Tal como aparece
reflectido na ORDEN ECD 65/2015 no seu Anexo II o proceso de
ensino-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa tendo claro cales
son os obxectivos ou metas, cales son os recursos materiais precisos, que tipo
de metodoloxía é a máis axeitada ou como pretendemos avaliar para que
sexa un proceso para mellorar e aprender como elemnto retroalimentador do
proceso.
A
metodoloxía elexida debe partir, necesariamente, do papel que os docentes temos
no proceso de e-a, é dicir debemos ser PROMOTORES,
FACILITADORES, MEDIADORES das CCCC e, por este motivo debemos, empregar
ofrecer estratexias para a tender á diversidade de intereses, motivacións,
destrezas, habilidades, ritmos e estilos de aprendizaxe (art. 3 D.
229/2011).
Un
dos recursos metodolóxicos que podemos empregar son as prácticas de
traballo cooperativo xa que favorecen a motivación por aprender nos alumnos e
alumnas xerando neles a curiosidade e a necesidade por adquirir os
coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias.
Amáis para potenciar a motivación pola aprendizaxe de competencias requírense,
ademais,metodoloxías activa se contextualizadas. A través das aprendizaxes
cooperativa, os membros do grupo coñecen as estratexias utilizadas polos seus
compañeiros e asi as podan aplicar a situacións similares.Para un proceso de
ensino-aprendizaxe competencial as estratexias interactivas son as máis
adecuadas, ao permitir compartir e construír o coñecemento.
As prácticas de aprendizaxe cooperativo, son segundo Pujolás o uso didáctico de equipos reducidos de alumnos se pode aproveitar ao
máximo a interacción entre eles co fin de maximizar a aprendizaxe de todos. Os
principais elementos desta aprendizaxe son: a responsabilidade individual, a
participación equitativa, a interacción simultánea, a axuda mutua e a
autoavaliación grupal. As estruturas máis empregadas son: 1 – 2 – 4, lapis ao centro,
números iguais xuntos, folio xiratorio, lectura compartida,...
· 1 – 2 – 4, no cal dentro dun equipo base, cada un (1) pensa cal é
a resposta correcta a unha pregunta exposta polo mestre. Despois póñense de
dous en dous (2), intercambian respostas e coméntanas. Finalmente, todo o
equipo (4) decide cal é a resposta máis axeitada á pregunta exposta. Intentan
construír unha nova resposta que inclúa os elementos das anteriores.
·
Lapis ao centro, na
cal o mestre reparte a cada equipo unha folla co mesmo número de preguntas ou
exercicios que membros do equipo. Cada alumno faise cargo dunha das preguntas,
lea en voz alta, asegúrase de que tódolos membros aportan información ou
opinan, e comproban que todos saben e entenden a resposta consensuada. Cando un
expón a súa pregunta e todos falan sobre ela, poñen os lapis ao centro da mesa
para indicar que é momento de falar e escoitar, cando todos teñen clara a
resposta, cada un colle o seu lapis e a escribe no seu caderno. É momento de
escribir.
· Números iguais xuntos, na cal resólvese a tarefa coa anterior estrutura e o
terminar, o mestre escolle un número do 1 ao 4 ao azar (cada un dos membros do
grupo ten un número asignado). Quen teñen ese número en cada equipo deben saír
dun en un ante os demais e expor a solución.
·
Folio xiratorio, na
cal o mestre asígnalles unha tarefa aos equipos e un dos membros de cada equipo
comeza a escribir a súa parte ou a súa aportación nun folio xiratorio. Mentres
tanto os seus compañeiros fíxanse no que fai, axúdano, corríxeno,… A
continuación pásallo o compañeiro do lado seguindo as agullas do reloxo, para
que tamén escriba a súa parte e así sucesivamente.
·
Lectura compartida, na cal realizase a lectura dun texto de forma
compartida nun equipo. O número 1 le un parágrafo, o seguinte resúmeo, o
terceiro explícao e o cuarto indica unha palabra clave que o sintetice.
· Parada de 3
minutos: cando os docentes fan unha explicación a todo
un grupo deben facer unha parada de 3 minutos para que o alumando en grupos
cooperativos pensen e reflexionen sobre o explicado e plantexen 1 pregunta ao
rematar os 3 minutos. Se hai algunha pregunta repetida xa non se realizará.