domingo, 4 de marzo de 2018

Metodoloxías para Aprendizaxes Competenciais

Existen múltiples metodoloxías e moitas investigacións que establecen características das mesmas e a súa funcionalidade no proceso de ensinanza e no proceso de aprendizaxe.

A continuación mostramos unha escolma delas para que teñades argumentos á hora de elexir unha delas. Son 8 metodoloxías para unha educación do século XXI que non son excluintes entre sí senón máis ben complementarias:
  • AULA INVERTIDA (FLIPPED CLASSROOM)
  • DESIGN THINKING
  • A. BASADO EN PROXECTOS OU TAREFAS INTEGRADAS
  • APRENDIZAXE COOPERATIVO
  • GAMIFICACIÓN
  • A. BASADO EN PROBLEMAS
  • A. BASADO NO PENSAMENTO (THINKING BASED LEARNING)
  • A. BASADO EN COMPETENCIAS
Debemos establecer que  cando deseñamos secuencias didácticas podemos (e debemos ) empregar diferentes metodoloxías. Así podo tratar de descubrir o motivo polo que noo inverno as noites son largas, APRENDIZAXE BASADO EN PROBLEMAS, empregando o traballo cooperativo, a gamificación ou tarefa integrada.


Cal é o motivo polo que non se pode, a través dun SYMBALOO, dar información ao alumnado para que reflexione no contexto familiar (FLIPPED CLASSROOM) e logo, na aula, tratar de realizar unha ruta de pensamento como pode ser RODA LÓXICA ou CONSIDERO TODOS OS FACTORES traballando en Grupos cooperativos?

Traballar a través de metodoloxías activas, dinámicas e con propostas de traballo creativas que integren diferentes modelos de pensamento (analóxico, deliberativo, creativo, crítico, sistémico,...) ou que teñan en conta que o alumnado debe poñer en acción múltiples procesos cognitivos e Intelixencias Múltiples lévanos a deseñar PAISAXES DE APRENDIZAXE.

Existe, indudablemente, un proceso de reflexión e planificación por parte dos docentes para establecer que quero que aprendan, como quero que o fagan, que intelixencias deben poñer en acción, que modelos de pensamento son os que desexo que desenvolvan, que metodoloxía debo empregar,  ou que destrezas ou rutas de pensamento serán as máis eficaces para a tarefa integrada proposta, como pode implementar accións para unha metodoloxía Flipped Classroom.

Para saber máis deixo un enlace: Metodoloxías do século XXI