A atención á diversidade debe ser un desafío nas aulas xa que a diversidade é unha realidade social. A resposta a esa diversidade debe ser deseñada baixo un enfoque inclusivo. Nos espazos escolares non existen 2 alumnos-as que sintan, pensen, razonen, clasifiquen, resolvan situacións problemas ou argumenten da mesma forma. Ademáis, entre 2 alumnas ou alumnos os intereses, motivacións, capacidades, ritmos ou estilos de aprendizaxe son verdadeiramente diferentes.
Baixo este cobertor
non podemos pensar que un deseño
curricular homoxéneo dea respostas a
todos. Igual, cun pouco de sorte, dará
resposta a un alumnado etiquetado como "medio".
E,
entón que facer?
A
proposta dun Diseño Universal de Aprendizaje (DUA) fará posible que o propio
deseño curricular dea resposta a esa diversidade e cobre vida nas aulas cando
un alumno teña DEA, cando unha nena sexa hipoacúsica ou outra con TDA.
O DESEÑO UNIVERSAL PARA A PRENDIZAXE (DUA)
apareceu en EEUU a finais da década dos anos 80 na área ou no ámbito da
arquitectura basándose en 7 principios do Deseño Universal que facilitaban ás persoas
a accesibilidade aos servizos "a priori" e non precisar modificacións
posteriores. En definitiva, dar resposta antes de que aparezan ás necesidades,
anticiparse ás necesidades deseñando productos, recursos, entornos, edificios
que servisen para todas as persoas. Desta maneira, os edificios terían rampas,
que existisen pictogramas para comunicarse coas persoas que non comprendesen a
linguaxe escrita, ter persoas intérpretes da lingua de signos para as persoas
xordas, mobiliario adaptado para paralíticos cerebrais, etc
En canto ao Diseño Universal de Aprendizaxes
debemos referenciar aos profesionais de
CAST a finais dos años ochenta, sus fundadores, David H. Rose (neuropsicólogo
do desenvolvemento) e Anne Meyer (experta en educación, psicoloxía clínica e deseño
gráfico), que con outros membros do seu equipo deseñaron un marco de aplicación
do DUA nos contextos educativos sustentados nun marco teórico que recolle os
últimos avances en neurociencia aplicada ao aprendizaxe, investigación educativa,
e o uso de tecnoloxías e medios dixitales.
Debemos partir da premisa de que a diversidade é unha realidade social e, polo tanto, unha realidade nas nosas aulas. Polo anterior, non podemos homoxeneizar os procesos de ensinanza nin os de aprendizaxe.
Para unha educación inclusiva e personalizada que dea respostas ás necesidades do alumnado as respostas educativas deben contemplar diferentes "rutas" de aprendizaxe con diferentes procesos cognitivos en acción dende os de baixo nivel como coñecer ou comprender ata procesos cognitivos que supoñan habilidades de pensamento máis complexas como analizar, avaliar ou crear. Non todos os alumnos ou alumnas poden ter facilidade para interpretar táboas, valorar diferentes novas sobre a mesma temática e realizar unha comparación ou ben ser quen de deseñar ou inventar un póster dixital.
Tendo claro esta cuestión debo diversificar as actividades propostas dentro de cada UDI/UD/Proxecto.
Unha estratexia metodolóxica activa, dinámica e inclusiva son as PAISAXES DE APRENDIZAXE

Estas paisaxes de aprendizaxe integran as INTELIXENCIAS MÚLTIPLES e os PROCESOS COGNITIVOS das COMPETENCIAS CLAVE o que favorece unha integración curricular reflexiva, consciente, creativa, interdisciplinar, integral. Os procesos de ensinanza e de aprendizaxe creativos, ricos, diversos, contextualizados, inclusivos nacen dende o momento no que nos sentamos a deseñar. É, neste momento, onde a diversidade debe ser o noso cobertor e onde CCCC e IIMM deben ir tecéndose nun proceso interactivo de influencias mutuas.
Para que o DUA sexa coherente debe contemplar:
- emprego de diferentes formas de presentación: oral, rescrita, audiovisual,...
- emprego de diversidades de textos, soportes e formatos para a presentación da información: oral, escrita, audios, gráficos, organizadores gráficos, mapas mentais ou cognitivos,...
- uso de información complementaria como pictogramas, linguaxe non verbal, símbolos, diferentes linguas,...
- o uso de diferentes posibilidades de comprensión: actividades de razonamento, de memorización, de planificación,...
- o emprego de TIC diversas
- o emprego de diferentes fórmulas de execución
- o uso de probas de avaliación de resposta múltiples, de V ou F, ...
- o uso de fórmulas múltiples de motivación
- o emprego de metodoloxías diversas: tarefas integradas, ABP, aprendizaxes basados no pensamento, gamificación, flipped classroom, aprendizaxes basadas en problemas, ...
O DUA pode desenvolverse empregando Paisaxes de
aprendizaxe.