viernes, 30 de noviembre de 2018

POÉTICAS DIVERSAS

 Este curso debemos mergullarnos na poesía que está ao noso carón, que forma parte das nosas vidas e que pasa desapercibida.
Debemos ampliar as nosas miradas para educar na realidade, no máis cercano con vista de poetas. Con POÉTICAS DIVERSAS pretendemos promover "mirar" con outras miradas (miradas  da sensibilidade e do corazón) un poema, unha paisaxe, un recanto, un cadro, unha peza musical,... e,ao mesmo tempo, provocar a motivación interna do neno ou nena para que desexe, co seu asombro, descubrir o mundo disfrutando.
Cada poesía fala sen boca, cada posta de sol pinta sen pincel, cada árbore mece as súas follas e crea unha fermosa melodía,... Hai poesía ao sentir un abrazo, ao chapotear na auga ou entre follas, ao cobtemplar como escorregan as pingas de chuvia nos cristais da fiestra.
Ante nós o camiño da percepción que se debe educar e traballar para que existan posibilidades de sentir, de "mirar e escoitar" con emoción.
Propostas para realizar cos nenos e nenas nas aulas:

-POESÍAS VISUAIS CON ELEMENTOS DA NATUREZA (LANDART)
-CALIGRAMAS
-SONIGRAMAS: escoitamos unha peza musical e debemos expresar que nos suxire: medo, enfado, alegría, grito,...e a continuación, representamos plásticamenta esa peza musical
-MUSICOGRAMAS
-PAREADOS
-ILUSTRAR VERSOS LOGO DE ESCOITALOS A TRAVÉS DE AUDIOS
-ILUSTRAR POEMAS LOGO DE ESCOITALOS
-ESCOITAR PEZAS MUSICAIS E ADOCIALAS A EMOCIÓNS: LEDICIA, TRISTURA, SUSTO,..
-CREAR BODEGÓNS COS ALIMENTOS DOS ALMORZOS E FOTOGRAFIALOS
-DEBUXAR RECANTOS CON ENCANTO DE TUI LOGO DE ESCOITAR A DESCRICIÓN
-CLASIFICAR OU INVENTARIAR MÚSICA PARA BAILAR, DESCANSAR,...
-POETICA DOS ABRAZOS 
-BÚSQUEDA DE RIMAS EN TABOLEIROS DE ESCORNABOTS,...

Libros que merecen a pena para asulagarse nun mundo poético son:






Tamén a poesía visual de CHEMA MADOZ