miércoles, 19 de diciembre de 2018

CALENDARIOS COMPETENCIAIS 2019




Hoxe preséntanse no CEIP PINTOR LAXEIRO de Vigo os calendarios competenciais que deseña e crea o Dto. Orientación do CRA MESTRA CLARA TORRES de Tui e  que se editan e imprimen coa colaboración da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Esta andaina principiou alá polo ano 2010. E xa estamos coa edición do 2019.
Son uns calendarios “COMPETENTES” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes funcionais para a vida.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
O fío conductor será a visibilidade da importancia da muller na sociedade deste século en diferentes ámbitos:
-ciencia
-cine
-literatura
-fotografía
-música
-xornalismo,...
Tamén as propostas de Literatura infantil , xuvenil e de adultos estará escrita por mulleres. 

As propostas de cine xiran en torno a historia de mulleres e/ou dirixida por mulleres.


Todas as propostas serán  o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo, corresponsable, de  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, deseño de cronograma de tarefas corresponsabéis no fogar, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva, debates en familia sobre temáticas diversas,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que estes calendarios favorezan o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.
Agradecer a colaboración e implicación de mestras e mestres que fan posible que tamén se desenvolvan estas actividades nas aulas.
Estes calendarios non serían posible sen o apoio incondicional da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e de @maisqueideas