Xuntos podemos! Xuntos rachamos cada día as barreiras polo autismo!
Se queremos colaborar e facer visible esta diversidade aí vai a proposta, unha proposta SOSTIBLE que se relaciona cos ODS:
Rachemos barreiras organizativas, curriculares, sociais, comunicativas, físicas, sensoriais, cognitivas e as barreiras emocionais.
Precisamos continuar avanzando cara a  unha escola inclusiva, que integre a  convicción de que todos  e todas somos diferentes, diversos e podemos aprender  cando se artellan oportunidades e condicións axeitadas preñadas de igualdade, empatía, solidariedade, respecto, compromiso, implicación,...
Todo o alumnado  ten dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade que 
promova as súas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral ao longo da vida.  
Para poder  facer frente a este desafío debe existir unha escola aberta, flexible e sen perxuicios,...  unha  escola  onde  sexa  posible  aprender  a  vivir e  convivir  coa  igualdade  de 
oportunidades. 
Deixemos que sexan, deixemos que estean, deixemos que convivan!
 


