os seres humanos teñen unha única capacidade ou diferentes capacidades. As capacidades veñen determinadas polas posibilidades de interacción e de aprendizaxe que se realicen. En cantos ambientes ou escenarios de aprendizaxe desenvolvemos a nosa vida. a investigación, a indagación, a resolución de problemas, a experimentación favorecen o desenvolvemento de capacidades diversas. 
PARA SABER MÁIS:


XOGOS E XOGUETES



Todas as nenas e nenos teñen a necesidade de xogar e divertirse. Os xoguetes e os libros son instrumentos que posibilitan o dereito ao xogo na infancia de nenas e nenos.
Xogar favorece o desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social e motriz.
Xoguetes e libros favorecen a súanecesidade de moverse, curiosear, crear, relacionarse, expresarse, intercambiar vivencias, accións e pensamentos. En definitiva, a súanecesidade de estar e de vivir no mundo. Aomesmo tempo, os xogos, juguetes e contos son instrumentos que socializan, que estimulan a comunicación, que serven para a evolución social, individual e social, inculcan ideas, crenzas, valores sociais, expectativas, necesidades, ofrecen modelos de actuación, ensinan a solucionar conflitos, esbozan un mundo máxico e proporcionan unhafonte de imaxinación e creación.  Xogar con xoguetes ou ler un libro son un medio imprescindible para promover e favorecer a educación das emocións, dous afectos, a fantasía, a creatividade, linguaxe, articulación, as relacións, a discriminación visual, desenvolvemento do control corporal, relación co espazo, 
Todos estes elementos inflúen profundamente na construción da personalidade e identidade das persoas nas súas primeiras etapas de vida. Por iso, debemos ser conscientes do importante papel que desempeñan xogos, xoguetes e contos no desenvolvemento de nenas e nenos.



QUÉ DEBEMOS PREGUNTARNOS ANTES DE ELEXIR UN XOGUETE?

·         Que ou cales son as capacidades que pon en actividade.
·         Que imaxes ofrece a caixa, o envoltorio ou a publicidade do xogo.
·      Cal é o motivo polo que o noso fillo ou filla pediunos ese xogo ou xoguete: moda, procura de aprobación do grupo, cores, anuncio rechamante...
·         Que roles ofrece desenvolver o xogoou o xoguete.
·         Que valoración ofrece o propio xogo/xoguete dos roles que ofrece (positiva/negativa).
·         Que representación simbólica mediante imaxes ou sons teñen as figuras masculinas e femininas.


GUÍA PARA O DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DE NENAS E NENOS
Os xoguetes que elixamos, deben ser adecuados ás súas idades e deben permitirlles o desenvolvemento das capacidades asociadas á súa idade. Se ademáis queres estimular un aspecto concreto como o movemento, a linguaxe, a creatividade ou a memoria, débense ter en conta que obxectivos traballa o xoguete. A elección do xogo e o xoguete ten unha gran importancia.
Outro aspecto a ter en conta é que o xogo compartido cos adultos e con outras nenas e nenos favorece que aprendan a negociar, consensuar, tomar decisións e iniciativas, ceder e compartir responsabilidades. Inventar xogos con eles e amosarlles os nososxogos favoritos da infancia resulta imprescindible para crear vínculos afectivos con eles.
Co xogo as nenas e nenos asimilan os valores da familia, vivencian a autorregulación e o control da conducta, aprenden as regras da sociedade e, en definitiva, acadan pouco a pouco o desenvolvemento da súa vontade, a autonomía e a expresar os seus sentimentos.
É necesario tamén facer fincapé en que debemos ensinarlles a recoller e gardar os xogos e xoguetesdespois de úsalos e hai que colaborar con eles nestatarefa.

ALGUNS ASPECTOS PARA TER EN CONTA NA ELECCIÓN DUN XOGUETE

·         Que poidan xogar con el nenas e nenos indistintamente.
·         Que evite a transmisión de estereotipos sexistas e non potencie a violencia.
·         Que facilite poder xogar coas demais persoas, a comunicación entre os e as participantes e que fomente as relacións entre iguais.
·         Que favoreza a axuda entre iguais e non a rivalidad nin a competitividad.
·         Que o xogo evite a competitividade esaxerada, non fomente a agresividade e facilite as relacións entre nenas e nenos.
·         Que potencie relacións cooperativas de axuda, que se poida alcanzar un mesmo obxectivo ou propósito entre todos e todas (pasalo ben)
·         Que con el poida xogar calquera neno e/ounena e non só quen teña habilidades moi específicas (que non exclúa a ninguén).
·         Que sexa divertido, motivador e que esperte o desexo de xogar.
·         Que desenvolva a imaxinación e a creatividade.
·         Que estimule a súacuriosidade, o seu interese por investigar e que permita á nena ou o neno descubrir novas posibilidades no xogo.
·         Que potencie a capacidade de pensar e a resolución de problemas.


EXEMPLIFICACIÓN DE XOGUETES E XOGOS:

XOGOS E XOGUETES FAVORECEDORES DA SOCIALIZACIÓN:
-xogos de mesa: parchis, oca, lince, memory, naipes, dominó,...
XOGUETES PARA O MOVEMENTO
-patíns, triciclos, bicicletas, monopatíns, ...

XOGOS E XOGUETES PARA A CONSTRUCCIÓN

 XOGUETES PARA O XOGO SIMBÓLICO E IMITACIÓN DE ROLES (empregados por nenas e nenos): casiñas, supermercado, carpintería, talleres de mecánica, costureiras, garaxes, bonecas, médicas e médicos, granxas, disfraces,…

XOGOS DIDÁCTICOS: desenvolven determinadas habilidades, competencias ou procesos psicolóxicos como a atención, memoria, percepción visual, auditiva, razonamento, habilidades sociais: memorys, ensartables, encaixables, dominós, lotos, bingos, contos, quebracabezas,...

XOGUETES MUSICAIS que favorecen o ritmo e a percepción auditiva: pandeiretas, guitarras, teclados, xilófonos, baterías,...

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO: trens con briks de leite, bonecas e bonecos con caixas ou cartóns, coches con caixas de zapatos, monicreques con calcetíns vellos de cores,...

XOGOS ELECTRÓNICOS: xogos de ordenador, tablet, robot,... pero usados con "sentidiño"  e moderación e coa supervisión dos adultos para facer un xogo compartido.

 
Xogade e disfrutade moito xogando cos vosos fillos e fillas!