As dificultades do alumnado ASPERGER
son:
-interaccións e relacións sociais:
facer amigos, integrarse nos grupos, descortesías, dificultades no contacto
visual,...
-ámbito da comunicación: dificultades
para seguir instruccións, comprensión da linguaxe dos adultos, interpretacións
literais, exceso ou ausencia de xesticulación, fala rápida ou moi lenta,
preguntas repetitivas,...
-dificultades no ámbito da
imaxinación carencia na flexibilidade de pensamento: temas de interese
restrictivos, temas de conversas obsesivas, fobias, rixidez para facer cambios,
respostas estereotipadas intereses restrinxidos, ,...
-dificultades sensoriais e motoras:
reaccións inaxeitadas de cara aos sons, reaccións inapropiadas ao contacto
físico, hipersensibilidade aos estímulos visuais, coordinación motora,...
-dificultades emocionais:
frustracións, autocontrol, ansiedade, autoconciencia,...
-destrezas para o traballo na aula e
función executiva: motivación, organización persoal, concentración, memoria
insistencia nas rutinas,...
OBXECTIVOS
-Promover as relacións interpersonais
-Fomentar o incremento de intereses
-Promover secuencias didácticas
favorecedoras do desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social, ...
-Dinamizar secuencias para
incrementar o razonamento, comprensión, percepción, atención, memoria,...
-Estimular estratexias e técnicas
para aprender a pensar
-Ofrecer habilidades e destrezas para
o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación verbal e non verbal.
-provocar que saiba comezar, manter e
finalizar conversas
-estimular a comprensión de
metáforas,...
-dinamizar conductas de cooperación e
colaboración
-desenvolver posibilidades de
adquisión de novos patróns de conducta
-dinamizar estratexias para
localización, organización e análise da
información
-promover respostas á necesidade de
espazos tranquilos, antiestrés, sosegados,...
-dinamizar a adquisición de regras
convencionais
-promover a linguaxe non verbal:
xestos, posturas, movimentos de brazos,..
-deseñar ambientes estructurados e
predecibles
-empregar os intereses como
reforzadores
-adecuar os ambientes de aprendizaxe:
tempos, espazos e recursos
-reforzar con apoios visuais
-traballar a proximidade cos demáis,
o contacto físico e volume e ton de voz
-ofrecer estratexias para controlar o
seu autocontrol: non correr, ir ao espazo de tranquilidade, escoitar unha
música,...
-promover a comprensión e coñecemento
da forma de actuar do alumnado ASPERGER por parte dos demáis.
-dinamizar programas de HHSS
PARA SABER MÁIS
O ALUMNADO ASPERGER NO ÁMBITO EDUCATIVO
ESTRATEXIAS PARA O ALUMNADO ASPERGER
PARA SABER MÁIS
O ALUMNADO ASPERGER NO ÁMBITO EDUCATIVO
ESTRATEXIAS PARA O ALUMNADO ASPERGER