viernes, 28 de febrero de 2014

CONTACONTOS CREATIVOS EN FAMILIA: AVÓS

SESIÓN: 7 DE marzo, aula de BALDRÁNS, 18 HORAS



 Presentámosvos  unha nova proposta literaria infantil. Titúlase  AVÓS
Os datos técnicos son:

Autor: Chema Heras

Ilustradora: Rosa Osuna

Editorial  KALANDRAKA

Neste fermoso conto trabállase fundamentalmente a emoción do AMOR.

SIPNOSE:

Nunha tarde de primavera haberá unha festa no campo da feira. O AVÓ convida á AVOA a botar uns bailes. A avoa parece que non ten moitas ganas de "menear o esquelete" pero.........

Irán á festa? as festas son para os avós e avoas?

Acompáñanos na aula de Baldráns o venres día 7 de marzo ás 18,30 horas onde teremos de contacontos a mamás da aula de CALDELAS.

O proceso empezará por pensar e reflexionar sobre as imaxes da portada e facer fincapé no autor e ilustradora. Tamén nos deteremos na contraportada.  A continuación dialogaremos sobre quen son os nosos avós e avoas, que tipo de parentesco teñen con nós, como nos amosan o seu cariño, que fan por nós,...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


Se queredes ler, escoitar ou coñecer a GUÍA DE LECTURA do conto a modo de caza tesouros literarios deberedes premer aquí:
Contos para durmir 2

DEIXATE ATRAPAR POR,...AS PROPOSTAS LITERARIAS DO SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

SECCIÓN: PROMOCIÓN DA LECTURA FAMILIAR

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES.

A sección mensual DEIXATE ATRAPAR POR….. inicia o seu camino coas as propostas literarias do SR. Conselleiro de Cultura e Educación.

D. Jesús Vázquez Abad  ficou atrapado na súa infancia pola obra  de X. NEIRA VILAS,  MEMORIAS DUN NENO  LABREGO

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

XOSÉ NEIRA VILAS

·                    Se “Memorias dun neno labrego” é un libro que me ten engaiolado é porque con él cheguei a experimentar a fascinación polo máis auténtico, polo máis sinxelo, polo máis próximo, desde a inocencia e a sinceridade do mundo da infancia. E me segue a seducir porque nos fala de quen somos e de onde vimos, e o fai desde esa confesión inicial que o autor nos crava no corazón desde o primeiro momento: “Son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di un ninguén”.
·                    O que máis me chama a atención é como Balbino é capaz de dar respostas sinxelas á preguntas complicadas. Respostas sinxelas e sinceras que nos descobren a verdade da nosa orixe: a verdade dos nosos avós, das nosas nais e dos nosos pais. Por isa proximidade consegue emocionarme, e por iso eu tamén estou convencido de que os galegos somos todos un pouco Balbino.
·                    Por todo isto, o libro de Neira Vilas é emocionante, un libro que él mesmo non pensou para os nenos, pero que os nenos o fixeron seu, como ven sucendendo con tantos clásicos que pasaron a chamarse “clásicos xuvenís”.
Na súa etapa adulta deixouse atrapar pola marabillosa obra A ESMORGA de E. BLANCO-AMOR e escríbenos os motivos que o levaron a esa elección:


A ESMORGA

EDUARDO BLANCO-AMOR


·                    Houbo dous aspectos que me atraparon na Esmorga: a potencia lingüística ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que nos trasladan a un mundo sórdido no que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo por unha vida mellor.; e o feito de que se desenvolvera na ficticia cidade de Auria que, como todo o mundo sabe, ven sendo o noso Ourense. A pouco que nos fixemos no percorrido que Blanco Amor fai dar aos seus protagonistas, a novela discurre polo Posío, o río Barbaña, a ponte da Burga, o barrio da Ferrería, a Praza do Correxidor, a fonte de San Cosme, etc…
·                    No trasfondo da Esmorga, Blanco Amor disecciona uns personaxes marxinais, primarios que contrapón a un establishment onde a lei non só presume de ser cega senón tamén mesmo muda, cun xuiz que non fala. O autor nos debuxa unha realidade sociolóxica na que os protagonistas deambulan á intemperie víctimas da opresión e a carencia de xustiza. Unha realidade diseccionada con mestría que, por certo, anda estes días nas cámaras que dirixe o ourensán Ignacio Vilar, artífice dunha nova película sobre esta gran novela.

Agora chega o momento dos lectores!

A disfrutar!

GRAZAS MARTA! POR UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA COMPARTIDA

Hoxe día 28 de febreiro é o día das enfermedades raras.  O nome quizás meta medo.
Pero, dende este espazo, queremos visibilizar a nosa historia con Marta (Síndrome deleción I p36), unha experiencia maravillosa para toda a Comunidade Educativa do centro.
Contar coa presenza de Marta ( a nosa Martiñafainos cada día PENSAR e RE-PENSAR a educación, as prioridades no noso universo persoal, os nosos egoísmos, …
Contigo Marta  descubrimos  o significado valioso  dun sorriso, dunha ollada, de canto se pode comunicar coa linguaxe non verbal!
Grazas Marta por ensinarnos TODO : a ser, a estar, a convivir, a emocionarnos cando recoñeces a nosa voz ou cando botas a man a uns brincos (pendentes).
Cando estás entre nós aprendemos  a compartir, a sentir,  a explorar a vida  dende o  valioso prisma da DIVERSIDADE.
Cando coñecemos persoas coma ti non temos máis remedio que pregar investigacións médicas, investigacións educativas, investigacións na atención temperá,…para poder darvos respostas eficaces ás vosas necesidades.
Non podemos rematar sen un apoio incondicional á túa mamá, ao teu papá, aos teus avós, ao teu irmán.
Grazas por facernos un pouco máis felices!

Co CPR ACEESCA facemos actividades colaborativas inclusivas
http://escoladeareastui.blogspot.com.es/2014/03/luns-especial-visita-do-centro-aceesca.html
Para saber máis sobre as enfermidades raras aí tedes o enlace da Federación Galega de enfermidades raras e crónicas:
http://www.fegerec.es/ 

lunes, 24 de febrero de 2014

CALENDARIO COMPETENCIAL MES MARZO


No calendario de marzo atoparemos:
·         CONMEMORACIÓNS: DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8) SEMANA DA PRENSA (11-15), DÍA DO CONSUMIDOR (15), DÍA DA ÁRBORE (21) 
·         LITERATURA INFANTIL: “A SOPA VERDE”, “NON FAI FALTA A VOZ”, “UN PASEO POLO PARQUE”, “O BAILE DIMINUTO”,  “O CARNAVAL DOS ANIMAIS”,  “A HISTORIA DOS BOBONES CON LENTES”, “GRAZAS”,  “A VODA DO GALO PINTO”, “GATIÑO E A NEVE”
·          LITERATURA PARA ADULTOS:  “LAS LUNAS DE JÚPITER” (ALICE MUNRO), “DÍAS QUE NON FORON” (REI NÚÑEZ)  “LA MARCA DEL MERIDIANO” (LORENZO SILVA), “ESPERANDO O LEITEIRO”  (NEIRA VILAS), “MI VIDA QUERIDA”, (ALICE MUNRO), “PAXARO DE MAR E VENTO"
·         PROPOSTA DE CINE EN FAMILIA: “FUTBOLIN”, “AVIONES”, “LOS PITUFOS 2”, “CARS”
Algunha das propostas que facemos para a mellora das competencias básicas en familia e, polo tanto, incrementamos procesos como a memoria, razonamento, atención, discriminación, .....necesarios para O ÉXITO ACADÉMICO serían:
-CRONOGRAMA DE TAREFAS A REALIZAR POLOS MEMBROS DA FAMILIA
-PRANTACIÓN DUNHA ÁRBORE
-VISITAR RECURSOS PATRIMONIAIS DO CONCELLO DE TUI: CRUCEIRO S. BARTOLOMÉ, IGREXA DA MISERICÓRDIA, CONVENTO DE CLAUSURA,...
-ROTULAR CO SEU NOME PRANTAS E ÁRBORES QUE TEÑAN NO XARDÍN, NA FINCA, NA TERRAZA,...
-COMENTAR UN SINAL DE TRÁFICO
-REFLEXIONAR SOBRE UN ANUNCIO PUBLICITARIO

DISFRUTADE EN FAMILIA!


RIDE EN FAMILIA!


LEDE EN FAMILIA!


VISIONADE CINE EN FAMILIA!



Para que o mes de marzo estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixo

https://dl.dropboxusercontent.com/u/110250667/MARZO%2014_2.png


AÍ VAI UNHA DE EMOCIÓNS NO FALADOIRO!

O FALADOIRO: Venres 28 de febreiro, aula de BALDRÁNS, 19 horas

A escola ten ante si diferentes retos: incrementar a calidade, xestionar conflictos, previr a violencia, facer seres humanos competentes,  desenvolver habilidades sociais,motivar,…

Algunha das cuestións anteriores están íntimamente relacionadas coa INTELIXENCIA EMOCIONAL (Gardner), coa INTELIXENCIA INTRAPERSOAL (Goleman).

A pregunta que nos podemos facer é:  que é iso de intelixencia emocional?, temos máis dunha intelixencia?

Para ter certos criterios fiables e coherentes  debemos botar man das achegas que, dende o campo das ciencias, nos ofrece  Howard Gardner (1995) que establece a existencia de intelixencias multiples: lingüística, ecolóxica-interaccional, verbal, lingüística intrapersoal, espacial, quinestésica, musical, lóxica e matemática e das referencias de intelixencia interpersonal e intrapersonal de Goleman (1996).


Polo anterior, vemos que a visión dunha intelixencia única e constreñida parece algo non realista e non baseado nas novas investigación no eido da psicoloxía ou neuroloxía e estase a abrir paso un concepto de intelixencia amplo,  diverso e onde emocións e relacións interpersonais están reclamando o seu lugar.


Os seres humanos somos o resultado dun cerebro cognitivo e dun cerebro emocional que se complementan e se condicionan, que se acoplan armónicamente e esto é unha cuestión irrefutable actualmente.


Con esta perspectiva cando realizamos intervención educativa o aspecto emocional debe ser considerado pois:

¿como podemos demandar a un alumno ou alumna que se esforce, que se motive, que preste atención, …se a súa AUTOIMAXE non é positiva, se o seu  AUTOCONCEPTO non é axustado ou a valoración que fai de sí mesmo ( AUTOESTIMA) non se axusta á realidade?  


A Educación Emocional contribúe a un desenvolvemento integral das persoas a través de dimensións  como a AUTOCONCIENCIA, AUTORREGULACIÓN, AUTOMOTIVACIÓN, EMPATÍA E DESTREZA SOCIAL.


Estas dimensións relaciónanse cos pilares da educación dos que falaba DELORS (1992):

-aprender a coñecer  que consiste en aprender a aprender desenvolvendo a concentración, a atención, a memoria e o pensamento.

-aprender a facer  para capacitar aos seres humanos para os hábitos de traballo que favorezan a competencia persoal.

-aprender a vivir xuntos significa coñecerse e coñecer aos demais, descubrir aos outros.

-aprender a ser  que conleva resolver problemas, tomar decisión e asumir responsabilidades.

Un desenvolvemento emocional permitirá que o éxito educativo se vaia artellando dunha forma pensada e consciente a través da estabilidade e control emocional, do incremento da tolerancia á fustración, aumento do esforzo, autoestima, motivación, de axustes persoais,… Por outra parte, as emocións desempeñan un papel importante no éxito persoal  pois a intelixencia  emocional implica habilidades para coñecer e comprender as emocións propias e alleas (alegría, enfado, tristeza, …), capacidade para regulalas e xestionalas.


Como conclusión dicir que o coeficiente ou COCIENTE EMOCIONAL debe converterse nun obxectivo  a lograr e punto de partida no camiño de procesos educativos  exitosos  onde  se poidan “imbricar” atención, memoria, pensamento, linguaxe,… e onde a capacidade de esforzo e perseverancia teña o seu espazo e sempre coa IMPLICACIÓN E COMPROMISO das FAMILIAS. Non esquezamos que un piar fundamental no éxito educativo é a familia que nunca debe ser substituido polo profesorado. 

Algunhas referencias documentais  (web, bibliográficas) importantes sobre esta temática son:

ARMSTRONG, T. (2006): Inteligencias múltiples en el aula: guía práctica para educadores. Barcelona, Paidós Ibérica.

BISQUERRA, R. (2006): Educación emocional y bienestar. Madrid, Wolters Kluwer.

BISQUERRA, R. (2013): Educación emocional: propuestas para educadores y familias. Bilbao, Desclée.

DELORS, J. (1992): La educación encierra un tesoro. Madrid. Santilana.edición UNESCO.

GARDNER, H. (2005): Inteligencias múltiples: la teoría en la práctica. Barcelona, Paidós Ibérica.

GARDNER, H. (2010): La inteligencia reformulada: las inteligencias múltiples del siglo XX. Barcelona, Paidós Ibérica.

GOLEMAN, D. (1999): La práctica de la inteligencia emocional. Barcelona, Kairós.

ELIAS, M.; TOBÍAS, S.; FRIEDLANDER, B. (2011): Educar con inteligencia emocional. Barcelona, Debolsillo.

TORO, J.M. (2012): Educar con co-razón. Bilbao, Desclée.




http://lyubomirsky.socialpsychology.org (red psicología social)


http://www.inteligencia-emocional.org (portal inteligencia emocional)




ENGAIÓLATE (CO PATRIMONIO DA EUROCIDADE-VOZ NATURA)



A temática desta entrada denomínase ENGAIÓLATE e pretende ser unha porta aberta á riqueza patrimonial de TUI e de VALENÇA que xuntas conforman a EUROCIDADE .TUI-VALENÇA, VALENÇA-TUI.

A nosa proposta está centrada en deixarnos emocionar cunha andaina polas rúas dunha cidade que ten murallas, pasadizos, ... e respira a historia.

Se as condicións climatolóxicas volo permiten deberedes atopar a localización real que aparece na seguinte fotografía.

EU AFORRO, E TI? (VOZ NATURA)

Queremos nenos e nenas competentes pero para ese logro deberemos desenvolver actuacións que o propicien. Ademais debemos ter presente que non solo se desenvolven competencias no contexto formal da escola senón tamén no contexto non formal e informal. Por ese motivo o centro debe por en marcha diferentes estratexias dinamizadoras de accións ciudadanas e comunitarias que promovan o aprender a aprender, a iniciativa e a autonomía persoal, espíritu crítico, o consumo responsable, a sostibilidade, solidariedade,....en definitiva, APRENDIZAXES BÁSICAS PARA A VIDA.

SON PARTE DA TÚA VIDA, CONSÉRVAME!



O CRA MESTRA CLARA TORRES  CONVÍDAVOS A PARTICIPAR NUNHA CAMPAÑA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL QUE PROMOVERÁ O CONSUMO RESPONSABLE DE LUZ.

EXISTIRÁN 2 ACTUACIÓNS DIFERENCIADAS:

-O VENRES DÍA 28 DE FEBREIRO DE 2014 APAGA AS LUCES DO TEU FOGAR, DA CAFETERÍA, DO RESTAURANTE, DO LOCAL COMERCIAL,....5 MINUTOS E ACOMPÁÑATE DE VELAS (CANDEAS).

-UNHA CEA CON VELAS (CANDEAS) O DÍA QUE SE DESEXE.


OS LEMAS DESTA CAMPAÑA SERÁN:


1.- SE ENERXÍA QUERES AFORRAR 5 MINUTOS CON VELAS (CANDEAS) ESTARÁS!


2.- SE ENERXÍA QUERES AFORRAR UNHA CEA CON VELAS (CANDEAS) REALIZARÁS E MOITO, MOITO CONVERSARÁS!!!


ANIMADEVOS A PARTICIPAR E CIDADANÍA ACTIVA E RESPONSABLE SERÁS!


lunes, 17 de febrero de 2014

META NO FALADOIRO: O ÉXITO EDUCATIVO (ÉXITO PERSOAL, ÉXITO SOCIAL, ÉXITO ESCOLAR )

FALADOIRO: VENRES 28  febreiro
META: O ÉXITO EDUCATIVO          

Cando estamos a falar de éxito educativo debemos ter en conta que é o resultado de diferentes procesos amalgamados, enxergados como un todo, un "continuo" onde non se percibe o inicio dun e onde remata o derradeiro proceso. Conforman unha COM-UNIÓN perfecta que resulta indisoluble. O ÉXITO EDUCATIVO vai xunguido, indefectiblemente, AO  ÉXITO ESCOLAR, ÉXITO PERSOAL, ÉXITO NAS RELACIÓNS SOCIAIS,...

O éxito educativor é un todo MULTIDIMENSIONAL E MULTICONTEXTUAL.

Entre  os contextos (formal, informal e non formal)  temos a familia, a escola, as administracións educativas, a sociedade, o cine, a televisión, as redes sociais, os iguais, ... e entre  as dimensións podemos establecer: o esforzo, a motivación a atención, a memoria, a percepción, ganas de aprender, hábitos de traballo e de estudio, aprender a pensar, educación emocional, iniciativa e autonomía persoal,  motivación de logro, a percepción das familias sobre os fillos e fillas, habilidades sociais,  educación en valores,...entre outras


Pero para que ese ÉXITO EDUCATIVO vaia creándose e conformándose con garantía e con posibilidades nun ser humano debe partir  dunha axeitada valoración de si mesmo que conleva tres compoñentes básicas:


·         perceptiva: A AUTOIMAXE, AUTOPERCEPCIÓN (como nos vemos)

·         cognitiva: O AUTOCONCEPTO (como pensamos que somos)

·         afectiva: A AUTOESTIMA (como nos valoramos)

Sen o ámbito anterior ben desenvolvido é moi posible que nada se poida acadar  e o éxito sexa unha proceso "amorfo" e sen sentido.

É imposible que se nos pida atención, concentración, tempo de estudio, resolución de tarefas ou exercicios se a miña autoimaxe é negativa e non me gusto, se o meu autoconcepto non resulta satisfactorio (ou se a miña familia non ten unha boa percepción de min) e se a miña autoestima é baixa e penso e sinto que "son incapaz de facer nada"," todos o fan mellor", "os demáis din que sempre suspendo",...

SOMOS CORAZÓN E PENSAMENTO!


DEBEMOS SER PENSAMENTOS QUE SENTEN, SENTIMENTOS QUE PENSAN!







ACOMPÁÑAME A APRENDER (A APRENDER) NO FALADOIRO

FALADOIRO: VENRES 21 DE FEBREIRO (T. DOMÍNGUEZ, J.SURÍA MÁRQUEZ)

ACOMPÁÑAME A APRENDER (A APRENDER) é unha sección para que as familias teñan recursos para coñecer como aprenden os seus fillos e fillas e cales son os procesos psicolóxicos e cognitivos que se precisan para construir o coñecemento, para poder crear as aprendizaxes.

Durante a infancia nenas e nenos van medrando non solo a nivel físico senón tamén no plano intelectual, no plano da personalidade, no plano da linguaxe, no plano afectivo-emocional,…

Entre os 3 ata os 6 anos as criaturas descubrirán e aprenderán  moitísimas cousas. Os nenos e as nenas teñen ante eles un mundo de múltiples posibilidades para que se desenvolvan diferentes procesos cognitivos.

Nestes momentos, as nais e os pais deben estar aí e son unhas figuras de referencia insustituíbles pero, deben deixar que experimenten, que descubran, que recorran…a súa contorna con autonomía. Mamás, papás, avós, avoas,…deberán observar, deberán favorecer e promover situacións de aprendizaxe, situacións de confianza,…

Lembremos que os fillos e  fillas aprenderán a falar e a comunicarse se creamos situacións para a comunicación; fillas e fillos  aprenderán a identificar, comparar ou analizar se os pomos nun escenario de poder comparar, identificar, analizar prendas de vestir, características das persoas, colocar obxectos nunha mesa, separar alimentos, clasificar según criterios obxectos,…

Tamén debemos expor que cada neno ou cada nena ten o seu propio ritmo de desenvolvemento e a adquisición de determinados conceptos, determinados procesos, determinadas habilidades e competencias requiren un determinado tempo, un determinado espazo, unhas determinadas interaccións.

Nestas idades o cerebro das criaturas vaise desenvolver moito e a conexión neuronal será determinante para aprender moitas cousas. Para que esto se produza precisará dun ambiente rico en estímulos para que poida saborear, observar, falar, tocar, relacionarse con outras persoas, manipular, saltar, correr, subir e baixar escaleiras, ….

É importante tamén contarvos que a personalidade se vai conformando a medida que medra pero tamén en función das experiencias que vai vivindo.  Existe un temperamento co que se nace pero A PERSONALIDADE NON SE HEREDA, senón que se CONSTRÚE a partir de diferentes experiencias vitais:

-          Se ofrecemos situacións para que un neno ou nena saiba facer cousas estaremos contribuindo a criaturas autónomas.

-          Se ás veces decimos NON estamos posibilitando un nivel de fustración alto e, polo tanto, máis feliz

-          Se pomos normas e límites estamos avanzando no desenvolvemento emocional a través da consciencia emocional, control emocional e fará que as criaturas teñan unha autopercepción positiva.

En definitiva, canto máis estimulemos e deixemos facer a nenas e nenos destas idades máis competentes serán.

A incorporación á escola NUNCA sustitúe o papel educador das familias.

Parte do éxito escolar está na tipoloxía de situacións vividas na contorna familiar.

Existen diferentes procesos psicolóxicos que levarán a un neno ou nena ao ÉXITO ESCOLAR (percepción, memoria, atención, linguaxe, pensamento, motivación-emoción, estrés-benestar-adaptación)

Cales son os PROCESOS COGNITIVOS que pomos en funcionamento para desenvolver coñecementos?

A cognición  ou pensamento é a capacidade que permite desenvolver coñecementos. Cando realizamos determinados procesos cognitivos estamos desenvolvendo procedementos para incorporar coñecementos. O Pensamento é a actividad mental asociada co procesamento, a comprensión, a capacidade para recordar e para comunicar. O noso sistema cognitivo recibe, percibe e recupera información. Podemos utilizar esta información para pensar e comunicarnos. Cando pensamos formamos conceptos, resolvemos problemas, tomamos decisións e emitimos xuicios.

Estes coñecementos inícianse cando pomos en funcionamento un proceso psicológico que se chama PERCEPCIÓN.

Outros procesos psicolóxicos básicos tanto superiores coma inferiores necesarios son: linguaxe,  atención, memoria, intelixencia.

Cales son os principais procesos cognitivos que se deben desenvolver a estas idades?


 


PROCESO COGNITIVO



DEFINICIÓN



CARACTERÍSTICAS E PROCESO



IDENTIFICAR




Distinguir características entre obxectos, situacións, accións,…


Observa, identifica, recoñece, procesa, relaciona


COMPARAR




Establecer relacións de semellanza ou de diferencias entre obxectos, situacións, accións,…


Distinge, organiza, clasifica, establece semellanzas ou diferenzas, saca características esenciais


CLASIFICAR




Realizar subconxuntos ou clases cuios componentes ou elementos comparten características ou propiedades esenciais


Organiza información, relaciona, observa, separa, saca características, saca criterios de agrupación


RELACIONAR E ORDEAR




Establece nexos entre pares de características ou entre variables dunha comparación.

Identifica as características común para poder ordear e clasificar


Encárgase de ordear as características que son semellantes e diferentes entre 2 ou máis cousas, obxectos, situacións, accións,…, compara e iguala, clasifica, distingue.

Compara cunha orde determinadao que permite ter a relación clara dos obxectos


ANALIZAR




Implica considerar, inicialmente, unha totalidade integral para, a continuación, distinguir e separar as súas partes constitutivas ata coñecer os elementos con minuciosidade.


Divide un todo, o descompón e observa de que están formadas cada unha das partes.

Divide

Observa

Entende

Como é?

Que ten?

De que está formado?


SINTETIZAR




Logo do proceso de análisis realiza o proceso de unir de maneira coherente.


Establece conclusións

Crea

Reordea,

Sustitúe

Une as ideas cun novo significado



RAZOAR




Proceso de pensar ordeadamente e de resolver problemas relacionándoo coa intelixencia.


Pensa antes de actuar

Plantexa problemas e resolución claras

Relaciónase coas habilidades e competencias lóxicas-matemáticas e lingüísticas


SECUENCIAR




Proceso que se encarga de por unha orde en función das partes a separar con rapidez e eficacia.


Distingue

Separa as partes

Localiza a orde a seguir


REALIZAR ANALOXÍAS




Establecer características generales y particulares con razonamiento basándose na existencia de diferenzas e semellanzas.


Toma as características de obxectos, cousas, acción,… e as pasa a outras

Obtén as diferenzas comparando todas as características

Separa

Distingue

Clasifica semellanzas e diferenzas

Xunta características

Compara

Une características iguais


CATEGORIZAR




Preténdese unha clasificación xerárquica e así entidades moi similares e con características común formarán unha categoría.


Agrupa de acordó a características semellantes e diferentes

Separa

Clasifica pon tipos de categorías según clasificación e/ou significado



Un ser humano, dende o nacimento accede á información  a través dos sentidos, da percepción . Toda a información recibida e percibida a través da atención debe ser codificada. A continuación pon en funcionamento diferentes tipos de pensamento (reflexivo, analítico, lóxico, analóxico, crítico, deliberativo, creativo, práctico, sistémico) e mecanismos da intelixencia para lograr xerar coñecementos que interioriza e almacena na memoria. Estos coñecementos xa asimilados poden ser expresados e comunicados a través da linguaxe.

PERCEPCIÓN



A representación mental do mundo prodúcese a través da sensación; pero esta representación no sería completa sen a PERCEPCIÓN que é a capacidade para seleccionar, organizar e interpretar as nosas sensacións.


A PERCEPCIÓN  é a capacidade para recoñecer, discriminar, interpretar estímulos visuais, auditivos, vestibulares, propioceptivos,  olfativos, táctiles.

Os psicólogos da “Gestalt” describiron unha serie de principios de organización que seguimos as persoas para organizar as nosas sensacións en percepcions:

–A PERCEPCIÓN DA FORMA


Figura y fondo:  Debemos percibir de maneira independente un obxecto (estímulo que nos interesa) do fondo (o que o rodea). A relación entre figura-fondo é reversible (o fondo pode converterse na figura e a figura no fondo) pero de tódolos xeitos organizamos os estímulos nunha figura que nos permita contrastar cun fondo. O feito de poder intercambiar figura-fondo é unha proba da existencia de distintas percepcións fronte a un estímulo.


Agrupación:  Unha vez separada a figura do fondo, debemos organizar a nosa figura en formas que teñan sentido. De forma automática e instantánea procésanse algunhas características fundamentais: cor, movimento, contraste entre as luces e as sombras. Uns principios fundamentais no proceso de agrupación son: Principio de proximidade, de semellanza, de continuidade, de conexión, de peche.

-A PERCEPCIÓN DA PROFUNDIDADE


-A PERCEPCIÓN DO MOVIMENTO


-A CONSTANCIA PERCEPTIVA: FORMA, TAMAÑO, CONSTANCIA DA LUMINOSIDADE


Propostas para mellorar a percepción


-Localizar nas páxinas dun conto determinados obxectos, pesoas, animais, ….: atopa un personaxe que leva un pantalón azul, localiza as cousas que hai detrás do cabalo do príncipe,…

-Busca no folleto de publicidade do supermercado botes de leite semellantes aos que se empregan no fogar, paquetes  de galletas da mesma marca que os que se comen na casa, iogures da mesma cor dos utilizados no fogar,…

-Identifica  e enumera todo o que aparece detrás das figuras principais do conto na páxina 3 ou 7….

-Localiza (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) formas  cadradas ou triangulares,…persoas que leven un pantalón curto ou verde, ou longo; un coche de cor azul; unha nena loira ou un neno moreno,…

-Busca (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) cousas, persoas ,árbores,…que estean perto da muller que ten o vestido verde ou lonxe do neno que leva un pantalón branco ou ao redor da casa grande,…

-Nomea e di a cor das cousas que están enriba da meseta da cociña,…

-Observa e localiza as froitas dun folleto de publicidade

-Observa e identifica alimentos que aparezan na publicidade da televisión

-Identifica sons que hai no fogar: a batidora, a lavadora, o secador, o microondas, a billa de auga, auga a ferver na pota,…

-Observa e localiza nun calendario determinados números: ex. localiza o nº 2 e busca tódolos números que leven o díxito 2,...

-Observa e localiza a letra A/B/C,...(nunha revista do corazón, nun folleto, nun xornal,...)

-Discrimina determinados sons en nomes de obxectos do fogar: /s/ /t/ /f/,...

-Discrimina determinados sons nos nomes dos membros da familia: /s/ /t/ /f/,...

-Localiza no xardín ou no eido: unha flor, unha pedra negra, un caracol, unha formiga, un trebol de 4 follas,...
-Localiza arumes e cheiros no fogar: lexivia, fregacháns, loureiro, cebola, allo, colonia, xabón,…
-Busca obxectos agochados polo seu son: despertador, secador, a serea dun coche, …

-Identifica cos ollos pechados sons do exterior da casa: un camión, un paxaro piando, unha moto, un tractor, un can,...