lunes, 27 de abril de 2020

ODS: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE



Un dos obxectivos ODS son Produción e Consumo Responsable: 
  • Calcula o que aforra unha familia se non paga nos establecementos as bolsas de plástico
  • Dona a unha ong alimentos polo valor do aforrado na adquisición de bolsas de plástico
  • Indaga sobre productos de limpeza biodegradables cambia productos biodegradables
  • Busca onde existen países con crise alimentaria e localiza alimentos que non existan
  • Realiza unha lista de productos de primeira necesidade
  • Averigua de onde chega a froita que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
  • Averigua de onde chega a carne que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
  • Crea unha infografía ou cartel  con alimentos de consumo diario moderados ou puntuais
  • Realiza un listado de malas prácticas no teu fogar sobre alimentación, reciclado, consumo irresponsable de luz e auga
  • Realiza unha gráfica pesando  as sobras dos alimentos que se malgastan ao mes.
  • cronometra o tempo de ducha e trata de buscar solucións para reducir o tempo ou o gasto de auga
  • Realiza un vídeo con alimentos da zona tanto da terra como dos bosques ou ríos-mares
  • Crea un decálogo de consumo responsable de auga e luz
  • Indaga sobre a composición e elaboración do iogurt
  • Indaga sobre a composición e elaboración do pan
  • Entrevista a un gandeiro
  • Entrevista a un agricultor
  • Argumenta a importancia de profesións como gandeiro e agricultor
  • Clasifica todos os días no teu fogar materia orgánica, vidro e plástico
  • Recolle auga da chuvia para regar plantas
  • Analiza e describe o consumo familiar
  • Analiza o uso de papel, cartón e plástico no teu fogar e no colexio e realiza Propostas para reducir o seu consumo nun cartel-vídeo-infografía
  • Indaga o consumo de enerxía eléctrica do fogar e realiza propostas para reducir o consumo
  • Calcula a pegada ecolóxica da túa familia e do teu centro (consumo enerxía, auga, residuos, transporte)
  • Usa recipientes reutilizables para levar o almorzo ao colexio
  • Usa envases reutilizables para a auga
  • Busca productos de temporada e fai un cartel para pegar na cociña
  • Deseña unha horta sostible na tua contorna e/ou centro
  • Organiza diferentes contenedores para a recollida selectiva de lixo
  • Crea un decálogo de conductas de consumo sostible
  • Realiza un listado de materiais non desechables que se poden usar no fogar e posible reutilización
  • Realiza un listado de materiais desechables que se usan no fogar
  • Anota o cumprimento do código de conducta de consumo sostible
  • Realiza carteis para o centro que promova un consumo sostible
  • Indaga sobre o custo social cando se realiza a lista da compra
  • Indaga sobre o custo ambiental, social e económico dunha camiseta fabricada en España e en China, India ou Marrocos
  • Busca e rexistra estratexias para reducir a cantidade de comida que se tira
  • Deseña merendas e almorzos saudables
  • Planifica a organización de separación de residuos no fogar
  • Planifica a compra semanal sen usar envases ou bolsas desechables
  • Calcula o gasto de auga e electricidade ao mes e busca estratexias para reducir o consumo
  • Mide as emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Busca estratexias para a reducción de emisións de CO2
  • Explica aos membros da familia a necesidade de non usar simultaneamante  equipos que precisen gran cantidade de enerxía
  • Busca medidas para a reducción de CO2 do transporte escolar
  • Crea eslogan ou cuña para a reducción do consumo de enerxía
  • Calcula e analiza o uso de carburante de toda a clase para ir ao colexio e extrae consecuencias
  • Elabora un mural sobre o quentamento global
  • Indaga sobre o efecto invernadoiro, as súas causas e consecuencias
  • Indaga sobre o tipo de enerxias que se empregan no fogar e no centro
  • Realiza unha lista de lugares da zona que vendan productos ecolóxicos
  • Realiza un calendario mensual/infografía de alimentos de temporada
  • Revisa os xogos e xoguetes e realiza unha selección dos que non empregues para donar a Ong, se están en bó estado
  • Revisa prendas de vestir en desuso dos teus armarios para donar a ong, se están en bó estado
  • Deseña cuñas para consumo responsable de papel