sábado, 15 de junio de 2019

DESCUBRINDO TUI CUN ROTEIRO POÉTICO

Tui é un dos mellores escenario para aprender. Tui ten recantos fermosos que o alumnado debe coñecer. Por outro lado o lema de Bibliotecas Escolares 2018-19 é: POÉTICAS DIVERSAS!
Unha andaina por Tui é poesía en sí mesma pero ademáis integramos a búsqueda de versos que perdera unha peregrina, unha peregrina que se engaiolaba cos versos,  por diferentes recantos con encanto de Tui.

O noso alumnado tiña que atopalos e asemade descubrir que levan as persoas peregrinas nas mochilas, que beberaxes máxicos hai para ter forzas para o camiño, etc.
Ao chegar a cada lugar atopaban caixas con códigos QR que tiñan información básica do lugar onde estaban.
Parque do Penedo
Palco da Música
Escultura dos Cabalos de Oliveira
Conxunto Escultórico homenaxe á familia
Cruceiro de San Bartolomé
Ponte das febres 
1ª Misión: descubrir os ingredientes da beberaxe que nos daría forzas para iniciar este camiño (estaban agochados en códigos secretos) e beber da beberaxe: Emoción, aventura, imaxinación, cóxegas, sorrisos e fantasía.


2ª Misión: Localizar os 9 lugares máxicos de Tui polos que pasou a peregrina e polos que nós tamén iamos pasar. As fotografías destes lugares andaban espalladas polo parque do Penedo agochadas nos bancos, nos tobogáns,... 
3ª Misión: Atopar versos agochados de 4 poemas en caixas en diferentes lugares. Para acceder ás caixas debían resolver probas: bailar, carreira de relevos, realizar composición crebacabezas, atopar obxectos e documentos perdidos da mochila da peregrina,...Tódolos versos atopados durante o camiño deberían ser colocados nun taboleiro xigante que estaba na Ponte da Veiga. Neses taboleiros había códigos QR coa declamación dos poemas realizados pola presentadora da Radio Municipal de Tui, Beti Rey.


Misión 4: Selar a Credencial do camiño


Ao rematar este camiño máxico por Tui  tiñan como premio unha COMPOSTELA.
Sabedes cantos obxectos atoparon para a mochila?

Desenvolvemento da actividade
Estades listos!!!
Atentos!!! Buscade os catro carteis para descifrar a fórmula máxica, debedes recollelos e traballar en equipo. Cada cor levará o seu cartel a zona asignada polos mestres, unha vez todos os equipos a atopen porémola en común e cada equipo poderá descifrar a FÓRMULA POÉTICA.
Agora que xa todos temos “superpoderes”, xa estamos listos para que de comezo a nosa “Aventura” no parque do Penedo.
Selamos na Credencial a Parada da Ponte Internacional, que podedes observar dende a zona de saída.
Dende este Parque do Penedo pódese observar Portugal e a Ponte Internacional
PARADA 1: RECANTO PARQUE DO PENEDO.
MISIÓN 2.-  Este foi o primeiro sitio no que nosa peregrina, ensimesmada ca paisaxe perdeu os primeiros versos, se a misión queredes pasar e os versos atopar a seguinte proba tedes que superar.
Polo parque atópanse escondidos as paradas que fixo a peregrina o longo do camiño e polo tanto os posibles sitios onde perdeu os versos, cada grupo deberá atopar as cartolinas cas fotos dos diferentes lugares que nos servirá para coñecer cal será o noso itinerario. Lembrade que só podedes coller as cartolinas da cor do voso equipo e que unha vez as teñades as debedes colocar no voso caderno do xogo.
Cando os catro equipos completen a proba só tedes que darlle a volta as cartolinas e colocalas na orde marcada para descubrir onde se agochan os versos.
Estades listos piratas!!!
(Antes de abrir as caixas na parte superior haberá un código QR que escoitaremos antes de recoller os versos e que nos explicará brevemente as características do lugar, acontecerá por igual en tódalas paradas e dirixiranos a seguinte).
E como diría o poeta, nós para todo viaxe
sempre sobre a madeira,
No noso vagón de terceira…
Iremos cantando, viaxeiros, o longo do sendeiro
“O tren que me leva pola veira do Miño, me leva e me leva polo meu camiño…”
PARADA 2: RECANTO PALCO DA MÚSICA (Iremos en tren dende A Marina)
Chicos!! Onde estamos?
Onde todos nos baixamos!
MISIÓN 3 e 4.
A 3 misión consiste en recoller os versos  agochados nas diferentes paradas e para elo temos que
superar diferentes probas e selar as diferentes paradas. En cada caderno de viaxe (un laranxa, un verde, un azul e un vermello) haberán versos de 4 poemas diferentes (1 por grupo):
-O arco da vella (M. María)
-Ten trenzas o mar (A. García Teijeiro)
-Imos brincar …(X.M. Álvarez Blázquez)
-Abordaxe poética (Fran alonso)
PROBA:  MÚSICA E A BAILAR!!!
Ata aquí chegou a nosa peregrina un día de choiva, onde quedou marabillada pola beleza deste palco dende o que actuaban as agrupacións de música ou de danzas os días de festa. E como a nosa parada fai referencia á música e o baile, atentos!!!
“Se a proba queredes superar e deste xeito os versos atopar, cada equipo un baile terá que realizar e se o final dos catro bailes as profes a proba por superada dan, diranvos onde os versos están”.
Preparados, listos, xa!!!
PARADA 3: RECANTO ESCULTURA DOS CABALOS ( JUAN OLIVEIRA) NA GLORIETA DE VIGO
PROBA 4 e 5.
Dado que o acceso a estatua do Homenaxe á familia é complicado para realizar a proba realizaremos as dúas na Rúa Corredera e obterán dous versos por equipo, un por proba.
PROBA:  O XOGO DAS ESTATUAS.
“Cando chegou aquí a nosa peregrina escoitou un relinchar de cabalos, levou tal susto que saíu correndo deixando atrás outra morea de versos. Se a queredes axudar e os versos recuperar o Baile das Estatuas debedes realizar, pero…. Atentos! Cando escoitedes: - Estatua!! Como os cabalos tedes que quedar.
Estades preparados? Pois atentos que imos comezar e que ningún despistado quede atascado.
Se a proba logrades superar a profe Tere lle teredes que preguntar para os versos atopar.
PROBA:  PARACAIDAS (XOGOS COOPERATIVOS) 2 PARACAS.
Correndo, correndo tropezouse ca estatua da familia. Como sabedes a familia é un gran equipo que se apoian e colaboran para acadar obxectivos xuntos. Se esta proba queredes superar tedes que demostrar que en equipo sabedes traballar. Entre todos o paracaídas temos que levantar, pero… atentos temos que colaborar e o paracaídas o mesmo tempo todos soltar e no medio unha gran aperta hai que dar. Se a estrofa queres atopar á profe Fátima lle tes que preguntar.
Dividiremos dous equipos para cada paracaídas.
PARADA 4:  RECANTO ESCULTURA HOMENAXE Á FAMILIA.
PARADA 5: RECANTO O CRUCEIRO DE SAN BARTOLOMÉ:
PROBA: MONTAR A MOCHILA DA PEREGRINA.
Esta peregrina marchou lixeira de equipaxe, deixando a súa mochila atrás na que levaba as súas pertenencias e os versos que lle restaban. Temos que axudar a nosa peregrina a reconstruír a súa mochila. Cada equipo, como podedes ver, tedes unha mochila baleira e no outro extremo hai cartolinas cos utensilios; un a un teredes que ir ó outro extremo, recoller unha das pertenencias e traela para metela na mochila. Se a mochila conseguides facer a profe Puri lle preguntaredes para saber onde os versos se están a esconder.
Circuíto de relevos.
PARADA 6: RECANTO PONTE MEDIEVAL DA VEIGA
Chegamos finalmente a última das paradas na que a peregrina perdeu os seus últimos versos. Se a os poemas queredes acabar de formar atentos porque tedes que atopar as partes de diferentes puzzles dos sitios polos que acabades de pasar. Lembrade que tan só debedes recoller as cartolinas da cor do voso equipo. Entre todos debemos formar os puzzles dos diferentes lugares que xa están marcados na vosa credencial. Cada equipo deberá facer dous puzzles. Se todos logramos a proba superar, a profe Tere hai que preguntar onde pensa que os versos poden estar.
Finalmente, se a ledicia a peregrina queremos voltar os seus poemas xa podemos formar. Fixádevos nos paneis de madeira, cada un correspondese a unha cor, colocádeos na orde e axeitada e comprobade que todo está en orden e deleitádevos escoitando os poemas.
PARADA 7: RECANTO IGREXA DA VIRXE DO CAMIÑO.    
PARADA 8: RECANTO PONTE DAS FEBRES.
O finalizar a actividade repartiráselles a cada alumno a súa COMPOSTELA.