lunes, 3 de diciembre de 2018

XOGUETES EN IGUALDADE

Os xogos e os xoguetes non teñen sexo e, polo tanto, debemos favorecer que xoguen ao que queiran independentemente das atribucións sociais que poidamos facer a un ou outro sexo.

A través deles as nenas e os nenos poden imaxinar o seu futuro; un mundo no que todas as persoas son capaces de desempeñar distintas profesións e gozar do coidado da súa familia, independentemente de que sexan mulleres ou homes.

O xogo favorece a educación das emocións, dos afectos, a fantasía, a creatividade, a imaxinación, a linguaxe, as relacións, as relacións co espazo,... 
Xogar cos fillos e fillas favorece que aprendan a escoitar, a consensuar, a tomar decisións, a ceder ou a compartir responsabilidades.
Cando se xoga tamén se aprende que hai que recoller e asimilan valores de familia, controla a súa conducta, aprende regras.
XOGOS E XOGUETES FAVORECEDORES DA SOCIALIZACIÓN
banco de carpintería, cociña, lavadoras, tendas, xogos de parchis, oca, cartas, fútbol, baloncesto,...
XOGUETES PARA O MOVEMENTO
patíns, triciclos, bicicletas, carretillas 
XOGUETES PARA A CONSTRUCCIÓN
pezas para construir castelos, casas, aparcamentos,...
XOGUETES PARA O XOGO SIMBÓLICO E REPRESENTACIÓN DE ROLES NON ESTEREOTIPADOS
 cociña, carpintería, garaxes, bonecas, granxas, barcos piratas, talleres de mecánica,...
XOGOS DIDÁCTICOS
memorys, ensartables, dominós, lotos, contos, puzzles,...
XOGUETES MUSICAIS
guitarra, piano, teclados, xilófonos, baterías,...
XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO 
tren con bricks, monicreques con calcetíns vellos, coches con caixas de zapatos, bonecas ou bonecos con calcetíns,...
Para saber máis sobre o xogo e o xoguete en igualdade deixo o seguinte enlace da Secretaría xeral de Igualdade