Gardner
establece que os seres humanos teñen múltiples intelixencias. Esta
circunstancia fai que os docentes debamos ser diseñadores de situacións de
aprendizaxe para que esas intelixencias poidan medrar no alumnado. Estas intelixencias
son as fortalezas para o alumnado e
delas debemos partir. Dicir que existen múltiples intelixencias debe ser admitir
que o alumnado aprende de forma diferente. Por este motivo, as propostas
didácticas deben ser diversificadas tendo como referentes estas intelixencias.
Non esquezamos que integrar Intelixencias Múltiples e Competencias Clave en
paisaxes de aprendizaxe é unha das propostas metodolóxicas que debemos poñer en
acción.
Hoxe
a viaxe detense na INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA-VERBAL e, polo tanto, temos que
visibilizar certos procesos que fan posible o seu desenvolvemento:
-escoitar,
falar, conversar, dialogar
-expresar
e interpretar de forma oral e escrita, pensamentos, emocións, vivencias,
opinións,...
-ler e escribir
-buscar, localizar, integrar, interpretar e procesar información
-comprender diferentes tipos de textos: narrativos, expositivos,
argumentativos, dialogados, descriptivos,...
-argumentar
-reflexionar e valorar sobre a información apoarecida nos textos
-aplicar as normas ortográficas con precisión
-crear textos con coherencia
-usar un vocabulario axeitado e correcto
-adaptar a comunicación a cada contexto
-interactuar
de forma axeitada lingüísticamente.
-realizar análise crítica de diversas fontes de información.
|
Algunhas
das propostas para desenvolver esta intelixencia poderían ser:
-visionar
unha película e realizar un resumo oral
-realizar creacións de textos con STORYJUMPER ou STORYBOARD -empregar a narración de textos con storytelling.
-crear
unha historia con 2-3 personaxes
-crear
un guión e gravar unha película co móbil
-conversar
en familia ou cos compañeiros-as sobre temas diversos argumentando as súas
propostas
-gravar
titoriais sobre temáticas diversas
-escoitar audios, programas de radio,... -crear cuñas publicitarias -formar parte de clubes de lectura -realizar acompañamentos lectores -realizar presentacións orais e escritas -crear xornais impresos ou dixitais -realizar entrevistas -crear PODCAST
-realizar
booktrailers
-crear
historias de narrativa dixital
-recitar poesías
-crear
receitas
-crear
decálogos
-crear
unha historia oral mesturando personaxes de contos
-crear
rimas
-escribir
textos para cartas, correos electrónicos,...
-crear
frases divertidas (binomios fantásticos)
-crear
historias a partir de tres imaxes (trinomios)
-resolución
de sopa de letras, encrucillados
-crear
textos discontinuos para carteis
-xogos
de mesa como o ESCRABBLE
-crear
menús semanais
-realizar descripcións de persoas, alimentos, contos, cadros,... |