viernes, 11 de julio de 2014

ÍMONOS DE VACACIÓNS!


O noso blog vaise de vacacións!
Durante a ausencia estaremos formándonos para dar novas estratexias e posibilidades no curso 14-15.

Pero antes dámosvos un enlace onde podedes visonar o noso marabilloso proxecto sobre o vestiario que cobrou vida coa implicación, compromiso e participación das familias e da cidadanía!
É fermoso cando vas pola rúa e atopas A NOVA VIDA DAS PRENDAS do MERCADILLO SOLIDARIO.
É gratificante recibir apoios e solicitudes de máis mercadillos solidarios.
Para o curso 2014-15 Mercadillo de xoguetes, de libros,....?
https://www.dropbox.com/home#!/lightbox/home/CRA%20MESTRA%20CLARA%20TORRES%20CONCURSO%20TRABALLO%20POR%20PROXECTOS

VOLTAMOS EN SETEMBRO!

ANDAINAS SAUDABLES EN FAMILIA NOS CALENDARIOS COMPETENCIAIS

O curso remata e o blog de orientación pecha por vacacións.
Queremos que nos botedes en falta.
No verán pensaremos en novas andainas, novas estratexias, novos xogos, novos faladoiros,...
Pero non podiamos irnos sen deixarvos algunha posibilidade de diversión conxunta.
Nos calendario de xullo e agosto atoparedes mil e unha posibilidades para o lecer en familia.
As actividades de lecer e tempo libre desenvolvidas cos fillos e fillas son dobremente satisfactorias e enriquededoras.
Disfrutade e descansade en familia!

Para poder acceder a información premede nos seguintes enlaces:
mes de xullo
https://dl-web.dropbox.com/get/calendarios/XULLO%2014_2.pdf?_subject_uid=150099369&w=AACAQ-D8DWqbpp2gnUU4_WLwgyarCV_hCWrIbd88i8KanQ
mes de agosto
https://dl-web.dropbox.com/get/calendarios/AGOSTO%203%20EUR_2.pdf?_subject_uid=150099369&w=AACdVADZXvbXS3OooeM3U6UYopMR279k6KC1CdjY2keBTg