lunes, 17 de febrero de 2014

ACOMPÁÑAME A APRENDER (A APRENDER) NO FALADOIRO

FALADOIRO: VENRES 21 DE FEBREIRO (T. DOMÍNGUEZ, J.SURÍA MÁRQUEZ)

ACOMPÁÑAME A APRENDER (A APRENDER) é unha sección para que as familias teñan recursos para coñecer como aprenden os seus fillos e fillas e cales son os procesos psicolóxicos e cognitivos que se precisan para construir o coñecemento, para poder crear as aprendizaxes.

Durante a infancia nenas e nenos van medrando non solo a nivel físico senón tamén no plano intelectual, no plano da personalidade, no plano da linguaxe, no plano afectivo-emocional,…

Entre os 3 ata os 6 anos as criaturas descubrirán e aprenderán  moitísimas cousas. Os nenos e as nenas teñen ante eles un mundo de múltiples posibilidades para que se desenvolvan diferentes procesos cognitivos.

Nestes momentos, as nais e os pais deben estar aí e son unhas figuras de referencia insustituíbles pero, deben deixar que experimenten, que descubran, que recorran…a súa contorna con autonomía. Mamás, papás, avós, avoas,…deberán observar, deberán favorecer e promover situacións de aprendizaxe, situacións de confianza,…

Lembremos que os fillos e  fillas aprenderán a falar e a comunicarse se creamos situacións para a comunicación; fillas e fillos  aprenderán a identificar, comparar ou analizar se os pomos nun escenario de poder comparar, identificar, analizar prendas de vestir, características das persoas, colocar obxectos nunha mesa, separar alimentos, clasificar según criterios obxectos,…

Tamén debemos expor que cada neno ou cada nena ten o seu propio ritmo de desenvolvemento e a adquisición de determinados conceptos, determinados procesos, determinadas habilidades e competencias requiren un determinado tempo, un determinado espazo, unhas determinadas interaccións.

Nestas idades o cerebro das criaturas vaise desenvolver moito e a conexión neuronal será determinante para aprender moitas cousas. Para que esto se produza precisará dun ambiente rico en estímulos para que poida saborear, observar, falar, tocar, relacionarse con outras persoas, manipular, saltar, correr, subir e baixar escaleiras, ….

É importante tamén contarvos que a personalidade se vai conformando a medida que medra pero tamén en función das experiencias que vai vivindo.  Existe un temperamento co que se nace pero A PERSONALIDADE NON SE HEREDA, senón que se CONSTRÚE a partir de diferentes experiencias vitais:

-          Se ofrecemos situacións para que un neno ou nena saiba facer cousas estaremos contribuindo a criaturas autónomas.

-          Se ás veces decimos NON estamos posibilitando un nivel de fustración alto e, polo tanto, máis feliz

-          Se pomos normas e límites estamos avanzando no desenvolvemento emocional a través da consciencia emocional, control emocional e fará que as criaturas teñan unha autopercepción positiva.

En definitiva, canto máis estimulemos e deixemos facer a nenas e nenos destas idades máis competentes serán.

A incorporación á escola NUNCA sustitúe o papel educador das familias.

Parte do éxito escolar está na tipoloxía de situacións vividas na contorna familiar.

Existen diferentes procesos psicolóxicos que levarán a un neno ou nena ao ÉXITO ESCOLAR (percepción, memoria, atención, linguaxe, pensamento, motivación-emoción, estrés-benestar-adaptación)

Cales son os PROCESOS COGNITIVOS que pomos en funcionamento para desenvolver coñecementos?

A cognición  ou pensamento é a capacidade que permite desenvolver coñecementos. Cando realizamos determinados procesos cognitivos estamos desenvolvendo procedementos para incorporar coñecementos. O Pensamento é a actividad mental asociada co procesamento, a comprensión, a capacidade para recordar e para comunicar. O noso sistema cognitivo recibe, percibe e recupera información. Podemos utilizar esta información para pensar e comunicarnos. Cando pensamos formamos conceptos, resolvemos problemas, tomamos decisións e emitimos xuicios.

Estes coñecementos inícianse cando pomos en funcionamento un proceso psicológico que se chama PERCEPCIÓN.

Outros procesos psicolóxicos básicos tanto superiores coma inferiores necesarios son: linguaxe,  atención, memoria, intelixencia.

Cales son os principais procesos cognitivos que se deben desenvolver a estas idades?


 


PROCESO COGNITIVO



DEFINICIÓN



CARACTERÍSTICAS E PROCESO



IDENTIFICAR




Distinguir características entre obxectos, situacións, accións,…


Observa, identifica, recoñece, procesa, relaciona


COMPARAR




Establecer relacións de semellanza ou de diferencias entre obxectos, situacións, accións,…


Distinge, organiza, clasifica, establece semellanzas ou diferenzas, saca características esenciais


CLASIFICAR




Realizar subconxuntos ou clases cuios componentes ou elementos comparten características ou propiedades esenciais


Organiza información, relaciona, observa, separa, saca características, saca criterios de agrupación


RELACIONAR E ORDEAR




Establece nexos entre pares de características ou entre variables dunha comparación.

Identifica as características común para poder ordear e clasificar


Encárgase de ordear as características que son semellantes e diferentes entre 2 ou máis cousas, obxectos, situacións, accións,…, compara e iguala, clasifica, distingue.

Compara cunha orde determinadao que permite ter a relación clara dos obxectos


ANALIZAR




Implica considerar, inicialmente, unha totalidade integral para, a continuación, distinguir e separar as súas partes constitutivas ata coñecer os elementos con minuciosidade.


Divide un todo, o descompón e observa de que están formadas cada unha das partes.

Divide

Observa

Entende

Como é?

Que ten?

De que está formado?


SINTETIZAR




Logo do proceso de análisis realiza o proceso de unir de maneira coherente.


Establece conclusións

Crea

Reordea,

Sustitúe

Une as ideas cun novo significado



RAZOAR




Proceso de pensar ordeadamente e de resolver problemas relacionándoo coa intelixencia.


Pensa antes de actuar

Plantexa problemas e resolución claras

Relaciónase coas habilidades e competencias lóxicas-matemáticas e lingüísticas


SECUENCIAR




Proceso que se encarga de por unha orde en función das partes a separar con rapidez e eficacia.


Distingue

Separa as partes

Localiza a orde a seguir


REALIZAR ANALOXÍAS




Establecer características generales y particulares con razonamiento basándose na existencia de diferenzas e semellanzas.


Toma as características de obxectos, cousas, acción,… e as pasa a outras

Obtén as diferenzas comparando todas as características

Separa

Distingue

Clasifica semellanzas e diferenzas

Xunta características

Compara

Une características iguais


CATEGORIZAR




Preténdese unha clasificación xerárquica e así entidades moi similares e con características común formarán unha categoría.


Agrupa de acordó a características semellantes e diferentes

Separa

Clasifica pon tipos de categorías según clasificación e/ou significado



Un ser humano, dende o nacimento accede á información  a través dos sentidos, da percepción . Toda a información recibida e percibida a través da atención debe ser codificada. A continuación pon en funcionamento diferentes tipos de pensamento (reflexivo, analítico, lóxico, analóxico, crítico, deliberativo, creativo, práctico, sistémico) e mecanismos da intelixencia para lograr xerar coñecementos que interioriza e almacena na memoria. Estos coñecementos xa asimilados poden ser expresados e comunicados a través da linguaxe.

PERCEPCIÓN



A representación mental do mundo prodúcese a través da sensación; pero esta representación no sería completa sen a PERCEPCIÓN que é a capacidade para seleccionar, organizar e interpretar as nosas sensacións.


A PERCEPCIÓN  é a capacidade para recoñecer, discriminar, interpretar estímulos visuais, auditivos, vestibulares, propioceptivos,  olfativos, táctiles.

Os psicólogos da “Gestalt” describiron unha serie de principios de organización que seguimos as persoas para organizar as nosas sensacións en percepcions:

–A PERCEPCIÓN DA FORMA


Figura y fondo:  Debemos percibir de maneira independente un obxecto (estímulo que nos interesa) do fondo (o que o rodea). A relación entre figura-fondo é reversible (o fondo pode converterse na figura e a figura no fondo) pero de tódolos xeitos organizamos os estímulos nunha figura que nos permita contrastar cun fondo. O feito de poder intercambiar figura-fondo é unha proba da existencia de distintas percepcións fronte a un estímulo.


Agrupación:  Unha vez separada a figura do fondo, debemos organizar a nosa figura en formas que teñan sentido. De forma automática e instantánea procésanse algunhas características fundamentais: cor, movimento, contraste entre as luces e as sombras. Uns principios fundamentais no proceso de agrupación son: Principio de proximidade, de semellanza, de continuidade, de conexión, de peche.

-A PERCEPCIÓN DA PROFUNDIDADE


-A PERCEPCIÓN DO MOVIMENTO


-A CONSTANCIA PERCEPTIVA: FORMA, TAMAÑO, CONSTANCIA DA LUMINOSIDADE


Propostas para mellorar a percepción


-Localizar nas páxinas dun conto determinados obxectos, pesoas, animais, ….: atopa un personaxe que leva un pantalón azul, localiza as cousas que hai detrás do cabalo do príncipe,…

-Busca no folleto de publicidade do supermercado botes de leite semellantes aos que se empregan no fogar, paquetes  de galletas da mesma marca que os que se comen na casa, iogures da mesma cor dos utilizados no fogar,…

-Identifica  e enumera todo o que aparece detrás das figuras principais do conto na páxina 3 ou 7….

-Localiza (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) formas  cadradas ou triangulares,…persoas que leven un pantalón curto ou verde, ou longo; un coche de cor azul; unha nena loira ou un neno moreno,…

-Busca (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) cousas, persoas ,árbores,…que estean perto da muller que ten o vestido verde ou lonxe do neno que leva un pantalón branco ou ao redor da casa grande,…

-Nomea e di a cor das cousas que están enriba da meseta da cociña,…

-Observa e localiza as froitas dun folleto de publicidade

-Observa e identifica alimentos que aparezan na publicidade da televisión

-Identifica sons que hai no fogar: a batidora, a lavadora, o secador, o microondas, a billa de auga, auga a ferver na pota,…

-Observa e localiza nun calendario determinados números: ex. localiza o nº 2 e busca tódolos números que leven o díxito 2,...

-Observa e localiza a letra A/B/C,...(nunha revista do corazón, nun folleto, nun xornal,...)

-Discrimina determinados sons en nomes de obxectos do fogar: /s/ /t/ /f/,...

-Discrimina determinados sons nos nomes dos membros da familia: /s/ /t/ /f/,...

-Localiza no xardín ou no eido: unha flor, unha pedra negra, un caracol, unha formiga, un trebol de 4 follas,...
-Localiza arumes e cheiros no fogar: lexivia, fregacháns, loureiro, cebola, allo, colonia, xabón,…
-Busca obxectos agochados polo seu son: despertador, secador, a serea dun coche, …

-Identifica cos ollos pechados sons do exterior da casa: un camión, un paxaro piando, unha moto, un tractor, un can,...