sábado, 18 de julio de 2015

REVISTA PADRES Y MAESTRO

A continuación un enlace da publicación REVISTA PADRES Y MAESTROS. é un referente noo eido da educación e ten diversas temáticas pero de reseñar a sección EDITORIAL e CINE E TRANSVERSAIS. 

http://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros

viernes, 17 de julio de 2015

CINE EN FAMILIA

Estamos no verán e nestas datas ir cos fillos ao cine pode ser unha boa alernativa de lecer.
Dendes este blog recomendamos:


E para o mes de agosto: 
Este film de PIXAR é un brillante estudio sobre as emocións. PETE DOCTER  (xa traballou en TOY STORY) estivo 5 anos creando esta película e interesouse por como pensamos, como tratamos aos demáis, en como actuamos,...
Tomando as súas palabras: "...é para que a entendan nenos de 7 a 9 anos, para que se divirtan os de 3 anos ou para que se emocionen os de 76.
Unha película protagonizada por ALEGRÍA, TRISTEZA, MIEDO, IRA Y ASCO que son as emocións que controlan a vida de RILEY cando se enfrenta a un cambio de cidade, de escola, de amigos.

miércoles, 15 de julio de 2015

PROXECTO ATLÁNTIDA GALICIA

A continuación amosamos o enlace dunha web que pretender ser unha fiestra a novos aprendizaxes, novas visións de educación vivenciadas por un grupo de profesionais da educación de Galicia de E.I., de E.P. e de ESO e BACHARELATO no sentido de comunidades profesionais de integración curricular.
PROXECTO ATLÁNTIDA GALICIA

jueves, 9 de julio de 2015

A ORTOGRAFÍA DAS EMOCIÓNS

Julia Fernández experta en educar os sentimentos, dende os sentimentos establece que as persoas, os seres humanos que teñen un control emocional  son quen de sobrevivir mellor e son capaces de xerar cuestións positivas  pois saben o que lles gusta,  o que lles apetece,...


No seu libro plasma diferentes historias que falan de emocións, de sentimentos.
As propostas traballan a ansiedade, o medo, os nervos, o temor, o estrés,... pero tamén a ledicia, o benestar, a felicidade, o optimismo, a fantasía,....
Palabras da autora que vai en busca da felicidade: "Percorrín moitos mundos na busca da felicidade, e ela estaba ahí, agochada en mín”. Esta es una de las reflexiones que aparecen en los relatos del libro “Pequenas historias. Para falar de emocións e sentimentos” (Galaxia) que acaba de llegar a las librerías. La idea central del libro es que también se puede enseñar a ser feliz y a controlar las emociones y cuanto antes se haga mejor"
A Editorial apunta o seguinte:
 "Sabemos como explicar Xeometría ou Historia da Arte, pero como falar de sentimentos? Como abordar a complicada mestura que nos nace dentro do corazón coas emocións provocadas polos acontecementos, os pensamentos, os amores, as esperanzas, en definitiva, por todo o que nos vai pasando na vida?
Neste libro, a autora, profesional da educación de longa experiencia (traballou durante moitos anos en aulas hospitalarias), explícanos como abordar o complexo mundo das emocións e dos sentimentos para, ademais de saber como tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor.
Un texto útil que nos permitirá entendernos mellor.
A parte final do libro, ademais, contempla unha fermosa sorpresa literaira e artística..."
.

lunes, 6 de julio de 2015

RESPOSTA Á DIVERSIDADE: APRENDIZAXES UNIVERSAIS

As escolas deben ser INCLUSIVAS e unha das estratexias máis relevantes a ter en conta é dar respostas á diversidade dende o propio currículo e isto solo se acada con APRENDIZAXES UNIVERSAIS que se deben diseñar nos centros nas diferentes propostas didácticas.
 Tal como aparece reflectivo en diferentes documentos do MEC-INTEF:
"Se debe partir de la consideración de que cada alumno tiene su propia base de conocimientos, un ritmo de aprendizaje propio, diferentes expectativas e intereses, etc., por lo que difícilmente, a través de una única forma de concebir la cultura (currículo planificado de forma rígida e idéntico) y a través de un único libro (por muy completo que sea) se puede considerar las peculiaridades de cada alumno.
Según Arnaiz (2003), un currículo abierto a la diversidad de los alumnos no es solamente un currículo que ofrece a cada uno de ellos lo que necesita de acuerdo con sus capacidades, cultura o género. Ni tampoco es un currículo que incorpora alguna unidad didáctica relacionada con las distintas etnias, la igualdad social o el papel de la mujer, por ejemplo.
Es un currículo que se plantea a todos los alumnos para que cada uno aprenda quiénes son los otros y que debe incluir, en su conjunto y en cada uno de sus elementos, la sensibilidad hacia las diferencias que hay en la escuela"

PARA SABER MÁIS:
http://www.uis.unesco.org/Education/Documents/lmtf-report-2-exec-sum-sp.pdf
http://www.educadua.es/doc/dua/dua_pautas_intro_cv.pdf
http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/126/cd/pdf/m10_ei.pdf