Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de agosto de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL AGOSTO 20



Xa estamos en agosto e seguimos presentando actividades competenciais, actividades que favorecen a adquisición de aprendizaxes imprescindibles e tamén a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recomendados pola ONU.
Entre as actividades temos: Bailar en familia, planificar actividades de lecer, crear cuñas publicitarias sobre libros ou alimentación, crear e resolver sudokus ou sopa de letras, localizar alimentos no frigorífico que caduquen durante a semana, inventar unha historia cos nomes da familia ...
Para o alumnado de E. Primaria algunhas propostas son: Crear unha historia en lingua inglesa, localizar películas en carteleiras dos cines da zona e buscar información sobre o papel das actrices no filme, analizar e reflexionar sobre sinais de tráfico importantes para os peóns e argumentar os motivos, crear receitas de copciña, limpar e ordear o cuarto e o baño ...
Actividades relacionadas con ODS: crear un podcast sobre alimentación saudable, levar o lixo aos contedores de recollida selectiva, elaborar unha lista con alimentos que estean a piques de caducar, analizar e valorar os consumos non responsables no fogar, crear unha grella con tarefas corresponsables que debe realizar cada membro da familia, crear un podcast sobre patrimonio, indagar sobre os prezos dos alimentos e facer un cálculo de gastos do mes, responder a chamadas de teléfono empregando as normas de cortesía, recoller a mesa e pasar a fregona ...  
A mestra de sempre deste mes é: JULIA IGLESIAS OTERO (Tomiño)
E por suposto a visibilización de recantos con encanto da provincia: Cambados, Catoira, Ponte de Cernadela en Mondariz, A Golada, Cruceiro de Amil en Moraña,  ou o lago Castiñeiras en Vilaboa.
Existen propostas de literatura infantil e de literatura de adultos e tamén propostas cinéfilas.


viernes, 12 de junio de 2020

ODS: ENERXÍA ASEQUIBLE E NON CONTAMINANTE

Resulta interesante e necesario realizar accións que poñan visibilidade na utilización de enerxía asequible e non contaminante e, por este motivo, aí van algunhas propostas:
ENERXÍA ASEQUIBLE E NON CONTAMINANTE
Identifica se as enerxias que se consumen na túa casa proveñen das renovables.
Crea unha lista de productos contaminantes e ordea de maior a menor
Indaga sobre conflictos medioambientais
Apaga as luces innecesarias
Revisa a iluminación do fogar com bombillas led
Indaga sobre o consumo responsable de luz
Crea unha cunha publicitaria sobre consumo responsable de luz
Indaga sobre as granxas solares e entrevista a un responsable
Apaga os electrodomésticos e aparellos que están en modo espera
Baixa o brillo do móbil para que dure máis a batería
Controla o tempo de ducha
Indaga sobre a utilidade de paneis solares
Entrevista a persoas que teñan no seu fogar paneis solares
Busca e entrevista  a empresas de paneis solares
Pide un presuposto para colocación de paneis solares no teu fogar
Calcula o gasto enerxético que supón ir no coche ao colexio.
Indaga sobre o tempo necesario para ventilar a casa sen perder a temperatura interior
Mantén a temperatura da casa entre 20-22 grados en inverno, 23-25 grados no verán
Indaga cuántas personas viajan solas y cuántas comparten vehículo
Propón mejoras al centro después de hacer una auditoría con un grupo de compañeras-os
Indaga sobre tipos de enerxía empregadas para cociñar
Realiza un mural ou infografía sobre tipos de enerxías e combustibles reseñando os máis contaminantes
Indaga sobre as emisións de efecto invernadoiro e as consecuencias.

miércoles, 10 de junio de 2020

ODS: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

Aí van propostas para un desenvolvemento sostible de cidades e comunidades:

CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES
Localiza e fotografía na túa contorna lugares históricos e monumentos e logo crea un vídeo-infografía
Roteiro pola cidade e búsqueda de información sobre patrimonio etnográfico, natural, artístico
Crea cuñas para publicitar recantos con encanto e monumentos da túa localidade
Crea e organiza unha exposición sobre espazos públicos da localidade
Indaga sobre o que é un horto solar e localiza algún pola zona
Busca información sobre as 3 R e pensa como aplicalo no teu fogar
Averigua de onde chega a froita que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
Averigua de onde chega o peixe, a carne, legumes,... que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
Marca no mapa da túa localidade rutas para ir ao colexio, a un lugar históricoi, a un servizo comunitario
Crea un decálogo para que o teu centro e  fogar sexa seguro, saudable e sostible
Deseña unha horta sostible na tua contorna e/ou centro
Organiza diferentes contenedores para a recollida selectiva de lixo
Crea un decálogo de consumo sostible
Analiza e reflexiona sobre  fotografías de antes e de agora da túa localidade e valora a sostibilidade
Investiga sobre diferentes  maneiras de reducir residuos
Compara cos teus familiares como era antes a vida na túa localidade e agora. Ventaxas e inconvenientes
Busca fórmulaspara ir ao colexio a pé
Mide as emisións de gases de efecto invernadoiro
Busca estratexias para a reducción de emisións de CO2
Explica aos membros da familia a necesidade de non usar simultaneamante  equipos que precisen gran cantidade de enerxía
Busca medidas para a reducción de CO2 do transporte escolar
Crea eslogan ou cuña para a reducción do consumo de enerxía
Calcula e analiza o uso de carburante de toda a clase para ir ao colexio e extrae consecuencias
Elabora un mural sobre o quentamento global
Indaga sobre o efecto invernadoiro, as súas causas e consecuencias
Indaga sobre o gasto de auga para a fabricación de prendas de vestir
Investiga sobre a creación sostible de prendas de vestir

ODS: AUGA E VIDA SUBMARINA




A auga é un ben perecedeiro e un ben que hai que coidar. Se desexamos realizar actividades para un desenvolvemento sostible relacionadas coa auga aí vai unha escolma:

AUGA  E VIDA SUBMARINA
Crea decálogo para un consumo responsable de auga
Indaga sobre a existencia de especies fluviais e marítimas
Crea  cuñas publicitando recursos naturais relacionados coa auga
Rexistra regatos, ríos, fontes da zona ou comarca
Crea unha infografía sobre as piscifactorías
Argumenta sobre os beneficios da cría de especies marinas en cautividade
Investiga sobre as diferenzas entre os peixes en cautividade e os peixes salvaxes

viernes, 5 de junio de 2020

ODS: VIDA TERRESTRE E ECOSISTEMAS


Hoxe, día 5 de xuño, día do MEDIO AMBIENTE pode ser o momento oportuno para unha reflexión  sobre a nosa vida na terra e sobre os ecosistemas para ir facendo un camiño  de desenvolvemento sostible. Aí van unhas propostas para mellorar a nosa contorna natural, todo o que nos rodea, é dicir, o noso medio ambiente:

VIDA TERRESTRE E ECOSISTEMAS
Crea un decálogo que recolla aspectos para unha vida equilibrada dun ecosistema
Busca ecosistemas diferentes e continentes ou países e analiza similitudes e diferenzas
Explica á túa familia que é biodiversidade
Realiza unha lista de productos contaminantes e que alteren os ecosistemas e que produzan residuos tóxicos
Analiza a distribución dos recursos naturais
Crea o propio compost no fogar
Escribe conceptos relacionados cos ecosistemas
Relaciona países e continentes con diferentes ecosistemas
Busca información sobre o significado de biodiversidade
Indaga sobre sobre a importancia dos bosques para o equilibrio do mediambiente
Indaga sobre as consecuencias dos incendios nos ecosistemas.
Crea un decálogo con accións que contribuyan a contribuir o medio ambiente.
Deseña un proxecto para para utilizar terras sen cultivar na túa comarca
Identifica 5 accións que a túa familia realiza cada día para mellorar o medio ambiente
Sementa tomates, allos e cebolas na túa contorna
Crea unha lista de accións que suplan o plástica na vida cotiá
Identifica as necesidades de cada ecosistema
Realiza unha andaina coa túa familia e recollede resíduos tóxicos
Visita unn bosque da zona e identifica o que estácontribuindo á súa destrucción
Planifica e organiza unhas vacacións sostibles