miércoles, 4 de octubre de 2017

DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL E AUTOESTIMA



A educación emocional favorecerá que o neno e a nena desenvolva a súa intelixencia emocional a través de competencias para xestionar as emocións e os sentimentos.  Ofrece ferramentas, estratexias para ter habilidades sociais, para relacionarse de forma axeitada cos demais (familia, amigos-as, compañeiros-as, profesores-as,...) O desenvolvemento da intelixencia emocional promove que se plantexen retos, metas e como planificar para acadalas. Do mesmo xeito favorece a perseverancia para acadar esas metas e non abandonar ante dificultades. Outro aspecto importante é que os nenos e nenas cunha intelixencia emocional ben desenvolvida son quen de tolerar as frustracións, de aplazar as recompensas e de xestinar tanto alegrías coma fracasos, tristezas, ...
En definitiva a INTELIXENCIA EMOCIONAL conduce a cada persoa cara a un benestar psicolóxico e á felicidade. Onde Gardner fala de intelixencia intrapersoal e de intelixencia interpersoal, Goleman fala de intelixencia emocional e  intelixencia social. Debemos mergullarnos no paradigma cognitivo-emocional.
No desenvolvemento emocional inflúen factores como a propia personalidade do neno ou nena, o estado emocional das súas figuras de apego (nai, pai, familia coa que convive,...), o tipo de vínculos entre esas figuras de apego e o neno ou nena, a propia fortaleza da nena ou neno, o ambiente no fogar, os acontecementos vitais que vivan nenos e nenas, que a vida destes nenos e nenas non estea presidida polo TER, TER e TER.
Por outra parte, o desenvolvemento das emocións favorecerá a consciencia emocional, o contro da semocións e a mellora da autoestima e do autoconcepto.
Para aprender non chega con querer debemos poder aprender e para iso debo sentir que son capaz, que podo facelo, que os demáis (papá, mamá, irmáns, amigos,...) confían en que van ser capaces de facelo.
As aprendizaxes están mediatizadas polo cerebro, polas mans e polo corazón. É dicir, pensar, facer e sentir. Estes tres ingredientes farán posible que os nenos e nenas teñan motivación para  aprender, teñan interese, teñan competencia,...

Pero, podemos  mellora a intelixencia emocional?
Rotundamente si. A intelixencia emocional edúcase, estimúlase e desenvolvese.

Algunhas estratexias para o desenvolvemento da intelixencia emocional son:
  • ter unha boa consciencia emocional
  •  ter bo autocontrol emocional
  •  ter unha boa autoestima que se constrúe  a partir das valoracións externas de persoas significativas  (papá, mamá, irmáns, avós, avoas, amigos-as, mestras-mestres,...) polo que resaltar as cualidades dos fillos e  fillas resulta imprescindible, ofrecer expectativas realistas é necsario, evitar a sobrevaloración é importante, correxir as conductas debe ser necesario,..... 
  •  ter boas relacións afectivas entre os membros da familia
  • ensinar un vocabulario emocional, dos seus estados emocionais: triste, alegre,...
  • ensinar a construir a propia fortaleza emocional e non frustrarse ante os obstáculos.
  • disfrutar das pequenas cousas do día a día: falar do que se fixo durante a xornada cos membros da familia, unha conversa coa familia, un paseo con papá e mamá,...
A continuación poderedes acceder a un folleto explicativo sobre o desenvolvemento emocional: 
PARA SABER MÁIS