jueves, 15 de marzo de 2018

PLAN DE CONVIVENCIA DIRECTRICES

O PLAN DE CONVIVENCIA: DIRECTRICES E REFERENCIAS
 


Lei 4/2011
Decreto 8/2015
PLAN DE CONVIVENCIA
FINS E PRINCIPIOS
TÍTULO III, CAP. I, art. 10: Elaborado pola comisión de convivencia ou polo E.Direcivo e aprobado polo C. Escolar
Documento que articula a convivencia dun centro e garante os dereitos da liberdade, previr conflictos, resolución pacífica de conflictos.
 os O devandito plan integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas de convivencia e as actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.
CAP. II, ART. 11 SECCIÓN 1ª Artigo 11.
Obxecto, fins e principios do plan de convivencia
1. O plan de convivencia do centro é o documento no cal se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica.
2. O proxecto educativo de cada centro docente incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas sobre a materia. O dito plan de convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas de convivencia e actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.
 NECESARIO VALORAR: PE, P.A. DIVERSIDADE, PXA, NOF, PAT, C. CURRICULAR, CCCC, METODOLOXÍA

OBXECTIVOS PLAN DE CONVIVENCIA

CAP. II, ART. 11 SECCIÓN 1ª Artigo 12. Obxectivos xerais do plan de convivencia
O plan de convivencia deberá contribuír á consecución dos seguintes obxectivos xerais:
a) Facilitarlles aos órganos de goberno e ao profesorado instrumentos e recursos en relación coa prevención da violencia e a mellora da convivencia no centro.
b) Concienciar e sensibilizar a comunidade educativa sobre a importancia dunha adecuada convivencia escolar e sobre os procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o óptimo aproveitamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado.
c) Fomentar nos centros educativos os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no fomento da igualdade entre homes e mulleres.
d) Facilitar a prevención, a detección, o tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos que se poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendizaxe.
e) Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e racistas.
f) Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.
g) Contribuír desde o ámbito da convivencia á adquisición das competencias básicas, particularmente das competencias social e cidadá e para a autonomía e iniciativa persoal.
h) Fomentar e facilitar a participación, a comunicación e a cooperación das familias no mantemento da convivencia nos centros docentes.
i) Establecer, incrementar e consolidar as relacións con entidades e institucións do contorno que contribúan á construción de comunidades educadoras e a unha convivencia de calidade que potencie os dereitos e as liberdades fundamentais.

ESTRUCTURA DO PLAN DE CONVIVENCIA

TÍTULO II, CAP. II, Artigo 13. Estrutura do plan de convivencia
O plan de convivencia presentará, como mínimo, a seguinte estrutura:
a) A análise da situación, partindo dun diagnóstico previo da convivencia no centro.
b) Os obxectivos específicos do plan de convivencia derivados da análise previa.
c) Descrición das actuacións, das medidas ou dos programas que se van desenvolver para favorecer a convivencia, incluíndo medidas preventivas e de sensibilización e actuacións organizativas, curriculares e de coordinación, entre outras.
d) O protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar, de conformidade co establecido no artigo 30.2 da Lei 4/2011, do 30 de xuño.
e) Concreción, en cada unha das actuacións, das medidas ou dos programas, das persoas ou dos órganos responsables, das persoas destinatarias e dos procedementos que se van seguir para o seu desenvolvemento e execución.
f) Normas de convivencia do centro, coa concreción dos dereitos e deberes dos diferentes membros da comunidade educativa, así como un protocolo que contribúa á detección ou ao incumprimento destas.
g) Establecemento das condutas contrarias á convivencia e das correccións que correspondan ao seu incumprimento que, de ser o caso, se aplicarán, de conformidade co establecido neste decreto en desenvolvemento da Lei 4/2011 e demais normativa que sexa de aplicación.
h) As normas específicas para o funcionamento da comisión de convivencia do centro, a súa composición, a periodicidade das reunións e o plan de actuación e, de ser o caso, da aula de convivencia inclusiva ou da escola de nais e pais.
i) Mecanismos de coordinación e colaboración interna no centro, coas familias e con outros centros educativos ou organismos do contorno.
j) Estratexias para realizar a difusión do plan de convivencia.
m) Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan de convivencia.
ANÁLISE OU DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN DA CONVIVENCIA NO CENTRO

TÍTULO II, CAP. II Artigo 14. Análise ou diagnóstico da situación da convivencia no centro
AXENTES DA CONVIVENCIA

TÍTULO II, CAP. II, ART.4, 5, 6, 7, 8, 9, 10: COMUNIDADE EDUCATIVA, C. ESCOLAR, COMISIÓN DE CONVIVENCIA, CLAUSTRO, E. DIRECTIVO, ÓRGANOS COORDINACIÓN DOCENTE, CONSELLO DE CONVIVENCIA DA C.A.G.
ACTUACIÓNS, MEDIDAS E PROGRAMAS FAVORECEDORES DUNHA CONVIVENCIA DE CALIDADE

TÍTULO II, CAP. II SECCIÓN 1ª, Artigo 15. Actuacións, medidas e programas favorecedores dunha convivencia de calidade
1. Actuacións organizativas, curriculares e de coordinación. Debe considerarse, especialmente, a organización do centro e da aula; a coordinación das actuacións docentes; a programación e desenvolvemento do currículo; as estratexias metodolóxicas; a avaliación do progreso do alumnado e da práctica docente; e as actividades complementarias e extraescolares.
2. Actuacións dirixidas a garantir a participación da comunidade educativa, incluída a formación co obxectivo de mellorar a convivencia escolar e a resolución pacífica de conflitos.
3. Actuacións dirixidas á prevención de condutas contrarias ás normas de convivencia, incluíndo a difusión de normas e accións de sensibilización e protocolos de detección temperá.
4. Protocolo para a prevención, a detección e o tratamento das situacións de acoso escolar, que incorporará, como mínimo, as seguintes previsións:
a) Realización de campañas de sensibilización contra o acoso escolar, dirixidas a toda a comunidade educativa, que axuden a previlo e a preparar para detectalo e reaccionar e intervir fronte a este.
b) Establecemento de canles específicas que faciliten ás vítimas a exteriorización das situacións de acoso escolar.
c) Determinación das medidas que deben adoptarse en caso de detección dunha situación de acoso escolar para pórlle fin, sen prexuízo das correccións disciplinarias que correspondan. En todo caso, preverase a designación, pola persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado, dunha persoa responsable da atención á vítima de entre o persoal do propio centro docente. Esta designación procurarase que, cando sexa posible, recaia sobre unha persoa con que a vítima garde unha relación de confianza ou proximidade.
4. Medidas que se poden aplicar no centro para previr, detectar, mediar e resolver os conflitos que poidan xurdir, entre as cales se incluirán os compromisos de convivencia, as actuacións preventivas e que contribúan á detección da conflitividade e a conciliación ou mediación na resolución dos conflitos que puidesen xurdir, de conformidade co establecido neste decreto.
5. Medidas ou programas específicos para promover a convivencia no centro, que fomenten o diálogo, a corresponsabilidade e a cultura de paz.
SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA P. CONVIVENCIA

TÍTULO II, CAP. II, SECCIÓN 1º ART 16
DIFUSIÓN PLAN DE CONVIVENCIA

TÍTULO II, CAP. II, SECCIÓN 1º ART 17 1. O equipo directivo dos centros docentes levará a cabo as actuacións necesarias para que o plan de convivencia sexa coñecido, aplicado e valorado por todos os sectores da súa comunidade educativa. Así mesmo, levará a cabo as actuacións necesarias para difundir as normas de convivencia na comunidade educativa.