miércoles, 12 de febrero de 2020

DISLEXIA/DEA, INDICADORES PARA A DETECCIÓN, 5ª


INDICADORES PARA A DETECCIÓN
FAMILIA ATA OS 6 ANOS
FAMILIA 6-12
Antecedentes familiares de dislexia.
• Descoñecemento das distintas partes do corpo humano e a súa localización.
• Dificultade e/ou torpeza motriz en actividades lúdicas sinxelas.
• Alternancia no uso das mans e pés.
• Falta de habilidade para lembrar o nome de series de cousas. Atraso para memorizar os números, o alfabeto, os días da semana, as cores e as formas.
• Dificultade para aprender as cancións, trabalinguas, rimas, etc. típicas desta idade.
• Dificultade para seguir consignas e aprender rutinas. Falta de atención.
• Atraso no desenvolvemento da fala e da linguaxe.
Problemas para expresarse (relatar feitos cotiás, contar un conto, expresar un desexo, etc.).
Dos seis aos oito anos
• Antecedentes familiares de dislexia.
• Confusión na distinción entre dereita e esquerda.
• Dificultade para aprender o alfabeto e as táboas de multiplicar, e, en xeral, para reter secuencias, como os días da semana, os meses do ano, etc.
• Falta de atención e concentración.
• Frustracións, rabietas, etc.
• Problemas para aprender a ler e escribir.
• Tendencia a escribir os números en dirección ou orientación non axeitada.
c. Dos nove aos doce anos
• Antecedentes familiares de dislexia.
• Complicacións para seguir instrucións orais.
• Dificultades co manexo de números e estimacións temporais en situacións da vida cotiá (exemplos: xestionar o diñeiro; entender o reloxo; xestionar o seu tempo; saber as horas, días, meses e anos;
etc.).
• Desatención, falta de madureza, falta de planificación, etc.
• Dificultades na expresión oral, non atopando, facilmente, a palabra adecuada.
• Desorganización na casa.
• Aumento da falta de auto-confianza e da frustración.
• Continuos erros en lectura. Esta pode estar caracterizada por unha lectura con erros e con moito esforzo, lectura correcta pero lenta e
mala comprensión lectora.
• A escritura pode presentar unha caligrafía mala e desordenada (non é capaz de seguir as liñas rectas nin de respectar as marxes dos cadernos, tampouco de organizar operacións matemáticas en columna, etc.). A súa gramática e a ortografía son deficientes, así como a súa capacidade para organizar e escribir os seus pensamentos.
.Dificultade para copiar.
• Problemas de comprensión da linguaxe escrita.
Profesorado E. Infantil
Profesorado
• Descoñecemento do esquema corporal.
• Inmadureza a nivel da motricidade, tanto grosa como fina. Tamén
pode haber dificultade de equilibrio estático e dinámico.
• Problemas na coordinación.
• Non clara dominancia lateral.
• Certa alteración das nocións espaciais.
• Complicacións na execución de secuencias manipulativas e/ou rítmicas.
Dificultades para identificar semellanzas e diferenzas en obxectos parecidos e para completar obxectos aos que lles falta unha parte significativa.
• Dificultade para manter unha atención focalizada, en breves períodos
de tempo.
• Problemas para recordar os números, os días da semana, as cores e as formas.
• Desenvolvemento lento do vocabulario e atraso no desenvolvemento da fala e da linguaxe, con dificultades para articular ou pronunciar palabras.
• Confusións na pronuncia de palabras que se asemellan foneticamente.
• Dificultades co vocabulario relacionado coa orientación espacial.
• Dificultades na expresión.
• Dificultade para seguir instrucións e aprender rutinas.
• Alternancia de días bos e malos, sen causa aparente.
En canto á coordinación e nocións temporais:
Aínda que non en todos os casos ocorre, si é significativo que moito deste alumnado adoita presentar:
◦ Problemas na mobilidade, con dificultades para realizar determinados movementos (ir en bicicleta, saltar á corda, saltar altura, xutar unha pelota, etc.).
◦ Dificultades na lateralidade, con confusións entre dereita e
esquerda.
◦ Complicacións na coordinación motora, que é pobre, equivocándose con facilidade, o que pode ocasionar mala grafía e interliñado.
◦ Dificultades na prensión, ou no modo de coller o lapis.
◦ Dificultades para aprender a manexar o reloxo, controlar o seu
tempo e entender a secuencia das tarefas.
◦ Problemas coas nocións temporais, con
 dificultades para saber a hora, día, mes e ano.
• En canto á fala, á linguaxe e á lectoescritura:
De maneira oral exprésanse mellor ca por escrito, pero, aínda así, a moitos dos alumnos e alumnas ocórrenlles algunhas das seguintes
situacións:
◦ Dificultades de acceso ao uso dun vocabulario correcto e adecuado, podendo darse erros nos conceptos vinculados coa orientación espacial e temporal.
◦ Problemas para seguir unha serie de instrucións.
◦ Estrutura morfosintáctica pobre.
◦ Confusión na utilización de sinónimos e antónimos e de termos con significados funcionais e espaciais (confusión polo uso e por algunha característica común).
◦ Continuos erros en lectura. Esta pode estar caracterizada por unha lectura con erros e con moito esforzo, lectura correcta pero lenta,
dificultade para conectar letras e sons e descifrar as palabras aprendidas, dificultade de decodificación de palabras illadas –con pobres resultados nas probas fonolóxicas-, dificultades máis importantes para ler pseudopalabras, transposición de letras, cambio de orde e inversión de números, mala comprensión lectora, etc.
◦ A escritura presenta erros como: omisións, substitucións, adicións de letras ou alteracións da orde das mesmas; inversión de letras, números e palabras; confusión da dereita e a esquerda e escritura en espello; dificultades na ortografía natural e arbitraria; dificultade para escribir pensamentos e organizalos; gramática e ortografía
deficientes; gran diferenza entre a súa organización e a estruturación dos seus pensamentos, tanto de xeito oral como por escrito; caligrafía mala e desordenada (non é capaz de seguir as liñas rectas nin de respectar as marxes dos cadernos, tampouco de organizar operacións matemáticas en columna, etc.).
◦ Aínda que se expresan mellor oralmente, poden ter dificultades para pronunciar palabras; poden investir, substituír ou cambiar sílabas.
Tamén poden ter dificultade para nomear figuras xeométricas. Ás veces non atopan a palabra correcta e buscan sinónimos, non sempre con éxito.
• En canto aos aspectos cognitivos de percepción, atención e memoria; e secuenciación e planificación: Limitacións na capacidade para integrar información que entenden por separado, sen globalizar.
◦ Condutas de inatención, debido ás dificultades para procesar a información.
◦ Dificultades de concentración cando len ou escriben.
◦ Problemas para automatizar o abecedario, o uso do dicionario, índices, etc.
◦ Escasa memoria operativa e a longo prazo para manexar datos, fórmulas, táboas de multiplicar, definicións, instrucións, recados, mensaxes, etc. Sen embargo, poden presentar boa capacidade para lembrar feitos, situacións ou datos pasados, incluso obxectivamente irrelevantes.
◦ Dificultades para lembrar o aprendido.
◦ Problemas para relacionar os coñecementos novos cos xa adquiridos, polo que se produce un enlentecemento da resposta, mesmo bloqueo.
◦ Complicacións para manexar series, a nivel manipulativo, gráfico e simbólico.
◦ Dificultades para extraer conclusións.
• En canto aos aspectos persoais e sociais:
◦ Poden manifestar desorganización, mostrando, ás veces, escasa autonomía no seu traballo persoal.
◦ Presentan dificultades na realización de tarefas que requiren un esforzo mental sostido.
◦ Cústalles acabar as tarefas e/ou deberes no tempo esperado.
◦ Mostran condutas inatentas en actividades de lectura e escritura, chegando a dar a impresión de distracción.
◦ Chegan a ser emocionalmente sensibles, podendo xerar frustración e déficits no autoconcepto, na autoestima e na auto-eficacia.
◦ Presentan baixa motivación cara ás aprendizaxes nas que predominan o uso da lectura e da escritura. Sen embargo, aumenta a motivación cando os contidos da lectura e/ou da escritura lles
resultan atractivos.
◦ Xeralmente, teñen escasas habilidades sociais, con baixa asertividade.

RESPONSABLES DA DETECCIÓN E VALORACIÓN
Titoras-es
D.O. (D. 229/2011)
EOE

CANDO TEMOS QUE PREOCUPARNOS
1.    Dificultades persistentes alomenos 6 meses
2.    Lectura de palabras imprecisa ou lenta e con esforzo.
3.    Dificultade para comprender o significado do que le.
4.    Dificultades ortográficas.
5.    Dificultades coa expresión escrita.
6.    Dificultades para dominar o sentido numérico, os datos numéricos ou  cálculo.
7.    Dificultades co razoamento matemático.