A pregunta podería ser:
que é iso de paisaxes de aprendizaxe?
que é iso de paisaxes de aprendizaxe?
Para comezar e entender
debemos contemplar a seguinte imaxe:
debemos contemplar a seguinte imaxe:
Na imaxe anterior temos auga, rochas, flora, fauna, nubes,... e cada un dos elementos visuais anteriores poden engaiolar a uns e, a outros non, xa que existen diferentes micropaisaxes na fotografía. A uns, a auga será a súa imaxe preferida, para outros poden ser as formacións rochosas as que servan para soñar,...
Pois ben, cando se está a falar do proceso de aprendizaxe do alumnado debemos partir de que o alumnado é diverso, que ten diferentes intereses, diferentes destrezas ou habilidades, diferentes motivacións,...
Por este motivo, as secuencias didácticas deben dar respostas a esa diversidade. Para unha educación inclusiva e personalizada que dea respostas ás
necesidades do alumnado as respostas educativas deben contemplar
diferentes "rutas" de aprendizaxe con diferentes procesos cognitivos en
acción dende os de baixo nivel como coñecer ou comprender ata procesos
cognitivos que supoñan habilidades de pensamento máis complexas como
analizar, avaliar ou crear. Non todos os alumnos ou alumnas poden ter
facilidade para interpretar táboas, valorar diferentes novas sobre a
mesma temática e realizar unha comparación ou ben ser quen de deseñar ou
inventar un póster dixital.
Por outra parte, a educación do s. XXI ten como finalidade facer alumnado, seres humanos competentes en comunicación lingüística, en matemáticas e e ciencias e tecnoloxía, competentes en saber aprender ou en ter iniciativas ou en espíritu emprendedor e tamén deben ser competentes en ter conciencia das expresións culturais e que dicir ten das habilidades e destrezas sociais e cívicas.

Amáis
existen Intelixencias Múltiples que cómpre desenvolver: I. Lingüística,
I. Lóxica-matemática, I. visoespacial, I. Corporal, I. Interpersoal, I.
Intrapersoal, I. Musical, I. Naturalista.
E outro aspecto a ter en conta é a importancia de que o alumnado saiba pensar.
Tendo claro esta cuestión debo diversificar as actividades propostas dentro de cada UDI/UD/Proxecto.
Unha das estratexias metodolóxicas activas, dinámicas e inclusivas son as PAISAXES DE APRENDIZAXE.
Unha das estratexias metodolóxicas activas, dinámicas e inclusivas son as PAISAXES DE APRENDIZAXE.
Estas
paisaxes de aprendizaxe integran as INTELIXENCIAS MÚLTIPLES e os
PROCESOS COGNITIVOS das COMPETENCIAS CLAVE o que favorece unha
integración curricular reflexiva, consciente, creativa,
interdisciplinar, integral. Os procesos de ensinanza e de aprendizaxe
creativos, ricos, diversos, contextualizados, inclusivos nacen dende o
momento no que nos sentamos a deseñar. É, neste momento, onde a
diversidade debe ser o noso cobertor e onde CCCC e IIMM deben ir
tecéndose nun proceso interactivo de influencias mutuas.
Os docentes deben facer un "cóctel" con todos os ingredientes anteriores e mesturalos coa actividade, o dinamismo, a interdisciplinariedade e a integración das diferentes áreas curriculares.
Os docentes deben facer un "cóctel" con todos os ingredientes anteriores e mesturalos coa actividade, o dinamismo, a interdisciplinariedade e a integración das diferentes áreas curriculares.
Dar resposta á diversidade do alumnado é PERSONALIZAR as aprendizaxes e guiar os fíos cara a que saiba o alumnado o que ten que aprender e para que e como vai ser avaliado.
Logo das premisas anteriores é o momento de que no deseño curricular se integren IIMM, CCCC, modelos de pensamento, procesos cognitivos para que todos e cada un dos alumnos e alumnas atopen sentido ao seu proceso de aprendizaxe.
As paisaxes de aprendizaxe levan enxergadas itinerarios posibles que poden ir dende secuencias con menos dificultade ata secuencias con un elevado grao de complexidade. En cada proposta o alumnado pode tomar decisións sobre cómo resolver a proposta didáctica: buscando información, organizándoa, creando propostas, productos socialmente relevantes, ...e sempre como aprendizaxe compartido a través de recursos dixitais, aprendizaxe en rede,...Por outra parte, favorecen o DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE (DUA) en canto existe unha diversificación de propostas a resolver, de procesos cognitivos en acción, de intelixencias múltiples a desenvolver,...
Cando se traballa a través de paisaxes de aprendizaxes debemos ofrecer a oportunidade de que coñezan o que hai que aprender (PREPÁRATE), que poidan indagar a través de diferentes soportes (INVESTIGA), que localice e atope solucións (SOLUCIONA), que desenvolva habilidades para narrar-expoñer os resultados do investigado ou a resolución do problema plantexado (COMUNICA) e, finalmente, que REFLEXIONE sobre a súa aprendizaxe (que aprendín, quen me axudou, que dificultades existiron,...)

A continuación, un posible deseño dunha paisaxe de aprendizaxe diversa integrando as IIMM e os diferentes procesos cognitivos.
A continuación propostas de paisaxes de aprendizaxe:
Para saber máis: