Fonte: Protocolo de consenso sobre TDAH |
O TDAH maniféstase nos distintos
ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola,
relacións interpersoais, actividades de lecer), en forma de dificultades para
agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e
emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
A desatención obsérvase na existencia
de comportamentos como a dificultade para manter a concentración nas tarefas, a
falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización. A hiperactividade
refírese ao exceso de mobilidade e áinquietude constante (nas persoas
adolescentes e adultas afectadas por TDAH só permanece, habitualmente e de
maneira interna, a inquietude). E a impulsividade ten que ver coas actuacións
sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como á
dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo.
As manifestacións características do
TDAH danse nos distintos ámbitos nos que a persoa afectada se desenvolve (na
familia, na escola, no traballo, cos iguais, nas actividades de lecer, etc.),
aínda que adoitan variar e ser diferentes dependendo do contexto. De igual
modo, os signos do trastorno poden ser leves ou mínimos naquelas situacións nas
que a persoa afectada está a recibir recompensas ou incentivos constantes, en
situacións novas ou pracenteiras, ou cando está baixo unha estreita supervisión.
Pola contra, fanse máis notorios os síntomas naquelas situacións nas que a
actividade é monótona e pouco motivadora e cando o froito ou o resultado desta
non se produce de forma inmediata.
Na actualidade, considérase que o
trastorno pode amosarse en tres modalidades diferentes:
1.- Presentación combinada: é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como os de
impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o nivel evolutivo da
persoa.
2.- Presentación
predominantemente impulsivo-hiperactiva: nela predominan os síntomas de
impulsividade e/ou hiperactividade, mentres que os síntomas de inatención teñen
unha menor presenza. Esta presentación é máis frecuente nas nenas e nos nenos
de menor idade.
3.-Presentación predominantemente
inatenta: nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de
inatención.
MANIFESTACIÓNS TDAH
Que indica que un neno ou
unha nena pode presentar TDAH?
Sen dúbida, as manifestacións dun posible caso deste trastorno poden darse en múltiples situacións, contextos ou escenarios. A seguir as características que poden servir de indicio para sospeitar a presenza do TDAH:
MANIFESTACIÓNS MÁIS REPRESENTATIVAS RELACIONADAS COA INATENCIÓN
- Adoita prestar máis atención aos detalles e xa non incorre en tantos erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades.
- Parece que ten dificultades para manter a atención pero percibimos que a información está procesada.
- Normalmente non escoita cando se lle fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar, mesmo en ausencia de elementos promotores de distracción pero este asppecto mellorou no derradeiro curso.
- Non acostumaba a seguir as instrucións e non remataba as tarefas escolares, encargos ou obrigas no ámbito do traballo escolar pero xa vai sendo quen de facelo.
- Xa non ten tantas dificultades para organizar as tarefas e as actividades.
- Normalmente evita, desgústase ou resístese a dedicarse a tarefas que requiren un esforzo mental continuado.
- Xa non é tan habitual que se distraia por estímulos irrelevantes.
MANIFESTACIÓNS RELACIONADAS COA
HIPERACTIVIDADE-IMPULSIVIDADE
Relacionadas coa hiperactividade:
- A miúdo móvese, repica -cos dedos, mans e/ou cos pés- sobre unha superficie imita o son do tambor ou retórcese no asento.
- Acostuma a érguese do asento en situacións nas que é impropio facelo Adoita correr ou saltar excesivamente pero xa vai controlando a súa hipercinesia.. 21
- Segue a ter dificultades para xogar ou para dedicarse a actividades de ocio tranquilamente.
- Acostuma a estar en movemento, sen acougo cando as actividades lle aburren ou pensa que non é quen de facelo.
- A miúdo fala en exceso.
Relacionadas coa impulsividade:
- Acostuma a precipitar respostas antes de que rematen as preguntas. •• A miúdo ten dificultades para esperar a súa vez.
- Acostuma a interromper aos demais nenos-as.
A nivel socioemocional,
caracterízase polo seguinte:
- Frústrase facilmente.
- Ten dificultade para comprender as relacións sociais, 23
- Cambia de estado de ánimo con moita frecuencia, e desmoralízase
- facilmente.
- Cústalle respectar as regras dos xogos.
- Testanea e enfádase con moita frecuencia.
- Presenta unha baixa autoestima, inseguridade e dependencia excesiva das persoas adultas.
- Presenta estados emocionais variables
- Responde moito mellor aos incentivos de carácter inmediato.
Cadro resumo de intervención educativa
ORIENTACIÓNS XERAIS PARA
RESPOSTAS EDUCATIVA ALUMNADO TDAH
|
||
O
alumnado con TDAH responde a un patrón
persistente de conduta
de desatención, hiperactividade e
impulsividade. Existen distintos subtipos de TDAH: hiperactivo-impulsivo, inatento e combinado
|
||
Modalidade de escolarización:
Centro Ordinario
|
||
Hiperactividade
Características
1-móvese
en momentos nos que non resulta adecuado
2-cústalle
permanecer quieto cando é necesario
3-fala
en exceso
4-ten
dificultade para relaxarse
5-cambia
de actividade sen finalizar ningunha
6-ten
falta de constancia
|
Inatención
Características
1-ten
dificultade para manter a atención durante un tempo prolongado
2-non
presta atención aos detalles
3-presenta
dificultades para finalizar tarefas
4-cústalle
escoitar, seguir ordes e instrucións
5-
é desorganizado nas súas tarefas e actividades
6-adoita
perder ou esquecer obxectos
7-non
conclúe o que empeza
8-presenta
dificultades para seguir as normas ou detalles dos xogos
|
Impulsividade
Características
1-é
impaciente
2-ten
problemas para esperar a súa quenda
3-non
pensa antes de actuar
4-interrompe
constantemente aos demais
5-ten
respostas prepotentes: espontáneas e dominantes
6-tende
a “ toquetearlo” todo
7-adoita
ter conflitos cos adultos
|
Pautas xerais de prevención e
intervención no centro/aula
|
|
-Información-formación
ao profesorado
-Incentivar
á elección de titorías con alumnado TDAH
-coordinación
coa familia
-Coordinación
entre o profesorado
-
Coordinación entre diferentes profesionais (Sergas, SSSS, Gabinetes…)
-aula
con bo clima de traballo
-o
profesorado que harmoniza as normas claras e coherentes coa empatía e co
reforzo positivo. Os estilos permisivo ou autoritario son negativos nestes
casos
-Sentarse
a carón do alumnado que lle ofreza tranquilidade
-
Debe evitarse a proximidade a portas, fiestras, papeleiras e lugares de maior
tránsito, así como a estímulos sonoros ou visuais.
|
-Mesa da alumna ou do alumno. Enriba da mesa só
estarán os materiais que necesite para realizar a tarefa, e, ao remate,
deberá recollelos e gardalos, e hase de evitar que acabe xogando con eles e
convertendo a mesa nun pequeno taller.
-Normas de convivencia consensuadas na aula.
-Manter un ambiente estruturado, motivador e con rutinas
predicibles axudaralle ao alumnado a sentirse seguro e a saber o que ten que
facer en cada momento.
|
Medidas ordinarias de atención á
diversidade (art. 8, 9 do D. 229/2011) máis recomendables
|
Medidas extraordinarias de
atención á diversidade (art. 9 do D. 229/2011) se fose necesario
|
1-Adecuación
estructura organizativa do centro e da aula (horarios, agrupamentos, espazos)
ás características do alumnado
2-adecuación
das programacións
3-metodoloxías
baseada no traballo colaborativo, TEI, cooperativo, debates
4-programa
de reforzó nas instrumentais
5-programas
específicos personalizados
6-programa
de HHSS
7-aprendizaxe
por proxectos, paisaxes de aprendizaxe, Circuitos de aprendizaxe por
estacións, ABP, A. basado en problemas,…
8-adaptación
de tempos e instrumentos de avaliación
9-aula
sde atención educativa e convivencia e actuacións para a mellora da convivencia
10-Desdobramentos
de grupos
11-Reforzo
educativo e apoio do profesorado con disponibilidade horaria.
12-programas
de recuperación
|
1-Adaptacións
curriculares
2-Apoio
profesorado especialista en PT, AL
|
Manifestacións reseñables na
aula do TDHA
|
|
1-Traballan
de xeito lento e/ou con frecuentes interrupcións e non dan rematado a tempo.
2-Producen
un traballo escolar de pouca calidade (desordenado, con moitos erros, etc.).
3-Teñen
mal rendemento nos exames e nos controis, peor do esperable polo seu nivel de
dominio da materia.
4-O
seu rendemento escolar está por debaixo do que poderían ter.
5-Teñen
problemas para cumprir as normas e as instrucións da aula, manéxanse ruidosamente e distorsionan a súa
marcha xeral
|
6-Cústalle
comezar o traballo. Non comeza por si só ou soa
7-Amosa
desorde e desorganización e non completa os traballos
8-
Presenta os traballos sucios, rachados ou deteriorados
9-Morde,
chupa e xoga co material
10-Cáenlle
as cousas ao chan con excesiva frecuencia, rompe materiais
11-
Esquécese de darlles a volta ás follas dos exames
12-
Cando unha pregunta ten varias partes, contesta a primeira e esquece as
seguintes.
|
Intervención e resposta educativa na aula máis relevante |
|
1-contidos
estruturados debido á dificultade que teñen para organizar antes de actúa
2-instrucións
e tarefas simples, concretas e precisas.
3-leccións
estruturadas debido á dificultade que teñen para organizar antes de actuar
4-para un
estudante con TDAH o cambio dunha
materia, tarefa ou clase a outra resulta especialmente complicado
5-explicar
as cousas de forma moi segmentada, con
pasos moi concretos, que deixen moi claro o que se espera deles e as consecuencias por non realizalo
6-establecer
unhas metas alcanzables e medibles desde un principio.
7-Deseño de actividades multinivel, paisaxes de aprendizaxes,
circuitos de aprendizaxe por estacións de traballo (T. Domínguez)
8-Alternar actividades teóricas con traballo
práctico
9-Antes de empezar unha actividade, hai que explicala
de xeito claro e sinxelo, e asegurarse de que a entendeu todo o alumnado.
10-Utilizar estratexias para captar a atención
11-reforzar positivamente ou para reconducir a execución
ou as distraccións
12-Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución
oral
13-Combinar actividades máis estimulantes con outras
menos motivadoras e variadas
14-Reducir e fragmentar as actividades.
15 Non sobrecargar de tarefas para a casa
16- nas explicacións ou exposicións orais do
profesorado asegurarse de que atende, utilizar frases curtas e claras, manter
o contacto visual e permanecer cerca focalizando a atención nos conceptos
“clave”; utilizar estímulos visuais e presentar a idea principal
explicitamente ao principio da explicación; empregar mapas mentais,
cognitivos, organizadores gráficos,…
|
17-asegurarase de que o alumnado o mira aos ollos,
que entende o exposto e, de ser o caso, que copiou o sinalado.
18-Utilizar diferentes formas e instrumentos de
avaliación e complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa
que están incompletos. Deixar máis
tempo para os exames ou probas escritas, incluso dividilas en dúas sesións, e
ser flexibles na súa duración. 19-Uso da axenda supervisada pola familia e o
profesorado
20-Negociar co alumnado períodos curtos de atención cando realiza tarefas, de cara a ir aumentando a súa duración de forma progresiva reforzando o esforzo polo aumento de tempo de atención e deseñando actividades onde poida ter éxito, segmentando en fases as máis difíciles e negociando un tempo para rematar cada unha.21-evitar apartalo nun recuncho da clase porque pode afectar negativamente á súa autoestima e pode favorecer conflitos cos seus compañeiros.
22-evitar
poñerlle en evidencia: Procura non facer diferenzas entre estudantes con TDAH e sen el.
23-facilitar
que corrixan os seus propios erros: Explica en cada tarefa como identificar e
corrixir os erros, e proporciona un tempo razoable para que poidan revisar o
seu traballo
24-é
máis recomendable colocar as mesas en filas que en grupos de mesas. Son máis
fáciles de controlar
25-realizar
comentarios positivos sobre un bo comportamento pode animar ao neno para
repetilo, ademais de mellorar a súa autoestima e motivación
26-establecer
límites claros sobre que comportamentos son inaceptables e explicar que pode
suceder se se cometen.
|
Intervención na modificación
conducta
|
Intervención na mellora da autoestima
|
1-Negociaranse co alumnado unhas cantas normas de
funcionamento (non moitas) e as consecuencias do seu cumprimento e incumprimento.
2-evitar os enfrontamentos verbais e retadores pero
con firmeza e sen cúlpalo-la
3-reforzo positivo de condutas adecuadas ou
aproximacións.
4-Ignorar os comportamentos de chamadas de atención
que non sexan moi molestos.
5- Permitir momentos de descanso
6-Utilizar puntos para conseguir premios ou
incentivos
7- Establecer consignas non verbais co alumnado para
advertilo do incumprimento dalgunha norma.
8-Evitar a acusación, ridiculización, etiquetaxe moral
ou estigmatización
9-Ensinar técnicas útiles para a mellora no funcionamento
cognitivo e no control da atención.
10-Proporcionar estratexias de memorización,
xeralización, resolución problemas
11-Compartir responsabilidades na aula xa que esas
accións permítenlle moverse de vez en cando e descansar para poder recuperar
a atención e a concentración
|
-Fomentar unha relación positiva entre o alumna-do e
o profesorado.
-Coñecer o seu estilo de aprendizaxe, as súas
capa-cidades, as súas preferencias e motivacións.
- Ofrecerlle ao alumno experiencias de éxito, e
re-forzarase calquera pequeno logro na aprendizaxe e/ou na conduta.
- Ofrecerlle confianza e expectativas positivas, facéndolle
correccións respecto á súa tarefa e ache-gando propostas de mellora.
-Axudarlle a coñecer e a manexar as súas emo-cións
(baixa tolerancia á frustración, dificultades para atrasar a gratificación)
- Evitar avaliar sempre negativamente e proxectar
expectativas de éxito
|
Propostas de orientacións xerais para a prevención e a intervención
psicoeducativa
Todo programa de intervención debe estar baseado nas potencialidades e nas necesidades educativas , no principio de inclusividade e no desenvolvemento da intervención dun xeito multicontextual.
Técnicas de modificación de conducta.
Utilízaranse para favorecer o cambio de comportamento a través dunha serie de estratexias. Con elas preténdese reducir ou eliminar as conductas problemáticas e fortalecer as conductas adecuadas.
Técnicas para incrementar a conducta
desexada como o reforzo positivo e a
economía de fichas.
Técnicas para reducir as conductas
non desexadas como retirar a
atención diante dunha conducta
inadecuada, reforzar conductas
alternativas, privalo de obter reforzamento etc.
Outras técnicas para a mellora
cognitiva.
- Autoinstrucións.
- Solución de problemas.
- Autoobservación.
- consciencia das conductas e atribución adecuada dos éxitos e dos fracasos.
- Habilidades sociais.
Estratexias de modificación de conducta
Os docentes e os iguais deben ser o referente de conducta reflexiva pois o
neno aprende máis por observación ca
polo que se lles di ou polo que oen.
Así, para favorecer que as conductas conflitivas sexan cambiadas por outras máis axustadas poden
utilizarse as seguintes estratexias, con fin de garantir o control e a
seguridade do neno:
- Retirar a atención: Ignorar as conductas inadecuadas favorecerá a súa desaparición.
- Saír da situación: Pódese optar por saír da situación dicíndolle que “cando estea tranquilo pode buscarnos para falar”
- Tempo fóra: Cando o neno entra en crise e berra, chora, arremete, insulta a nai ou o pai ou lanza obxectos, hai que retiralo da situación onde está, mandalo para un espazo neutro e controlar a súa seguridade, pero sen lle falar. O máis importante é que, unha vez rematada a crise, non consiga nada do que quería cando empezou o enfado.
- Reforzar as conductas alternativas ou positivas: As estratexias de extinción da conducta problemática deben ir acompañadas do reforzo da conducta positiva alternativa, para consolidar a mellora do comportamento.
- Adquirir estratexias de comunicación e diálogo
Estratexias de intervención nas
dificultades específicas da aprendizaxe.:
- percepción visual
- percepción auditiva
- lóxica-matemática
- razonamento con figuras
- secuencias manipulativas
- comprensión oral
- tratamento da lectura, da comprensión
- escrita, da expresión escrita, da numeración, do cálculo e da resolución de problemas matemáticos.
- secuencias visuais das tarefas a desenvolver
- horarios visuais para ir integrando e estructurando a súa organización
Orientacións
para o profesorado
- estratexias de modificación de conducta como "tempo fóra" empregándoo sempre que sexa necesario.
- rexistro conductas disruptivas focalizando naquelas que sexan graves: pegar aos demáis, interrumpir sempre, insultar ou lanzar obxectos polo aire,... e tratar de non dar moita importancia a outras que se tratarán de eliminar cando xa as máis graves estean controladas. Pensemos que non podemos abordar todas nestes momentos.
- emprego dun reloxio de area para marcar tempos de espera, de tranquilidade
- deseño de recantos atractivos para él: construccións de obxectos, robots, montaxe e desmontaxe de mecanos,...
- horarios visuais con pictogramas que se empregarán con todo o alumnado
- adecuar as programacións ás necesidades do alumnado
- establecer ambientes de aprendizaxe
- adecuar as estructuras organizativas da aula
- adecuar as metodoloxías polo que os tempos da execución de tarefas deben terse en conta
- facer parellas de aprendizaxe
- dinamizar aprendizaxes cooperativos
- ter en conta un Deseño Universal de Aprendizaxes
- promover paisaxes de aprendizaxes con tarefas que teñan diferentes graos de dificultade
Desenvolvemento emocional.
Autoestima
A posible sensación de fracaso leva a que se resinta a súa autoestima, polo que necesitan axuda para entender as súas emocións e controlalas. Hai que coidar a linguaxe, cambiar o “es” por “estás”, criticar o que é a conducta e non a do neno, (o teu cuarto está desordenado, ordéao en vez de : eres un desordenado), darlle mensaxes positivas e dicirlle o que se espera del ou dela, valorar o seu esforzo e non só o resultado, establecer normas e límites, darlle responsabilidades, utilizar máis os premios ca os castigos, inscribilo en actividades nas que destaque, invitar as súas compañeiras e compañeiros á casa etc.
os ámbitos destas actuacións serán: Consciencia emocional, autocontrol
emocional e autoestima-autopercepción.
Orientacións
para a familia
Algunha das estratexias serían:
- Unificación de criterios entre as persoas adultas da familia
- Repartir e compartir as tarefas e as responsabilidades da crianza e das consecuencias do TDAH das rapazas e dos rapaces. É moi importante que as persoas adultas que conviven na casa teñan o mesmo criterio á hora de educar e que sexan modelo de conducta reflexiva. É dicir, hai que actuar sempre do mesmo xeito, para non confundir a nena ou o neno e a nai e o pai manterán a mesma liña de actuación
- Coordinación da familia cos servizos educativos e sanitarios e tamén cos Servizos externos)
Normas de convivencia familiar
Poñer normas e límites para a
totalidade da familia é o primeiro paso para desenvolver unha disciplina
positiva. Estas deben ser poucas, claras e ben definidas. Así mesmo, deben
expresarse como afirmación (“Recolle os
xoguetes do teu cuarto!”), máis que como petición ou favor (“Queres recoller os
xoguetes do teu cuarto?”). Non son eficaces os reproches e as discusións
permanentes. Tamén é importante establecer as consecuen cias das conductas
positivas e negativas e ser coherente na
súa aplicación. Necesidade de supervisión e guía para poder organizarse
e manexar o tempo. As rutinas e un horario estable axudaralles a afrontar as
súas responsabilidades que poden facerse a través de horarios visuais para que
o neno saiba o que ten que facer ou saiba o que lle queda por facer.
•Consecuencias positivas e/ou negativas das conductas. Tanto as
consecuencias que se derivan dunha conducta positiva coma dunha negativa deben
ser proporcionadas e inmediatas á conducta, para que sexan efectivas.
Utilizaranse, preferentemente, os reforzos positivos (por exemplo: felicitar
inmediatamente despois de que a nena ou o neno faga algo bo, e sorprendelo, tan
frecuentemente como sexa posible, xa sexa cun sorriso ou cunha loubanza).
Modificarase, o antes posible, calquera conducta negativa. Explicaráselle, con
claridade, o que fixo mal e suxeriráselle que propoña que outras cousas boas podería facer..
Realización de tarefas na casa acorde coa súa idade (recoller os xoguetes,
poner a mesa, recoller o baño logo da ducha, ….)
Desenvolvemento emocional. Autoestima
A posible sensación de fracaso leva a que se resinta a súa autoestima, polo
que necesitan axuda para entender as
súas emocións e controlalas. Hai que coidar a linguaxe, cambiar o “es” por
“estás”, criticar o que é a conducta e
non a do neno, (o teu cuarto está desordenado, ordéao en vez de : eres un
desordenado), darlle mensaxes positivas
e dicirlle o que se espera del ou dela, valorar o seu esforzo e non só o resultado, establecer normas e
límites, darlle responsabilidades, utilizar máis os premios ca os castigos,
inscribilo en actividades nas que destaque, invitar as súas compañeiras e compañeiros á casa etc.
Estratexias de modificación de conducta
Os membros da familia deben ser
modelo de conducta reflexiva pois o neno
aprende máis por observación ca polo que se lles di ou polo que oen. Así, para favorecer que as conductas
conflitivas sexan cambiadas por outras
máis axustadas poden utilizarse as seguintes estratexias, con fin de garantir o
control e a seguridade do neno:
• Retirar a atención: Ignorar as conductas inadecuadas favorecerá a súa
desaparición.
• Saír da situación: Pódese optar por saír da situación dicíndolle que
“cando estea tranquilo pode buscarnos
para falar”
.• Tempo fóra: Cando o neno entra en
crise e berra, chora, arremete, insulta a nai ou o pai ou lanza obxectos, hai
que retiralo da situación onde está,
mandalo para un espazo neutro e controlar a súa seguridade, pero sen lle falar.
O máis importante é que, unha vez rematada a crise, non consiga nada do que
quería cando empezou o enfado.
• Reforzar as conductas alternativas ou positivas: As estratexias de
extinción da conducta problemática deben ir acompañadas do reforzo da conducta
positiva alternativa, para consolidar a mellora do comportamento.
•Adquirir estratexias de comunicación e diálogo: Deben desenvolverse formas de comunicación e
diálogo que melloren as relacións familiares.
•a familia será a canle de comunicación entre o centro e os servizos
sanitarios ou externos para unha acción integrada.
Actividades
complementarias.
A participación en actividades complementarias, especialmente nas de equipo
ou colectivas favorecen aprender as
normas, controlar a impulsividade e mellorar a o socialización.
•Favorecer a súa relación con amigas e amigos e con compañeiras e
compañeiros. Resulta moi útil para o neno ensaiar e exercitar na casa conductas
de: Compartir cousas, respectar a quenda, pedir xoguetes. Permitirlle o acceso
a xoguetes, cromos, películas, libros de aventuras, etc. que espertan interese
entre as súas compañeiras e compañeiros, para facilitar a súa integración e
participación pero cumprindo as normas do seu uso en determinadas situacións.
• Invitar a outras nenas e nenos ao seu aniversario, cun plan de xogo
preestablecido supervisando o comportamento mentres xoga.
Escoitar durante uns minutos contos e pouco a pouco ir incrementando o
tempo.